Segundo a base I.2.8 da convocatoria, non poderá participar no proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1; no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1; na escala de profesores numerarios do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, e para o ingreso na categoría 40 do grupo I de persoal laboral da Xunta, o persoal funcionario de carreira que xa pertence ao mesmo corpo, polo que
DISPOÑO:
Excluír a seguinte persoa do proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior, escala de enxeñeiros, especialidade enxeñaría de montes:
|
DNI |
Apelidos e nome |
Quenda |
Motivo da exclusión |
|
***5231** |
Morales Sanz, Irene |
Libre |
Xa pertence ao corpo, escala ou categoría a que se presenta |
Contra esta resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1 do mesmo texto legal.
Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2026
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
