DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 20 de febreiro de 2026 Páx. 14435

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 20 de outubro de 2025, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Marín (expediente DH.A36.110675).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Carmen González García, en representación da Comunidade de Regantes de Estévez.

Expediente: DH.A36.110675.

Volume total anual: 938,75 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,36 l/s.

Destino: rega.

Orixe: manancial en parcela 1085, polígono 13, do catastro de Marín.

Lugar: O Carballal.

Parroquia: Marín (San Xián).

Concello: Marín.

Descrición:

A auga, captada en arqueta formigón, condúcese a depósito de 45 m3 na parcela 132, polígono 13, do que parten tres tubaxes ás parcelas de rega: 7, 8, 26 e 27 do polígono 14, e 251 do polígono 21 de Marín.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa San Salvador, 2, 4º, 36240 Vigo (Pontevedra).

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 20 de outubro de 2025

Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur