DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 20 de febreiro de 2026 Páx. 14446

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 2 de febreiro de 2026, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se notifican os acordos de inicio de expedientes de extinción de concesións de augas (expediente E-1202-C e doce máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), ao ser descoñecido o enderezo ou logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanselles ás persoas indicadas no anexo os acordos de inicio de expedientes de extinción de concesións de augas, ditados no expediente E-1202-C e doce máis.

En cumprimento do artigo 46 da LPAC, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do Boletín Oficial del Estado, para coñecemento íntegro do acto que se notifica e constancia de tal coñecemento, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela, no horario comprendido entre as 9.00 e las 14.00 horas, de luns a venres. Para isto, se o desexan, poderán concertar cita previa no correo electrónico rexaugas.augas@xunta.gal ou no teléfono 881 83 01 35.

As persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación, para presentar as alegacións que consideren pertinentes.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2026

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións

ANEXO

Expediente

Titular

Data do acordo

E-1202-C

Juan Castro Castro

17.12.2025

E-1169-C

José Amor Rodríguez

17.12.2025

E-1154-C

Ricardo Blanco Romero, Ramón Martínez Recarey, Eliseo García Caamaño, José Fariña Pena, Josefa Reino Varela

17.12.2025

E-1290-C

Francisco Landeira Maroñas

17.12.2025

E-1239-Bis

Constantino Rodríguez Queijeiro e Esperanza Reyes N.

17.12.2025

E-1239-C

Ramón Martínez Recarey

17.12.2025

E-1238-C

Eliseo Abelenda Mato

17.12.2025

E-1241-C

Juan Antonio Suances Fernández e Mercedes de Mercader Boffil

17.12.2025

E-1221-C

Ramón Pardiñas Mandía

17.12.2025

E-1337-C

Constantino Pose Lamas

17.12.2025

E-1359-C

Esteban Pena Fernández

17.12.2025

E-1357-C

Manuela Rodríguez Campos e José Rodríguez Campos

17.12.2025

E-1355-C

Eliseo Villar Esmorís

17.12.2025