Mediante a Orde do 31 de outubro de 2025, publicada no Diario Oficial de Galicia número 217, do 10 de novembro, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático que se detalla no anexo desta orde.
De conformidade co establecido nos artigos 88.2 e 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e nos artigos 6.2 e 27 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico, e en uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da citada lei, esta consellería
DISPÓN:
Primeiro. Declarar deserta a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo que se indica no anexo I desta orde, de conformidade co establecido no punto sexto da convocatoria.
Segundo. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante a persoa titular da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous (2) meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2026
Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático
ANEXO I
Código do posto: MA.C03.00.000.15770.002.
Denominación: secretario/a do/da director/a xeral.
Centro de destino: Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático.
Consellería: Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.
Localidade: Santiago de Compostela.
Corpo e/ou escala: xeral.
Grupo(s)/subgrupo(s): C1/C2.
Nivel: 18.
Complemento específico: 7.714,00 €/ano.
Formación específica: 640 (para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego-R.I.).
Tipo de adscrición: A11 (adscrición indistinta a persoal funcionario da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA.).
