De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), ao ser descoñecido o enderezo ou logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanselles ás persoas indicadas no anexo os acordos de inicio de expedientes de extinción de concesións de augas, ditados no expediente E-1146-P e doce máis.
En cumprimento do artigo 46 da LPAC, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do Boletín Oficial del Estado, para coñecemento íntegro do acto que se notifica e constancia de tal coñecemento, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela, no horario comprendido entre as 9.00 e las 14.00 horas, de luns a venres. Para isto, se o desexan, poderán concertar cita previa no correo electrónico rexaugas.augas@xunta.gal ou no teléfono 881 83 01 35.
As persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación, para presentar as alegacións que consideren pertinentes.
Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2026
José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións
ANEXO
|
Expediente |
Titular |
Data do acordo |
|
E-1146-P |
Virginia García Camiña |
5.12.2025 |
|
E-1491-P |
Central Lechera de Pontevedra, S.A. |
5.12.2025 |
|
E-124-C |
José Miranda Fernández |
5.12.2025 |
|
E-53-L |
José Guerreiro Rodríguez |
5.12.2025 |
|
E-69-C |
María Giménez Barbeito |
5.12.2025 |
|
E-73-313-C_01 |
Manuel Becerra Muñiz e Manuela López Maneiro |
5.12.2025 |
|
E-73-313-C_02 |
Manuel Becerra Muñiz e Manuela López Maneiro |
5.12.2025 |
|
E-69-792-C |
Mercedes Carracedo Eiris, Manuel Carracedo Eiris, Ramón Caamaño Rey |
5.12.2025 |
|
E-62-515-C |
Feliciano Crego Arrivi |
5.12.2025 |
|
E-132B-C |
Josefa Muíño Vilar |
5.12.2025 |
|
E-62-979-C |
Evangelina García Greco |
5.12.2025 |
|
E-162-C |
Domingo Roca Fernández |
5.12.2025 |
|
E-187-C |
Ignacio García Vigo |
5.12.2025 |
