Na sesión que tivo lugar o 11 de febreiro de 2026, o tribunal cualificador do proceso selectivo para o ingreso, polas quendas de acceso libre e de promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de facultativos, especialidade de medicina (DOG núm. 37, do 24 de febreiro de 2025),
ACORDOU:
Primeiro. O 19 de xaneiro de 2026, o tribunal ditou a resolución pola que se facía pública a relación de persoas aprobadas no proceso selectivo e se propuña o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.
Segundo. A resolución adoecía dun defecto, pois debería indicar que, de conformidade coa base IV.2 da orde da convocatoria, a partir do día seguinte ao da publicación da relación de persoas aprobadas no Diario Oficial de Galicia (DOG), estas disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles para presentar os documentos previstos na citada base.
Así, mediante esta resolución modificamos o Acordo do 19 de xaneiro de 2026 e requirimos as persoas aprobadas para que no prazo de vinte (20) días presenten a documentación prevista na base IV.2 da convocatoria. O prazo comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta mesma resolución no Diario Oficial de Galicia (DOG).
Terceiro. De conformidade co disposto na orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2026
María Jesús García Blanco
Presidenta do tribunal
ANEXO
Relación de aprobados definitiva
|
Posición |
DNI |
Nome e apelidos |
Primeiro exercicio |
Segundo exercicio |
Terceiro exercicio |
Total |
Quenda |
|
1 |
***8001** |
Ana Barreiro Rivas |
41,21 |
42,5 |
Exenta |
83,71 |
Libre |
|
2 |
***0696** |
Olalla Janeiro Janeiro |
37,54 |
45 |
Exenta |
82,54 |
Libre |
|
3 |
***9297** |
Azucena Varela Suárez |
38,41 |
41,25 |
Exenta |
79,66 |
Libre |
|
4 |
**2605** |
Francisco Javier Sanmartín Sánchez |
40,22 |
38,75 |
Exento |
78,97 |
Libre |
|
5 |
***8297** |
Raquel Casal Obregón |
30,09 |
43,75 |
Exenta |
73,84 |
Libre |
|
6 |
***0550** |
Sandra María Cerdeira Couceiro |
35,80 |
37,5 |
Exenta |
73,3 |
Libre |
|
7 |
***2247** |
Iria Busto Cornide |
38,36 |
33,75 |
Exenta |
72,11 |
Libre |
|
8 |
***2623** |
Clara Lucía Miranda Stavenuiter |
35,27 |
36,25 |
Exenta |
71,52 |
Base I.1.1 |
|
9 |
***8470** |
Cristina Peiteado Romay |
32,94 |
37,5 |
Exenta |
70,44 |
Libre |
|
10 |
***1192** |
Santiago Luís Perote Suárez-Rivero |
33,29 |
28,75 |
Exento |
62,04 |
Libre |
|
11 |
***7689** |
Catarina Couceiro Rodríguez |
36,14 |
25 |
Exenta |
61,14 |
Libre |
|
12 |
***2107** |
Daniela Flavia Amor García |
29,45 |
31,25 |
Apta |
60,7 |
Libre |
|
13 |
***8280** |
Guadalupe Cárdenas Lago |
28,11 |
25 |
Apta |
53,11 |
Libre |
