De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por seren descoñecidas as persoas interesadas no procedemento, notifícaselles aos posibles herdeiros ou habentes dereito de José Mascato Domínguez a resolución ditada polo director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, por delegación da persoa titular da Consellería do Mar, o 29 de xaneiro de 2026, pola que se acorda a extinción da concesión de actividade da batea Toja II (polígono O Grove F-cuadrícula 66).
En cumprimento do artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, as persoas interesadas poderán comparecer no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), nas oficinas da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, situadas na praza de Europa, 5A, 4º, polígono das Fontiñas, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.
Transcorrido o prazo de dez (10) días indicado no parágrafo anterior sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2026
Isaac Miguel Rosón Sánchez-Brunete
Director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica
