Obtida a verificación do plano de estudos polo Consello de Universidades, logo de informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, así como a autorización da Comunidade Autónoma de Galicia, e establecido o carácter oficial do título mediante o Acordo do Consello de Ministros do 8 de marzo de 2013 (publicado no Boletín Oficial del Estado do 23 de abril de 2013 mediante a Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 2 de abril).
Esta reitoría, de conformidade co disposto no artigo 8.3 da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario, resolve publicar a modificación do plano de estudos conducente á obtención do título oficial de máster universitario en Enxeñaría Informática pola Universidade de Vigo.
Vigo, 11 de febreiro de 2026
Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo
ANEXO
Máster universitario en Enxeñaría Informática
Código RUCT: 4313179.
Rama de coñecemento: Enxeñaría e Arquitectura.
Universidades participantes: Universidade de Vigo.
Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo o tipo de materia.
|
Tipo de materia |
Créditos ECTS |
|
Obrigatorias |
60 |
|
Optativas |
12 |
|
Prácticas externas |
9 |
|
Traballo fin de máster |
9 |
|
Créditos totais |
90 |
Cadro 2. Contido do plano de estudos.
|
Materia |
ECTS |
Carácter |
Módulos |
|
Planificación e Dirección de Proxectos |
6 |
OB |
Dirección e xestión |
|
Dirección e Xestión da Innovación |
6 |
OB |
|
|
Deseño e Xestión Avanzada de Redes |
6 |
OB |
Tecnoloxías informáticas |
|
Sistemas e Servizos da Internet |
6 |
OB |
|
|
Enxeñaría do Coñecemento |
6 |
OB |
|
|
Sistemas de Información |
6 |
OB |
|
|
Auditoría e Xestión da Seguridade |
6 |
OB |
|
|
Auditoría e Certificación de Calidade de Sistemas Informáticos |
6 |
OB |
|
|
Computación Distribuída e de Altas Prestacións |
6 |
OB |
|
|
Sistemas Gráficos Interactivos |
6 |
OB |
|
|
Xestión da Configuración do Software |
6 |
OP |
Especialidade: Desenvolvemento de grandes sistemas software |
|
Enxeñaría de Sistemas de Información |
6 |
OP |
|
|
Seguridade en Redes |
6 |
OP |
Especialidade: Seguridade informática en sistemas e redes |
|
Seguridade e Administración de Sistemas Operativos |
6 |
OP |
|
|
Enxeñaría Informática: Profesión na Práctica |
12 |
OP |
Especialidade: Enxeñaría informática: profesión na práctica |
|
Prácticas profesionais |
9 |
PE |
Prácticas profesionais |
|
Traballo de fin de máster |
9 |
TFG/M |
Traballo fin de máster |
Para a obtención do título de máster universitario en Enxeñaría Informática pola Universidade de Vigo, o alumnado deberá superar os 90 créditos ECTS dos que consta o máster.
