DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 23 de febreiro de 2026 Páx. 14495

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

ORDE do 18 de febreiro de 2026 pola que se convocan procedementos selectivos de acceso ao corpo de profesores de ensino secundario e de ingreso ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional e ao corpo de mestres, e o procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001A).

A disposición adicional décimo segunda, punto 1, da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e o Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de ingreso, accesos e adquisición de novas especialidades nos corpos docentes á que se refire a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación e se regula o réxime transitorio de ingreso á que se refire a disposición transitoria décimo sétima da citada lei, establecen que o sistema de ingreso na función pública docente será o de concurso-oposición, convocado polas respectivas administracións educativas.

O título III do citado Real decreto 276/2007 regula o sistema de ingreso, o título IV os accesos entre os corpos de persoal funcionario docente, e o título V o procedemento de adquisición de novas especialidades.

Mediante o Decreto 6/2026, do 16 de febreiro, aprobouse a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario dos corpos docentes que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026.

No artigo 6 deste decreto establécese que, debido a que o número de prazas cubertas da quenda de reserva para persoas con discapacidade no anterior proceso selectivo do ano 2025 non chegou ao tres por cento do total, resulta necesario acumular ao sete por cento desta convocatoria 71 prazas da quenda de reserva para persoas con discapacidade non cubertas da anterior oferta do ano 2025, para chegar deste xeito ao máximo do doce por cento de reserva de persoas con discapacidade da oferta do ano 2026.

No artigo 7 do citado decreto faise referencia á convocatoria adicional de 86 prazas pola quenda de reserva para persoas con discapacidade, para dar cumprimento así ao Auto 237/2025, do 24 de xullo de 2025, da Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, emitido con ocasión da peza incidente en fase de execución 12/2024, dimanante do procedemento ordinario 128/2022.

En aplicación do citado decreto, esta consellería acorda anunciar as seguintes convocatorias e correspondentes bases:

– Convocatoria do procedemento selectivo para ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario.

– Convocatoria do procedemento selectivo de ingreso ao corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional.

– Convocatoria do procedemento selectivo de ingreso ao corpo de mestres.

– Convocatoria do procedemento para a adquisición de novas especialidades no corpo de profesores de ensino secundario, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional e mestres.

TÍTULO I
Procedementos de ingreso e acceso

Base primeira. Normas xerais

1.1. Prazas convocadas.

Convócanse procedementos selectivos, mediante o sistema de concurso-oposición, para cubrir prazas no corpo de profesores de ensino secundario, prazas no corpo de mestres e no corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional, situadas no ámbito de xestión desta consellería (código de procedemento ED001A).

1.2. Cuantificación da oferta.

1.2.1. O número de prazas de ingreso correspondentes á taxa de reposición de efectivos para o ano 2026 é de 1.251.

Ademais convócanse 193 prazas de acceso ao corpo de profesores de ensino secundario.

Do total de prazas ofertadas para ingreso e acceso, reservarase unha cota do sete por cento do conxunto delas para seren cubertas por persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %. A reserva realizarase de maneira que, polo menos, o dous por cento das prazas ofertadas o sexa para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, e o resto das prazas ofertadas o sexa para seren cubertas por persoas que acrediten calquera outro tipo de discapacidade.

1.2.2. Acumulación de prazas da quenda de reserva para persoas con discapacidade correspondentes á convocatoria anterior.

Debido a que o número de prazas cubertas da quenda de reserva para persoas con discapacidade no anterior proceso selectivo do ano 2025 non chegou ao 3 % do total, resulta necesario acumular ao sete por cento desta convocatoria 71 prazas da quenda de reserva para persoas con discapacidade non cubertas da anterior oferta do ano 2025.

1.2.3. Acumulación de prazas da quenda de reserva para persoas con discapacidade correspondentes á execución do Auto do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Para dar cumprimento ao Auto 237/2025, do 24 de xullo de 2025, da Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, emitido con ocasión da peza incidente en fase de execución 12/2024, dimanante do procedemento ordinario 128/2022, convócanse adicionalmente 86 prazas de reserva pola quenda de reserva para persoas con discapacidade.

1.3. Distribución da oferta.

Faise unha distribución conxunta, por corpos e especialidades, do total de prazas convocadas.

Ingreso
Corpo de profesores de ensino secundario

Código

Especialidade

Discapacidade

Libre

Total

Intelectual

Outras discapacidades

590001

Filosofía

0

4

21

25

590003

Latín

1

4

23

28

590004

Lingua Castelá e Literatura

1

5

29

35

590005

Xeografía e Historia

1

5

29

35

590006

Matemáticas

1

8

41

50

590007

Física e Química

1

4

25

30

590008

Bioloxía e Xeoloxía

0

4

21

25

590009

Debuxo

1

4

25

30

590010

Francés

0

2

13

15

590011

Inglés

3

20

124

147

590015

Portugués

0

1

4

5

590016

Música

0

2

13

15

590017

Educación Física

0

3

17

20

590018

Orientación Educativa

0

2

13

15

590019

Tecnoloxía

0

2

13

15

590053

Lingua e Literatura Galega

2

10

68

80

590061

Economía

0

3

17

20

590101

Administración de Empresas

0

3

17

20

590104

Construcións Civís e Edificacións

0

1

7

8

590105

Formación e Orientación Laboral

1

4

26

31

590107

Informática

1

4

25

30

590110

Organización e Xestión Comercial

0

2

13

15

590112

Organización e Proxectos de Fabricación Mecánica

0

2

13

15

590219

Procedementos de Diagnóstico Clínico e Ortoprotésico

0

1

9

10

590220

Procedementos Sanitarios e Asistenciais

0

3

17

20

590221

Procesos Comerciais

0

3

17

20

590222

Procesos de Xestión Administrativa

1

5

27

33

590227

Sistemas e Aplicacións Informáticas

1

6

33

40

590231

Equipos Electrónicos

0

3

17

20

Total

15

120

717

852

Corpo de mestres

Código

Especialidade

Discapacidade

Libre

Total

Intelectual

Outras discapacidades

597031

Educación Infantil

2

11

67

80

597032

Lingua Estranxeira: Inglés

1

6

38

45

597033

Lingua Estranxeira: Francés

0

5

30

35

597034

Educación Física

0

4

21

25

597035

Música

0

4

26

30

597036

Pedagoxía Terapéutica

2

13

80

95

597037

Audición e Linguaxe

1

6

34

41

597038

Educación Primaria

3

18

104

125

Total

9

67

400

476

Corpo de profesores especialistas en sectores singulares
da formación profesional

Código

Especialidade

Discapacidade

Libre

Total

Intelectual

Outras discapacidades

5980001

Cociña e Pastelaría

0

2

10

12

5980002

Estética

0

1

6

7

5980003

Fabricación e Instalación de Carpintaría e Moble

0

1

6

7

5980004

Mantemento de Vehículos

1

4

15

20

5980010‍

Soldadura

0

4

10

14

Total

1

12

47

60

Acceso do subgrupo A2 ao subgrupo A1
Corpo de profesores de ensino secundario

Código

Especialidade

Discapacidade

Libre

Total

Intelectual

Outras discapacidades

590001

Filosofía

0

1

5

6

590003

Latín

0

1

6

7

590004

Lingua Castelá e Literatura

0

1

8

9

590005

Xeografía e Historia

0

1

8

9

590006

Matemáticas

1

2

11

14

590007

Física e Química

0

1

6

7

590008

Bioloxía e Xeoloxía

0

1

5

6

590009

Debuxo

0

1

6

7

590010

Francés

0

1

3

4

590011

Inglés

1

4

32

37

590015

Portugués

0

0

1

1

590016

Música

0

1

3

4

590017

Educación Física

0

1

4

5

590018

Orientación Educativa

0

1

3

4

590019

Tecnoloxía

0

1

3

4

590053

Lingua e Literatura Galega

1

2

15

18

590061

Economía

0

1

4

5

590101

Administración de Empresas

0

1

4

5

590104

Construcións Civís e Edificacións

0

0

2

2

590105

Formación e Orientación Laboral

0

1

7

8

590107

Informática

0

1

6

7

590110

Organización e Xestión Comercial

0

1

3

4

590112

Organización e Proxectos de Fabricación Mecánica

0

1

3

4

590219

Procedementos de Diagnóstico Clínico e Ortoprotésico

0

0

3

3

590220

Procedementos Sanitarios e Asistenciais

0

1

4

5

590221

Procesos Comerciais

0

1

4

5

590222

Procesos de Xestión Administrativa

0

1

7

8

590227

Sistemas e Aplicacións Informáticas

1

1

8

10

590231

Equipos Electrónicos

0

1

4

5

Total

4

31

178

213

Os códigos dos corpos son os seguintes:

Mestres: 0597.

Profesores de ensino secundario: 0590.

Profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional: 0598.

1.4. Normativa aplicable.

A estes procedementos selectivos seranlle de aplicación:

– A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

– A Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro, pola que se modifica a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

– A Lei orgánica 8/2021, do 4 de xuño, de protección integral á infancia e a adolescencia fronte á violencia.

– O Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público.

– A Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

– A Lei 17/1993, do 23 de decembro, sobre o acceso a determinados sectores da función pública dos nacionais dos demais estados membros da Unión Europea.

– O Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de ingreso, accesos e adquisición doutras especialidades nos corpos docentes ás que se refire a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación e se regula o réxime transitorio a que se refire a disposición transitoria décimo sétima da citada lei.

– A Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.

– O Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social.

– A Lei 26/2015, do 28 de xullo, de modificación do sistema de protección á infancia e á adolescencia.

– O Real decreto 1137/2002, do 31 de outubro, polo que se regulan os diplomas de español como lingua estranxeira.

– O Real decreto 240/2007, do 16 de febreiro, sobre entrada, libre circulación e residencia en España de cidadáns dos Estados membros da Unión Europea e doutros Estados parte no Acordo sobre o Espazo Económico Europeo.

– O Real decreto 1834/2008, do 8 de novembro, polo que se definen as condicións de formación para o exercicio da docencia na educación secundaria obrigatoria, o bacharelato e a formación profesional e as ensinanzas de réxime especial e se establecen as especialidades dos corpos docentes de ensinanza secundaria.

– O Real decreto 665/2015, do 17 de xullo, polo que se desenvolven determinadas disposicións relativas ao exercicio da docencia na educación secundaria obrigatoria, o bacharelato, a formación profesional e as ensinanzas de réxime especial, a formación inicial do profesorado e as especialidades dos corpos docentes de ensinanza secundaria.

– O Decreto 70/2017, do 13 de xullo, polo que se regula a formación en igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero do persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, e demais disposicións de aplicación xeral, así como o disposto nesta convocatoria.

– Lei 7/2023, do 30 de novembro, para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia.

– O Decreto 6/2026, do 16 de febreiro (DOG núm. 32, do 18 de febreiro), polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026.

1.5. Lugares de realización das probas para os corpos de profesores de ensino secundario e profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional.

As probas selectivas que se convocan para os corpos de profesores de ensino secundario e profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional terán lugar nas localidades que fixe a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.

1.6. Lugares de realización das probas para o corpo de mestres.

As probas selectivas que se convocan para o corpo de mestres terán lugar nas cidades da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo, sen prexuízo de que non se realicen probas dalgunha especialidade nalgunha das localidades citadas, en función do número de persoas solicitantes. Na resolución pola cal se nomeen os tribunais sinalarase a localidade ou localidades en que se deberán realizar as probas.

O feito de matricularse nunha provincia determinada e superar o proceso selectivo non lle atribúe ao persoal aspirante un dereito a ser destinado nela, senón que, unha vez ingresado e chamado a exercer, a Administración educativa poderao destinar, dentro da comunidade autónoma, a calquera provincia, de acordo co procedemento de adxudicación de destinos de carácter provisional e as normas que regulan o concurso de traslados.

Cando se nomeen tribunais nas catro provincias, os tribunais número 1 das correspondentes especialidades recaerán nas localidades de Pontevedra ou Vigo.

1.7. Criterios de distribución do persoal aspirante aos tribunais.

A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos realizará a distribución do persoal aspirante de cada especialidade, cando sexa o caso, en proporción ao número de tribunais, respectando, no caso de mestres e sempre que sexa posible, a localidade que o citado persoal consignase na súa solicitude de participación. A asignación de persoas aspirantes por tribunal iniciarase polo persoal aspirante cuxo primeiro apelido se inicie pola letra «M» de conformidade co sorteo realizado o día 22 de xaneiro de 2026 (DOG núm. 16, do 26 de xaneiro) pola Consellería de Facenda e Administración Pública para estes efectos e, de ser necesario, polas letras inmediatamente seguintes.

Sen prexuízo do establecido na base 7.2, o persoal aspirante pola quenda de acceso do subgrupo A2 ao subgrupo A1 e de ingreso pola reserva de discapacidade poderá ser asignado a un tribunal específico da especialidade correspondente.

O persoal aspirante polo procedemento de adquisición doutra especialidade poderá ser distribuído entre todos os tribunais dunha mesma especialidade.

1.8. Asignación de prazas aos tribunais.

Nas especialidades en que se nomee máis dun tribunal as prazas da quenda libre serán atribuídas a cada tribunal por resolución da persoa titular da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos en proporción ao número de persoas aspirantes das quendas libres que acudiron ao acto de presentación establecido na base 10.7 da presente orde e, se é o caso, das persoas aspirantes da quenda da reserva de persoas con discapacidade que superaron a fase de oposición e non entraron na lista de persoas aprobadas do concurso-oposición por esta quenda. De existir empate nos restos dos cocientes a adxudicación das prazas iniciarase polo tribunal que resulte do sorteo que realizará a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos e, se fose necesario, os seguintes.

As prazas que, se é o caso, quedaran vacantes de acceso de A2-A1 non se acumularán ás de ingreso.

Base segunda. Requisitos que debe reunir o persoal aspirante

Para seren admitido aos procesos selectivos convocados nesta orde, o persoal aspirante deberá reunir os seguintes requisitos:

2.1. Requisitos xerais.

a) Ter nacionalidade española ou ter a nacionalidade doutro Estado membro da Unión Europea ou de calquera outro dos Estados aos que, en virtude dos tratados internacionais realizados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores e traballadoras.

Tamén poderán participar as persoas, calquera que sexa a súa nacionalidade, descendentes de persoas que posúan a nacionalidade española ou doutros Estados membros da Unión Europea, sempre que sexan menores de vinte e un anos ou maiores da devandita idade dependentes.

Tamén poderán participar as persoas, calquera que sexa a súa nacionalidade, que sexan cónxuxes de persoas que posúan a nacionalidade española ou doutros Estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separadas de dereito.

Así mesmo, poderán participar as persoas, calquera que sexa a súa nacionalidade, descendentes do/da cónxuxe non separado de dereito de persoas que posúan a nacionalidade española ou doutros Estados membros da Unión Europea, sempre que sexan menores de vinte e un anos ou maiores da devandita idade dependentes.

b) Ter cumpridos os dezaseis anos e non ter alcanzado a idade establecida, con carácter xeral, para a xubilación forzosa.

c) Posuír as titulacións que, para cada corpo, se especifican nesta base.

No caso de que as ditas titulacións se obtivesen no estranxeiro, deberá terse concedida a correspondente credencial de homologación, segundo o Real decreto 889/2022, do 18 de outubro, polo que se establecen as condicións e os procedementos de homologación, de declaración de equivalencias e de validación de ensinos universitarios de sistemas educativos estranxeiros e polo que se regula o procedemento para establecer a correspondencia ao nivel do Marco español de cualificacións para a educación superior dos títulos universitarios oficiais pertencentes a ordenacións académicas anteriores (BOE do 19 de outubro) e o Real decreto 1837/2008, do 8 de novembro, polo que se incorporan ao ordenamento xurídico español a Directiva 2005/36/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de setembro, e a Directiva 2006/100/CE do Consello, do 20 de novembro, relativa ao recoñecemento de cualificacións profesionais, así como a determinados aspectos da profesión de avogado (BOE do 20 de novembro). No caso de títulos e estudos estranxeiros de educación non universitaria deberá aterse ao Real decreto 104/1988, do 29 de xaneiro, sobre homologación e validación de títulos e estudos estranxeiros de educación non universitaria e demais normativa concordante e de desenvolvemento.

d) Non padecer enfermidade nin estar afectado/a por limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das funcións correspondentes ao corpo e especialidade á que se opta.

e) Non ter sido separado/a, mediante expediente disciplinario, do servizo de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se trate de acceder ao corpo ou escala de persoal funcionario do cal a persoa foi separada ou inhabilitada.

No caso de nacionais doutros Estados, non estar inhabilitado/a ou en situación equivalente, nin ter sido sometido/a a sanción disciplinaria ou equivalente que impida no Estado de procedencia o acceso ao emprego público nos termos anteriores.

f) Non ter sido condenado/a por sentenza firme por algún delito contra a liberdade e indemnidade sexual, conforme dispón o artigo 57 da Lei orgánica 8/2021, do 4 de xuño, de protección integral á infancia e a adolescencia fronte á violencia.

O persoal participante cuxa nacionalidade sexa distinta da española, deberá acreditar, ademais da certificación negativa do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais referidos ao Estado español, a certificación negativa de condenas penais expedida polas autoridades do seu país de orixe ou de onde sexan nacionais, respecto dos delitos relacionados no apartado 1 do artigo 3 do Real decreto 1110/2015, do 11 de decembro, polo que se regula o Rexistro Central de Delincuentes Sexuais.

g) Non ser persoal funcionario de carreira, en prácticas ou estar pendente do correspondente nomeamento do mesmo corpo ao que se aspira a ingresar, agás que se concorra ao procedemento para a adquisición de nova especialidade a cal se refire o título II desta orde, no que o persoal funcionario de carreira poderá participar.

h) Acreditar o coñecemento do galego.

i) Acreditar, se é o caso, o coñecemento do castelán.

2.2. Requisitos específicos para participar no procedemento de acceso.

Para participar no procedemento de acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, ás prazas reservadas para o persoal funcionario de carreira dos corpos e escalas docentes clasificadas no subgrupo A2.

a) Posuír a titulación que para o ingreso no corpo se esixe na subepígrafe 2.3.1.a) desta convocatoria.

b) Ter prestado, ao remate do prazo de presentación de solicitudes, servizos no seu corpo de orixe durante un mínimo de seis anos como persoal funcionario.

Para estes efectos computará, cando sexa o caso, como servizos prestados no corpo de profesores especialistas en sectores singulares de formación profesional os servizos prestados no corpo, para extinguir, de profesores técnicos de formación profesional.

2.3. Requisitos específicos para participar polo procedemento de ingreso libre, que inclúe a quenda para persoas con recoñecemento legal de discapacidade.

2.3.1. Para os corpos de profesores de ensino secundario.

Para participar polo procedemento de ingreso libre, o persoal aspirante deberá:

a) Posuír o título de doutoramento, licenciatura, enxeñaría, arquitectura ou título de grao correspondente ou outros títulos equivalentes para os efectos de docencia ou ter superado todos os estudos conducentes para a súa obtención e ter satisfeitos os dereitos de expedición. De conformidade co establecido na disposición adicional única do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, para ingreso no corpo de profesores de ensino secundario, para as especialidades que se detallan no anexo V (corpo de profesores de ensinanza secundaria) deste, poderán ser admitidas as persoas que, aínda carecendo da titulación esixida con carácter xeral, posúan algunha titulación de diplomatura universitaria, arquitectura técnica ou enxeñaría técnica.

b) Posuír a formación pedagóxica e didáctica á que se refire o artigo 100.2 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. Reunirá este requisito aquela persoa que posúa o título oficial de máster universitario que habilite para o exercicio das profesións de profesor de ensinanza secundaria obrigatoria e bacharelato, formación profesional ou escolas oficiais de idiomas ou teña superado todos os estudos conducentes para a súa obtención e teña satisfeitos os dereitos de expedición. A especialidade que conste no citado título, facultará para a presentación do persoal aspirante en calquera especialidade.

Estará dispensado da posesión do citado título o persoal aspirante que acredite ter, con anterioridade ao 1 de outubro de 2009, algún dos seguintes requisitos:

– Posuír o título profesional de especialización didáctica, o certificado de aptitude pedagóxica ou o certificado de cualificación pedagóxica.

– Posuír o título de mestre/a, diplomatura en profesorado de educación xeral básica, mestre/a de ensino primario, licenciatura en Pedagoxía ou en Psicopedagoxía. Así mesmo, tamén estará exento o persoal que estivera cursando algunha das tres anteriores titulacións e tivera cursado 180 créditos destas á citada data do 1 de outubro de 2009.

– Ter impartido docencia durante dous cursos académicos completos ou, no seu defecto, durante doce meses exercidos en períodos continuos ou descontinuos, en centros públicos ou privados de ensinanza regrada debidamente autorizados, nas ensinanzas de educación secundaria obrigatoria, ou de bacharelato, ou de formación profesional, ou de escolas oficiais de idiomas, conforme ao previsto na disposición transitoria cuarta do Real decreto 1834/2008, do 8 de novembro.

2.3.2. Para o corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional.

Para participar polo procedemento de ingreso libre, o persoal aspirante deberá:

a) Posuír a titulación de diplomatura, arquitectura técnica, enxeñaría técnica ou o título de grao, licenciatura, enxeñaría ou arquitectura, correspondente ou outros títulos de técnico superior de formación profesional declarados equivalentes, para os efectos de docencia. Para o ingreso no corpo de profesores especialistas en sectores singulares de formación profesional para as especialidades que se detallan no anexo VI do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, poderán ser admitidas as persoas que, aínda carecendo da titulación esixida con carácter xeral, posúan algunha titulación de técnico superior da familia profesional ou familias profesionais para cuxas titulacións teña atribución docente a especialidade pola que se concursa. Os títulos declarados equivalentes a técnico superior para efectos académicos e profesionais, serán tamén equivalentes para efectos de docencia.

b) Posuír a formación pedagóxica e didáctica á que se refire o artigo 100.2 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, ou a establecida para a capacitación pedagóxica e didáctica dos técnicos superiores ou equivalente. Reunirá este requisito aquela persoa que posúa o título oficial de máster universitario que habilite para o exercicio das profesións de profesor de ensinanza secundaria obrigatoria e bacharelato, formación profesional ou escolas oficiais de idiomas ou teña superado todos os estudos conducentes para a súa obtención e teña satisfeitos os dereitos de expedición. A especialidade que conste no citado título, facultará para a presentación do persoal aspirante en calquera especialidade.

Estará dispensado da posesión do citado título o persoal aspirante que acredite ter, con anterioridade ao 1 de outubro de 2009, algún dos seguintes requisitos:

– Posuír o título profesional de especialización didáctica, o certificado de aptitude pedagóxica ou o certificado de cualificación pedagóxica.

– Posuír o título de mestre/a, diplomatura en profesorado de educación xeral básica, mestre/a de ensino primario, licenciatura en Pedagoxía ou en Psicopedagoxía. Así mesmo, tamén estará exento o persoal que estivera cursando algunha das tres anteriores titulacións e tivera cursado 180 créditos destas á citada data do 1 de outubro de 2009.

– Ter impartido docencia durante dous cursos académicos completos ou, na súa falta, durante doce meses exercidos en períodos continuos ou descontinuos, en centros públicos ou privados de ensinanza regrada debidamente autorizados, nas ensinanzas de educación secundaria obrigatoria, ou de bacharelato, ou de formación profesional, ou de escolas oficiais de idiomas, conforme ao previsto na disposición transitoria cuarta do Real decreto 1834/2008, do 8 de novembro.

Ademais, estarán dispensadas da posesión do citado título aquelas persoas que con anterioridade ao 1 de setembro de 2014, impartiran docencia durante dous cursos académicos completos ou, na súa falta, durante doce meses exercidos en períodos continuos ou descontinuos, en centros públicos ou privados de ensinanza regrada debidamente autorizados, nas ensinanzas de formación profesional.

2.3.3. Para o corpo de mestres.

Posuír ou ter superado todos os estudos conducentes para a súa obtención e ter satisfeitos os dereitos de expedición dalgún dos seguintes títulos:

– Título de mestre/a ou o título de grao en mestre/a de Educación Infantil ou de Educación Primaria.

– Título de diplomado/a en profesorado de Educación Xeral Básica.

– Título de mestre/a de Ensino Primario.

2.4. Requisitos específicos para participar pola quenda para persoas con recoñecemento legal de discapacidade en todos os corpos.

2.4.1. De conformidade co establecido no artigo 48 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e o Decreto 6/2026 do 16 de febreiro, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario dos corpos docentes da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026 (DOG núm. 32, do 18 de febreiro), resérvase do total de prazas ofertadas no decreto o 7 % das prazas ás que poderán concorrer as persoas que teñan a condición legal de discapacidade, sempre que reúnan as condicións xerais establecidas nesta convocatoria e, no seu momento, acrediten un grao de discapacidade de, polo menos, o 33 % e a compatibilidade entre a discapacidade e o desenvolvemento das tarefas e funcións docentes propias do corpo ao que accedan, na correspondente especialidade, mediante certificación dos órganos competentes da Comunidade Autónoma de Galicia, doutras comunidades autónomas ou, se é o caso, da Administración central do Estado. A reserva realizarase de maneira que, polo menos, o 2 % das prazas ofertadas o sexa para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, e o resto das prazas ofertadas o sexa para seren cubertas por persoas que acrediten calquera outro tipo de discapacidade.

Debido a que o número de prazas cubertas da quenda de reserva para persoas con discapacidade no anterior proceso selectivo non chegou ao tres por cento do total, resulta necesario acumulalas ao sete por cento indicado no parágrafo anterior ata chegar ao máximo do doce por cento na nova oferta para o ano 2026 de modo que se acumulan 71 prazas da quenda de discapacidade non cubertas na oferta do ano anterior.

Para dar cumprimento ao Auto 237/2025, do 24 de xullo de 2025, da Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, emitido con ocasión da peza incidente en fase de execución 12/2024, dimanante do procedemento ordinario 128/2022, convócanse adicionalmente 86 prazas de reserva pola quenda de reserva para persoas con discapacidade.

A opción por esta quenda formularase na solicitude de participación e acreditarase de conformidade co establecido nesta convocatoria.

O recoñecemento dunha discapacidade con posterioridade á finalización do prazo de presentación de solicitudes, aínda cando se fixese con efectos retroactivos, non supoñerá en ningún caso a admisión polo procedemento de reserva.

2.4.2. Os procedementos selectivos realizaranse en condicións de igualdade co persoal aspirante de ingreso libre, ou da quenda A2-A1, sen prexuízo das adaptacións previstas na base 7.11 desta convocatoria.

2.4.3. Se na realización das probas se lle presentasen dúbidas ao tribunal respecto da capacidade do persoal aspirante para o desempeño das actividades habitualmente desenvolvidas polo persoal funcionario do corpo ou escala a que se opta, poderá pedir o correspondente ditame do órgano competente conforme o previsto na subepígrafe 2.4.1 desta base.

2.5. Prazo en que se deben reunir os requisitos.

Todas as condicións e requisitos relacionados nesta base deberán posuírse no día en que remate o prazo de presentación de solicitudes e manterse ata o momento da toma de posesión como persoal funcionario de carreira.

2.6. Incompatibilidades.

2.6.1. O persoal aspirante que concorra pola reserva de persoas con discapacidade non poderá presentarse á mesma especialidade pola quenda libre.

2.6.2. O persoal aspirante que opte polo procedemento de acceso do subgrupo A2 ao subgrupo A1 non poderá concorrer á mesma especialidade polo ingreso libre.

2.6.3. Ningunha persoa aspirante poderá presentarse, dentro desta convocatoria, a prazas dun mesmo corpo e especialidade correspondentes a distintas quendas de ingreso ou accesos entre corpos de persoal funcionario docente.

Base terceira. Solicitudes e pagamento de taxas

3.1. Solicitudes.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado accesible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

As solicitudes tamén poderán cubrirse na páxina web da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos http://www.edu.xunta.gal/oposicions e presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Así mesmo, deberá procederse o pagamento da taxa vixente no momento da presentación electrónica da solicitude de acordo co establecido na base 3.7 desta orde.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

As titulacións esixidas pola base segunda desta orde como requisito específico para o ingreso aos corpos de persoal funcionario docente, así como as funcións que desenvolve este persoal, presupoñen que as persoas aspirantes posúen capacidade técnica suficiente para o acceso e dispoñibilidade dos medios electrónicos necesarios, no sentido do que establece o artigo 14.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 10.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, como xustificación da obrigatoriedade de presentar as solicitudes exclusivamente por medios electrónicos.

Na solicitude, consignarase o código do corpo e, se é o caso, da especialidade que figuran nas bases desta convocatoria.

Non poderá presentarse máis dunha solicitude de participación para un mesmo corpo, salvo que se opte por máis dunha especialidade. Non obstante, a presentación de máis dunha solicitude non garante que o persoal aspirante poida asistir ao acto de presentación e/ou á realización das probas de máis dunha especialidade.

3.2. Documentación complementaria.

3.2.1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

Para todas as persoas aspirantes:

a) Certificación académica oficial que acredite que se realizaron todos os estudos para a obtención deste xunto co recibo acreditativo conforme se efectuou o pagamento correspondente dos dereitos de expedición, no caso de non dispor do título.

Deberá presentarse a credencial da súa homologación ou ben a credencial de recoñecemento da titulación para exercer a profesión de profesor de Educación Secundaria obrigatoria e bacharelato, formación profesional e ensinanza de idiomas, mestre en Educación Primaria ou en Educación Infantil, no caso de titulacións obtidas no estranxeiro.

Deberán achegar o título no caso das persoas que posúan o título de mestre/a de Ensino Primario, diplomatura en profesorado de Educación Xeral Básica, mestre/a ou grao de mestre/a en Educación Primaria e aqueloutras persoas que posúan unha titulación de licenciatura ou enxeñaría nos que se requira unha especialidade para formar parte das listas para cubrir interinidades ou substitucións e, ademais do anterior, a certificación académica no suposto de non constar no título a especialidade e, de ser o caso, o idioma estranxeiro deste.

Así mesmo, deberán achegar a certificación académica oficial expedida pola universidade acreditativa da obtención da mención no caso de persoas graduadas en Educación Primaria que obtiveran unha mención nunha universidade distinta da que obtiveron o título e aleguen esta mención para a súa inclusión nas listas de interinidades ou substitucións.

b) Documentación acreditativa de posuír a formación pedagóxica e didáctica á que se refire o artigo 100.2 da Lei 2/2006, do 3 de maio, de educación, ou, cando sexa o caso, da formación equivalente.

Cando en substitución do máster universitario que habilita para o exercicio das profesións de profesor de educación secundaria obrigatoria e bacharelato, formación profesional e ensinanzas de idiomas se alegue docencia efectiva, con anterioridade ao 1 de outubro de 2009, durante dous cursos completos ou doce meses continuos ou descontinuos, en ensinanzas regradas dos niveis e ensinanzas cuxas especialidades se regulan no Real decreto 1834/2008, do 8 de novembro, non será necesario presentar ningunha documentación se a docencia se impartiu en centros públicos dependentes desta consellería e os servizos prestados constan na aplicación informática de persoal. Nestes supostos a certificación será expedida e incorporada de oficio ao expediente correspondente pola Subdirección Xeral de Recursos Humanos.

Noutro caso xustificarase do seguinte xeito:

– Se se trata dun centro público, mediante certificación, na cal conste a data de inicio e fin, nivel da ensinanza impartida e a especialidade, expedida pola secretaría do centro, co visto e prace da dirección e o contrato ou nomeamento expedido polo organismo correspondente.

– Se se trata dun centro privado debidamente autorizado, mediante certificación, en que conste a data de inicio e fin, nivel da ensinanza impartida e a materia, expedida pola dirección do centro, co visto e prace dos servizos de inspección educativa correspondente, ou copia dos contratos de traballo xunto con certificado da vida laboral.

c) Certificado de Celga 4 ou equivalente non expedido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, curso de perfeccionamento da lingua galega, validación do curso de perfeccionamento en lingua galega expedida polo órgano competente, o título de licenciatura en filoloxía galego-portuguesa, certificado de aptitude ou nivel avanzado de galego da escola oficial de idiomas ou certificado de ter o curso de especialización en lingua galega.

d) As persoas que non posúan a nacionalidade española e non teñan como idioma oficial o español: diploma superior de español como lingua estranxeira, certificado de aptitude ou nivel avanzado de español expedido polas escolas oficiais de idiomas, título de licenciatura, ou de grao equivalente, en filoloxía hispánica ou románica ou outros títulos homologados, ou certificación académica en que conste que se realizaron no Estado español estudos conducentes á titulación alegada para ingreso no corpo.

e) O Persoal aspirante que solicite exención ou bonificación das taxas:

– Acreditación de ser membro de familia numerosa de categoría xeral ou especial, só no caso de non estar recoñecida pola Comunidade Autónoma de Galicia.

– Acreditación de ter un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %, só no caso de non estar recoñecida pola Comunidade Autónoma de Galicia.

– Acreditación de ter un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %, así como o tipo de discapacidade no caso do persoal da quenda de discapacidade intelectual, só no caso de non estar recoñecida pola Comunidade Autónoma de Galicia.

– As vítimas do terrorismo, entendendo por tales, para estes efectos, as persoas que sufriran danos físicos ou psíquicos como consecuencia da actividade terrorista e así o acrediten mediante sentenza xudicial firme ou en virtude de resolución administrativa pola que se recoñeza tal condición, o seu cónxuxe ou persoa que convivise con análoga relación de afectividade, o cónxuxe da persoa falecida e os fillos das persoas feridas e falecidas.

f) Persoal aspirante que solicite a adaptación de tempo e medios:

– Documentación acreditativa da discapacidade que xustifique a necesidade da adaptación.

g) Persoal aspirante que non teña a nacionalidade española:

– O persoal aspirante que non teña a nacionalidade española, incluído no primeiro parágrafo da epígrafe 2.1.a) que resida en España, deberá presentar unha copia do documento de identidade ou pasaporte e da tarxeta de residente comunitario ou de familiar de residente comunitario ou, se é o caso, de tarxeta temporal de residente comunitario ou de persoal traballador comunitario fronteirizo, en vigor.

– O persoal aspirante incluído no segundo parágrafo da epígrafe 2.1.a) deberá presentar unha copia do pasaporte ou do visado e, se é o caso, do xustificante de ter solicitado a tarxeta ou a exención do visado e da dita tarxeta. No caso contrario deberán presentar os documentos expedidos polas autoridades competentes que acrediten o vínculo de parentesco e unha declaración responsable ou promesa da persoa coa que existe este vínculo, de que non está separada de dereito do/da cónxuxe e, se é o caso, de que o persoal aspirante vive ás súas expensas ou está ao seu cargo.

3.2.2. Non será necesario achegar nin a titulación alegada nin a acreditación da formación pedagóxica e didáctica nin o documento xustificativo do coñecemento do galego ou, se é o caso, do castelán, no caso daquelas persoas que xa o fixeran nos procedementos selectivos convocados pola Consellería competente en materia de educación desde a Orde do 17 de marzo de 2014.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente pola persoa interesada a calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recabados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados ao efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se puideran obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

3.2.3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3.2.4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

3.2.5. No caso de que algún dos documentos a presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivera un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

3.3. Comprobación de datos.

3.3.1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI/NIE da persoa solicitante.

b) DNI/NIE da persoa representante.

c) Títulos oficiais universitarios que consten no Rexistro Central do Ministerio competente en materia de educación.

d) Títulos oficiais non universitarios que consten no Rexistro Central do Ministerio competente en materia de educación ou rexistros da consellería competente en materia de educación.

e) Certificado de Celga 4 ou equivalente expedido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Consultaranse, ademais, os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:

a) Acreditación de ser membro de familia numerosa de categoría xeral ou especial unicamente no caso de estar recoñecida pola Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Acreditación de ter un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %, unicamente no caso de estar recoñecida pola Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Estar inscrito/a como demandante de emprego desde, polo menos, seis meses antes da data da publicación no DOG da convocatoria das probas selectivas nas cales solicite a súa participación e non estea a percibir prestación ou subsidio por desemprego na data da publicación no DOG da convocatoria das probas selectivas.

Os seguintes datos só se poderán consultar cando a persoa interesada faga constar o seu consentimento expreso:

– Consulta da inexistencia de antecedentes penais por delitos sexuais. Esta consulta, de autorizarse, realizarase periodicamente, conforme ao disposto no artigo 57 da Lei orgánica 8/2021, do 4 de xuño, de protección integral á infancia e a adolescencia fronte á violencia.

– O tipo de discapacidade no caso do persoal da quenda de discapacidade intelectual unicamente no caso de estar recoñecida pola Comunidade Autónoma de Galicia.

3.3.2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos. Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3.3.3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

3.4. Solicitudes cursadas no estranxeiro.

As solicitudes efectuadas polas persoas que residan no estranxeiro e que non dispoñan de certificado electrónico ou do sistema de usuario e clave Chave365 deberán cursarse no prazo sinalado na epígrafe 3.6 a través das representacións diplomáticas ou oficinas consulares españolas, que as remitirán seguidamente á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos. O pagamento dos dereitos de exame realizarase de acordo co establecido na epígrafe 3.7 desta convocatoria.

3.5. Requirimento para emendas.

O requirimento establecido para emendar defectos, conforme o previsto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, efectuarase mediante a resolución provisional pola que se publica a relación de persoal aspirante admitido e excluído para participar no procedemento selectivo.

Finalizado o prazo concedido para a emenda da solicitude, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos publicará na páxina web www.edu.xunta.gal a resolución pola que se terá por desistido da súa petición ao persoal aspirante que, no prazo concedido para estes efectos, non procedese a emendar a solicitude de participación.

3.6. Prazo de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes será de quince (15) días hábiles, computados a partir do día seguinte ao da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia.

3.7. Taxa correspondente á inscrición no procedemento selectivo.

O pagamento do importe dos dereitos de exame realizarase de forma electrónica.

Os códigos que se deben empregar son os seguintes:

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación profesional: código 07.

Delegación de Servizos Centrais: código 13.

Servizo de Secretaría Xeral: código 01.

Taxa denominación: inscrición nos procesos de selección de persoal de Administración xeral da Comunidade Autónoma: código 300302.

Os dereitos de exame serán os seguintes:

– Corpo:

Profesores de ensino secundario: 44,17 €.

Profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional: 38,02 €.

Mestres: 38,02 €.

Estarán exentos do pagamento dos dereitos de exame:

a) Persoas con discapacidade igual ou superior ao 33 %.

b) Persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial.

Aplicarase unha bonificación do 50 % á inscrición solicitada por:

a) As persoas que sexan membros de familias numerosas de categoría xeral.

b) As persoas que figurasen como demandantes de emprego desde, polo menos, seis meses antes da data da convocatoria das probas selectivas nas cales soliciten a súa participación e non estean a percibir prestación ou subsidio por desemprego.

c) As vítimas do terrorismo, entendendo por tales, para estes efectos, as persoas que sufrisen danos físicos ou psíquicos como consecuencia da actividade terrorista e así o acrediten mediante sentenza xudicial firme ou en virtude de resolución administrativa pola que se recoñeza tal condición, o seu cónxuxe ou persoa que convivise con análoga relación de afectividade, o cónxuxe da persoa falecida e os fillos das persoas feridas e falecidas.

Non será obrigatorio presentar o xustificante de pagamento electrónico da taxa, que será verificado por esta consellería.

Base cuarta. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán efectuarse electronicamente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, agás o establecido en relación coas programacións didácticas, a documentación acreditativa dos méritos da fase de concurso e as reclamacións contra o baremo provisional, que deberán entregarse ao tribunal.

Base quinta. Notificacións

5.1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

5.2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

5.3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán, de oficio, crear o indicado enderezo, aos efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

5.4. As notificacións entenderanse practicadas no momento no que se produza o acceso ao seu contido, entendéndose rexeitada cando transcorresen dez (10) días naturais desde a posta a disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5.5. Se o envío da notificación electrónica non fose posible por problemas técnicos practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Base sexta. Admisión de persoal aspirante

6.1. Lista provisoria de persoal admitido e excluído.

Transcorrido o prazo de presentación de solicitudes, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos publicará na páxina web desta consellería no enderezo electrónico
www.edu.xunta.gal, mediante resolución asinada electronicamente, a lista provisoria de persoas admitidas e excluídas, por corpos, reservas e, se é o caso, especialidades. Nesta lista aparecerán, cando menos, apelidos, nome e catro números aleatorios do número de documento nacional de identidade do persoal aspirante, e se está exento ou non da realización da proba de coñecementos de lingua galega e de lingua castelá. Así mesmo, na quenda de promoción interna, nas especialidades específicas de formación profesional expresarase a exención ou non do exercicio práctico. No caso do persoal aspirante excluído, especificarase a causa de exclusión.

6.2. Reclamación contra a lista provisoria.

Contra a lista provisoria, o persoal interesado poderá formular, por medios electrónicos e dirixido á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, as reclamacións que considere oportunas, no prazo máximo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación na páxina web desta consellería, no enderezo electrónico www.edu.xunta.gal

6.3. Lista definitiva do persoal admitido e excluído.

As reclamacións presentadas serán aceptadas ou rexeitadas na resolución asinada electronicamente pola que se aprobe a lista definitiva de persoas admitidas e excluídas. Esta resolución publicarase na páxina web desta consellería, no enderezo electrónico www.edu.xunta.gal

O feito de figurar na relación de persoal admitido non prexulga que se lle recoñeza ao persoal interesado a posesión dos requisitos exixidos nos procedementos que se convocan mediante esta orde. Cando, da documentación que debe presentarse no caso de ser aprobado, se desprenda que non posúe algún dos requisitos, o persoal interesado decaerá de todos os dereitos que puidesen derivar da súa participación nestes procedementos.

6.4. Recurso contra a lista definitiva.

Contra a resolución que aprobe a lista definitiva de persoas admitidas e excluídas, o persoal interesado poderá formular, por medios electrónicos, recurso de reposición ante a persoa titular da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos no prazo dun (1) mes, a partir do día seguinte ao da súa publicación na páxina web desta consellería, no enderezo electrónico www.edu.xunta.gal, segundo o disposto no artigo 123 e 124 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro.

6.5. Reintegro da taxa correspondente á inscrición no procedemento selectivo.

A taxa seralle reintegrada, por petición do persoal interesado, ao persoal aspirante que fose excluído definitivamente da realización dos procedementos selectivos, por falta dalgún dos requisitos para tomaren parte nas devanditas probas, sempre que así o solicite no prazo dun (1) mes, a partir do día seguinte ao da publicación no portal de internet desta consellería da resolución definitiva de persoas admitidas e excluídas.

A presentación da dita solicitude de reintegro fóra do prazo establecido no parágrafo anterior suporá a perda do dereito á devolución do importe ingresado.

Base sétima. Órganos de selección

7.1. Tribunais.

A selección do persoal aspirante será realizada polos tribunais nomeados para o efecto, sen prexuízo do previsto nas epígrafes 8.3 e 9.2 desta orde respecto aos tribunais de valoración das probas previas de coñecemento do castelán e da lingua galega.

7.2. Nomeamento.

A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos procederá ao nomeamento dos tribunais que xulgarán o proceso selectivo e fará pública a súa composición no Diario Oficial de Galicia, agás os tribunais específicos que avaliarán a acreditación do coñecemento do castelán e do galego, que se publicarán unicamente na páxina web da Consellería.

Poderanse nomear todos os tribunais que se xulguen necesarios.

Naquelas especialidades en que o número de persoas aspirantes o aconselle, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos poderá nomear tribunais específicos que valorarán o proceso selectivo das prazas reservadas para as persoas con discapacidade, o acceso e o procedemento de adquisición doutras especialidades previsto no título II desta orde.

Naquelas especialidades nas que non exista persoal funcionario de carreira na Comunidade Autónoma de Galicia, ou este sexa insuficiente, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos nomeará ou completará o tribunal con persoal docente funcionario de carreira doutras especialidades do mesmo corpo e designará o persoal asesor que sexa necesario. Poderá tamén completar o tribunal con persoal funcionario de carreira dependente doutras comunidades autónomas.

Así mesmo, en casos excepcionais, poderase nomear un tribunal que poderá xulgar máis dunha especialidade.

7.3. Composición dos tribunais.

Os tribunais estarán constituídos, de acordo co disposto no artigo 7 do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, por persoal funcionario de carreira en activo dos corpos docentes correspondentes ou do corpo de inspectores.

Na súa designación velarase polo cumprimento do principio de especialidade, polo que, cando sexa posible, a maioría dos seus membros deberán ser titulares da especialidade obxecto do proceso selectivo e tenderase á paridade entre profesoras e profesores. Non obstante, cando a porcentaxe de mulleres sexa superior ao de homes manterase esa porcentaxe na composición dos tribunais.

En todo caso, os membros dos tribunais pertencerán a corpos de igual ou superior grupo ao do corpo ao cal opta o persoal aspirante.

Con carácter xeral, os tribunais estarán compostos por:

Prazas do corpo de profesores de ensino secundario:

– Unha presidencia, designada directamente pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.

– Catro vogais, designados/as por sorteo público mediante aplicación informática entre as persoas funcionarias de carreira do corpo de catedráticos de ensino secundario ou de profesores de ensino secundario, da especialidade correspondente, e que teñan o seu actual destino nesta.

Prazas do corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional:

– Unha presidencia, designada directamente pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.

– Catro vogais, designados/as por sorteo público mediante aplicación informática entre o persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, para extinguir, de profesores técnicos de formación profesional e de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional, da especialidade correspondente, e que teñan o seu destino actual nesta.

Prazas do corpo de mestres:

– Unha presidencia, designada directamente pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.

– Catro vogais, designados/as por sorteo público mediante aplicación informática entre o persoal funcionario de carreira do corpo de mestres, da especialidade correspondente, e que teñan o seu actual destino nesta.

Se, con posterioridade, tivese que substituírse algunha persoa titular ou suplente do tribunal, a titular será substituída pola correspondente suplente ou, na súa falta, nas que a sigan segundo a orde en que figuren na disposición que as nomeou. Se non puidese actuar a persoa suplente número catro, pasaríase á suplente número 1.

De non poder actuar tampouco os/as vogais do tribunal suplente número 1 de cada tribunal a substitución realizarase cos/coas vogais do tribunal suplente número 2, pola mesma orde establecida no parágrafo anterior.

De non poder actuar tampouco os/as suplentes, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos designará a seguinte persoa segundo a relación alfabética da especialidade, empezando pola letra á que se fai mención no último parágrafo da epígrafe 10.2 da presente convocatoria.

Quedarán exentos da participación no sorteo o persoal funcionario de carreira que preste servizos nesta consellería ou nos seus departamentos territoriais.

7.4. Tribunais suplentes.

Para cada tribunal designarase polo mesmo procedemento, cando sexa posible, dous tribunais suplentes.

7.5. Sorteo público.

O sorteo público terá lugar o día 13 de abril de 2026, ás nove (9.00) horas, na Sala de Xuntas desta consellería, sita en Santiago de Compostela, San Caetano, s/n.

7.6. Constitución dos tribunais.

7.6.1. Logo da convocatoria da presidencia constituiranse os tribunais no prazo máximo de cinco (5) días hábiles desde a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, sendo precisa a asistencia da presidencia titular ou, se é o caso, da suplente, e de, polo menos, tres vogais, titulares ou suplentes.

Na citada sesión acordarán todas as decisións que lles correspondan para o correcto desenvolvemento dos procedementos selectivos.

Actuará como secretario ou secretaria o ou a vogal con menor antigüidade no corpo, agás que o tribunal acorde determinalo doutra maneira. No caso da mesma antigüidade actuará como secretario ou secretaria a persoa de menor idade.

7.6.2. Salvo que concorran circunstancias excepcionais, que serán apreciadas pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, unha vez constituídos os tribunais só poderán actuar os membros presentes no acto de constitución e abondará coa asistencia de tres deles para a validez das sesións. Non obstante, se chegado o momento da actuación dos tribunais, estes non puidesen actuar polo menos con tres membros, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos adoptará as medidas oportunas necesarias co fin de garantir o dereito do persoal aspirante á participación no proceso selectivo.

7.6.3. A suplencia do presidente ou presidenta será autorizada pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, segundo corresponda; a dos/das vogais, polo presidente ou presidenta que vaia actuar, tendo en conta que deberá recaer no/na vogal suplente respectivo do tribunal suplente número 1 ou, no seu defecto, nos/nas que o sigan, segundo a orde en que figuren na disposición que os/as nomeou. Se non puidese constituírse así o tribunal acudirase, pola mesma orde, aos/ás vogais do tribunal suplente número 2.

7.6.4. A participación nos órganos de selección ten carácter obrigatorio, de conformidade co disposto no artigo 8.3 do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro. Sen prexuízo do anterior, as presidencias dos tribunais concederán a suplencia, ademais de nos supostos previstos na Lei 40/2015, do 1 de outubro, a aquelas persoas que a soliciten e actuaran como membros dun tribunal de oposicións durante o ano 2021 ou seguintes, as que sexan directores ou directoras dun centro, as persoas seleccionadas para participar na modalidade 2 do Programa integral de aprendizaxe de linguas estranxeiras (PIALE), as que teñan permiso sindical a tempo total ou aquelas persoas que estean a gozar dunha redución de xornada con anterioridade ao 1 de maio de 2026 e que continúen durante o período no que lle correspondería actuar como membro do tribunal, as que estean gozando do permiso de nacemento da nai biolóxica, ou por adopción, por garda con fins de adopción, ou acollemento, tanto temporal como permanente, do permiso do proxenitor diferente da nai biolóxica por nacemento, garda con fins de adopción, acollemento ou adopción dun fillo ou filla, e as que estean en situación de incapacidade temporal regulamentariamente concedida. Agás nos supostos previstos na lei e para o suposto das persoas que teñan permiso sindical a tempo total ou estean gozando do permiso de nacemento da nai biolóxica, ou por adopción, por garda con fins de adopción, ou acollemento, tanto temporal como permanente, do permiso do proxenitor diferente da nai biolóxica por nacemento, garda con fins de adopción, acollemento ou adopción dun fillo ou filla, non se concederá a suplencia cando non se poidan constituír os tribunais co número suficiente de persoal funcionario da especialidade correspondente.

7.7. Abstención e recusación dos tribunais.

Os membros dos tribunais absteranse de intervir se se desen as circunstancias sinaladas no artigo 23 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público. Do mesmo xeito, de acordo co artigo 8.4 do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, e o artigo 59.2 da Lei 2/2015, do emprego público de Galicia, deberán absterse de actuar aqueles membros que realizasen tarefas de preparación de persoas aspirantes aos procedementos selectivos para calquera corpo e especialidade, nos cinco (5) anos anteriores a esta publicación.

Así mesmo, o persoal aspirante poderá recusar os membros do tribunal cando concorran as circunstancias previstas no parágrafo anterior, de acordo co artigo 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro.

7.8. Categoría dos tribunais e comisións da avaliación da fase de prácticas.

Para os efectos previstos no artigo 26.2 do Decreto 144/2001, do 7 de xuño (DOG do 25 de xuño), estes tribunais considéranse incluídos na categoría primeira.

7.9. Indemnizacións por razón do servizo.

Os tribunais terán dereito ás indemnizacións por razón do servizo previstas na normativa vixente.

7.10. Funcións dos tribunais.

Os tribunais con plena autonomía funcional, serán responsables da obxectividade do procedemento e garantirán o cumprimento das bases da convocatoria.

Correspóndelles aos tribunais:

a) A elaboración dos exercicios a que se refiren as bases décimo segunda e décimo terceira.

b) A determinación dos criterios de actuación.

c) A determinación e publicidade dos criterios de avaliación, antes do inicio dada primeira parte da primeira proba.

d) A valoración dos méritos da fase de concurso.

e) A cualificación das distintas probas da fase de oposición.

f) A agregación das puntuacións da fase de concurso ás adxudicadas na fase de oposición, a ordenación do persoal aspirante e a elaboración das listas do persoal aspirante que superasen ambas as fases.

g) A declaración do persoal aspirante que superou as fases de concurso e oposición e resulten seleccionados, a publicación das listas correspondentes a eles, así como a súa elevación á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.

h) A elaboración do expediente administrativo cubrindo os modelos que lles sexan facilitados pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos. Deberán facer uso das aplicacións informáticas que se poñan á súa disposición, mantendo actualizados os datos para aseguraren o desenvolvemento do procedemento.

i) Ao remate do procedemento selectivo, a publicación dos enunciados, solucións e plantillas de corrección, de ser o caso, dos exercicios na páxina web
www.edu.xunta.gal/oposicions

A actuación dos tribunais axustarase en todo o proceso ao disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e na Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

7.11. Adaptación de tempo e medios.

As persoas con discapacidade que desexen solicitar adaptación de tempo e medios para realizar os exercicios deberán marcar o recadro correspondente e manifestarán, no espazo establecido para esta finalidade na propia solicitude, a discapacidade que padecen e a petición concreta que realizan (material, mobiliario, tempo...). Así mesmo, deberán achegar coa solicitude e por medios electrónicos o certificado do grao de discapacidade e o ditame técnico facultativo que acompaña ao grado que acredite a discapacidade alegada. No caso de que a patoloxía sexa de recente aparición deberá achegarse un informe médico que xustifique a necesidade de adaptación e poderá ser requirido, de ser necesario, un informe médico adicional posterior.

Os tribunais cualificadores adoptarán as medidas necesarias para que o persoal aspirante con discapacidade goce de similares oportunidades para a realización das probas que o resto do persoal participante. Neste sentido estableceranse, para as persoas con discapacidade que o soliciten, as adaptacións posibles de tempo e medios para a súa realización, conforme as instrucións dadas por esta consellería.

Esta consellería comunicará a cada persoa interesada a adaptación ou adaptacións autorizadas.

Base oitava. Proba de acreditación de coñecemento do castelán para persoas que non posúan a nacionalidade española

8.1. As persoas que non poidan acreditar o coñecemento do castelán de acordo co establecido na subepígrafe 3.2.1.d) deberán realizar unha proba, na cal se comprobará que posúen un nivel adecuado de comprensión escrita desta lingua. A proba de acreditación do coñecemento do castelán terá lugar o día 14 de maio de 2026, ás 17.00 horas, no IES As Fontiñas (rúa Estocolmo, 5, Santiago de Compostela).

8.2. O contido da proba de acreditación do coñecemento do castelán axustarase ao disposto no Real decreto 1137/2002, do 31 de outubro, polo que se regulan os diplomas de español como lingua estranxeira (DELE) (BOE do 8 de novembro), modificado polo Real decreto 264/2008, do 22 de febreiro, e polo Real decreto 1004/2015, do 6 de novembro.

8.3. Tribunal de valoración.

A valoración da proba realizaraa un tribunal designado por resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos composto por:

– Unha presidencia, designada directamente pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.

– Catro vogais, designados/as por sorteo público mediante aplicación informática entre o persoal funcionario de carreira do corpo de catedráticos de ensino secundario ou de profesores de ensino secundario, da especialidade de Lingua Castelá e Literatura, e que teñan o seu actual destino nesta.

Da mesma maneira designaranse dous tribunais suplentes.

8.4. Valoración da proba.

O tribunal valorará esta proba de «apto/a» ou «non apto/a». Quedarán excluídas do procedemento selectivo as persoas «non aptas».

Rematada a realización da proba, o tribunal fará pública a valoración do persoal aspirante na páxina web http://www.edu.xunta.gal/oposicions e elevaraa á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, para a súa incorporación ao expediente.

Base novena. Acreditación do coñecemento do galego

9.1. As persoas que non poidan acreditar o coñecemento do galego de acordo co establecido na subepígrafe 3.2.1.c) deberán realizar unha proba.

Sen prexuízo do anterior, estarán exentas tamén de realizar a proba de coñecemento do galego as persoas que se presenten ao proceso selectivo no corpo de profesores de ensino secundario, na especialidade de Lingua Galega e Literatura, as que se presenten pola quenda de promoción interna e teñan destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, e o persoal funcionario de carreira que se presente para a adquisición doutra especialidade.

Esta proba, que se levará a cabo de forma escrita, terá lugar o día 14 de maio de 2026, ás 18.30 horas, no IES As Fontiñas (rúa Estocolmo, 5, Santiago de Compostela) e consistirá na resposta a varias cuestións sobre o temario de lingua galega que figura como anexo IV e nunha tradución do castelán ao galego.

9.2. Tribunais de valoración.

A valoración da proba a realizará o tribunal designado por resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, composto por:

– Unha presidencia, designada directamente pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.

– Catro vogais, designados/as por sorteo público mediante aplicación informática entre o persoal funcionario de carreira do corpo de catedráticos de ensino secundario ou de profesores de ensino secundario, da especialidade de Lingua Galega e Literatura, e que estean destinados nesta.

Da mesma maneira designaranse dous tribunais suplentes.

9.3. Valoración da proba.

O tribunal valorará esta proba de «apto/a» e «non apto/a». Quedarán excluídas do procedemento selectivo as persoas cualificadas como «non aptas».

Rematada a realización da proba, o tribunal fará pública a valoración do persoal aspirante na páxina web http://www.edu.xunta.gal/oposicions e elevaraa á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, para a súa incorporación ao expediente.

Base décima. Comezo e desenvolvemento do procedemento selectivo

10.1. Comezo.

O procedemento selectivo dará comezo a partir do día 20 de xuño de 2026.

10.2. Orde de actuación.

En primeiro lugar, realizarase a primeira proba polo persoal aspirante polo sistema de ingreso.

A continuación, a actuación do persoal aspirante, cando non sexa simultánea, será realizada pola seguinte orde:

a) Se é o caso, persoal aspirante que concorran polo procedemento de adquisición doutra especialidade, pola orde que se establece no último parágrafo desta base.

b) Persoal aspirante que concorra pola quenda de prazas reservadas a persoal funcionario dos corpos e escalas docentes clasificadas no subgrupo A2, por orde alfabética, de acordo coas normas do último parágrafo desta base sen prexuízo do establecido para a parte práctica na base décimo quinta da presente convocatoria.

c) Persoal aspirante que concorra pola quenda de discapacidade intelectual (I) e a continuación pola quenda de discapacidade (D), de acordo coas normas do último parágrafo desta base.

d) Restantes aspirantes.

A orde de actuación do persoal aspirante iniciarase alfabeticamente por quen teña como inicial do primeiro apelido a letra «M» de conformidade co resultado do sorteo efectuado pola Consellería de Facenda e Administración Pública o día 22 de xaneiro de 2026 (DOG núm. 16, do 26 de xaneiro). Os tribunais que non conten con persoal aspirante cuxo apelido empece pola letra indicada, iniciarán a orde de actuación coa letra ou letras seguintes.

10.3. Citación do persoal aspirante.

10.3.1. O persoal aspirante será convocado, a través da páxina web desta consellería, no enderezo electrónico http://www.edu.xunta.gal/oposicions para a realización da proba, de ser o caso, de acreditación do coñecemento do castelán, da proba de coñecementos da lingua galega, do acto de presentación, as dúas partes que integran a primeira proba prevista na base décimo segunda e seguintes desta convocatoria, con cinco (5) días hábiles de antelación, como mínimo, indicando a data, a hora e o lugar en que se realizarán estes actos.

10.3.2. O persoal aspirante será convocado para cada parte de cada proba en único chamamento e será excluído do proceso selectivo quen non compareza, agás nos casos de forza maior debidamente xustificados e libremente apreciados polo tribunal.

10.3.3. Unha vez comezado o procedemento selectivo, os tribunais deberán facer públicos os sucesivos chamamentos ao persoal aspirante na páxina web desta consellería, no enderezo electrónico http://www.edu.xunta.gal/oposicions, con 24 horas, como mínimo, de antelación.

10.4. Identificación do persoal aspirante.

O tribunal poderá requirir en calquera momento o persoal aspirante para que acredite a súa identidade.

10.5. Exclusión do persoal aspirante.

Se en calquera momento do proceso selectivo os tribunais teñen coñecemento de que algunha persoa aspirante non posúe algún dos requisitos esixidos por esta convocatoria, despois de audiencia á persoa interesada, deberán propoñer a súa exclusión á persoa titular da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, comunicándolle, así mesmo, as inexactitudes ou falsidades formuladas pola persoa aspirante na solicitude de admisión ás probas selectivas, para os efectos que procedan.

Contra a exclusión, a persoa aspirante poderá formular recurso de reposición perante a persoa titular da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.

Así mesmo, os tribunais teñen a facultade de poder excluír do procedemento selectivo a aquela persoa aspirante que leve a cabo calquera actuación de tipo fraudulento durante a realización dos exercicios.

Contra a exclusión, a persoa aspirante poderá formular recurso de alzada perante a persoa titular da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.

10.6. Idiomas modernos.

Todas as probas correspondentes ás especialidades de idiomas modernos desenvolveranse no idioma correspondente.

10.7. Acto de presentación.

O acto de presentación de asistencia obrigatoria para todas as persoas aspirantes dos procedementos selectivos celebrarase a partir do 20 de xuño de 2026.

Este acto de presentación, que terá lugar con posterioridade á realización das probas de coñecemento do castelán e da lingua galega, ten carácter persoalísimo e, en consecuencia, non se admitirán acreditacións nin poderes de representación.

As persoas aspirantes que non asistan ao dito acto decaerán nos seus dereitos e serán excluídas do procedemento, agás nos casos de forza maior debidamente xustificados e libremente apreciados polo tribunal; igualmente, será motivo de exclusión o feito de presentarse nun tribunal ao cal non se estea adscrito.

Se este acto de presentación ou a realización dalgunha das partes da proba coincide co ingreso hospitalario dalgunha das aspirantes ou do informe facultativo se deduce a imposibilidade de asistir ao acto de presentación ou á realización da proba por causas derivadas do embarazo, o tribunal adoptará as medidas oportunas para impedir a discriminación por razón de sexo.

Neste acto de presentación os tribunais identificarán as persoas aspirantes, que deberán ir provistas do documento nacional de identidade ou documento similar que acredite a identidade. Darán as instrucións que consideren convenientes e aclararán as dúbidas suscitadas para o mellor desenvolvemento do procedemento selectivo.

Base décimo primeira. Sistema de selección

11.1. Sistema selectivo.

O sistema de ingreso e acceso na función pública docente será o de concurso-oposición. No sistema de ingreso existirá, ademais, unha fase de prácticas que formará parte do proceso selectivo.

11.2. Temarios.

– Corpo de profesores de ensino secundario:

Nas especialidades de Filosofía, Latín, Lingua Castelá e Literatura, Xeografía e Historia, Matemáticas, Física e Química, Bioloxía e Xeoloxía, Debuxo, Francés, Inglés, Portugués, Música, Educación Física, Orientación Educativa e Tecnoloxía: anexo III da Orde do 9 de setembro de 1993, do Ministerio de Educación (BOE núm. 226, do 21 de setembro).

Nas especialidades de Economía, Administración de Empresas, Construcións Civís e Edificacións, Formación e Orientación Laboral, Informática, Organización e Xestión Comercial, Organización e Proxectos de Fabricación Mecánica, Procedementos de Diagnóstico Clínico e Ortoprotésico, Procedementos Sanitarios e Asistenciais, Procesos Comerciais, Procesos de Xestión Administrativa, Sistemas e Aplicacións Informáticas e Equipos Electrónicos: Orde do 1 de febreiro de 1996 (BOE núm. 38, do 13 de febreiro).

Na especialidade de Lingua Galega e Literatura: Orde do 1 de marzo de 1995 (DOG núm. 56, do 21 de marzo).

– Corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional:

Nas especialidades de Cociña e Pastelaría, Estética, Fabricación e Instalación de Carpintaría e Moble, Mantemento de Vehículos e Soldadura: Orde do 1 de febreiro de 1996 (BOE núm. 38, do 13 de febreiro).

– Corpo de mestres:

Anexo I da Orde do 9 de setembro de 1993, do Ministerio de Educación (BOE núm. 226, do 21 de setembro).

Para a especialidade de Educación Primaria: Orden ECI/592/2007, do 12 de marzo (BOE núm. 64, do 15 de marzo).

11.3. Fase de concurso.

11.3.1. Presentación de méritos ante o tribunal do persoal aspirante.

Nesta fase, que en ningún caso terá carácter eliminatorio, valoraranse os méritos que concorran no persoal aspirante ata finalizar o prazo de presentación de solicitudes sinalado na epígrafe 3.6, conforme o baremo que se inclúe como anexo II e III desta convocatoria, segundo se trate de persoal aspirante ao ingreso aos corpos de profesores de ensino secundario, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional e mestres ou acceso ao corpo de profesores de ensino secundario.

A documentación acreditativa dos méritos alegados xunto co documento que os relaciona deberán presentarse só polo seguinte persoal:

– O persoal aspirante a ingresar nos corpos de profesores de ensino secundario, profesores especialistas de sectores singulares da formación profesional e mestres que supere a primeira proba.

– O persoal aspirante a acceder ao corpo de profesores de ensino secundario que supere a proba.

Esta documentación debe presentarse na forma que se establece nos anexos II e III desta orde e no prazo que estableza o propio tribunal ao publicar a resolución que faga pública a relación de persoal aspirante que superou a primeira proba, ou a proba, segundo proceda no enderezo electrónico http://www.edu.xunta.gal/oposicions

No caso do persoal aspirante a acceder ao corpo de profesores de ensino secundario pola quenda de promoción do subgrupo A2 ao subgrupo A1 relacionará todos os méritos que alegue debendo acreditar documentalmente unicamente aqueles méritos que non consten na base de datos de profesorado.

No caso do persoal aspirante pola quenda de ingreso libre ou de persoas con discapacidade, relacionará todos os méritos que alegue debendo acreditar documentalmente todos os méritos alegados agás os relativos ás actividades de formación recibida e impartida que xa consten na base de datos do profesorado así como os relativos aos servizos prestados en centros públicos dependentes desta consellería.

Xunto coa documentación xustificativa presentarase ante o Tribunal a relación dos méritos alegados, no modelo que consta no enderezo electrónico http://www.edu.xunta.gal/oposicions

Independentemente da data de presentación ante o tribunal da citada documentación, todos os méritos alegados deben posuírse na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes.

A documentación acreditativa dos méritos de cada persoa aspirante quedará baixo a custodia da presidencia do tribunal, que a entregará á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, unha vez finalizado o procedemento selectivo, xunto co expediente administrativo.

11.3.2. Puntuación provisional da fase de concurso e prazo de reclamacións.

A valoración dos méritos realizaraa o tribunal tendo en conta o disposto nos anexos II e III segundo se trate de persoas aspirantes da quenda libre dos corpos de profesores de ensino secundario, mestres e profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional, ou da quenda de acceso para persoal docente do subgrupo A2 ao A1.

A puntuación provisional da fase de concurso, por epígrafes, publicárase na páxina web desta consellería no enderezo electrónico http://www.edu.xunta.gal/oposicions. Contra ela poderá presentarse reclamación perante o propio tribunal, mediante escrito dirixido ao tribunal, no prazo de tres (3) días hábiles contados desde o día seguinte ao da súa publicación.

Así mesmo, o tribunal poderá, por iniciativa propia, modificar a puntuación provisional outorgada, previa audiencia da persoa interesada, cando se producira un erro na baremación.

11.3.3. Puntuación definitiva.

Resoltas as reclamacións contra a resolución provisional, o tribunal fará pública a puntuación definitiva da fase de concurso no enderezo electrónico http://www.edu.xunta.gal/oposicions. Soamente é preceptivo publicar a puntuación definitiva da fase de concurso do persoal aspirante que supere a fase de oposición.

11.3.4. Recurso de alzada.

Contra a resolución que fará publica as puntuacións definitivas da fase de concurso poderase formular recurso de alzada, no prazo dun (1) mes, ante a persoa titular da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.

Base décimo segunda. Desenvolvemento da fase de oposición de ingreso no corpo de profesores de ensino secundario e profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional tanto pola quenda libre como pola reserva de persoas con discapacidade e discapacidade intelectual

Nesta fase valorarase a posesión dos coñecementos específicos, científicos e técnicos da especialidade docente á que opta o persoal aspirante, así como a aptitude pedagóxica e o dominio das técnicas necesarias para o exercicio docente.

12.1. De conformidade co establecido no artigo 20.2 do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, o persoal aspirante ás especialidades de Francés, Inglés e Portugués deberá desenvolver as probas no idioma correspondente.

12.2. As dúas partes que integran a primeira proba poderán realizarse no mesmo día. As dúas partes que integran a segunda proba realizaranse nunha mesma sesión.

12.3. Primeira proba. Esta proba terá por obxecto a demostración dos coñecementos específicos da especialidade docente á que se opta, e constará de dúas partes que serán valoradas conxuntamente:

12.3.1. Parte A: incluirá unha proba práctica consistente na realización dunha serie de exercicios, que poderán ser por escrito, que se axustará, para cada especialidade, ao disposto no anexo V desta orde, e que permitirá comprobar que o persoal aspirante posúe a formación científica e o dominio das habilidades técnicas correspondentes á especialidade á que se opte. O tempo asignado para a realización desta proba será establecido polos tribunais.

12.3.2. Parte B: consistirá no desenvolvemento por escrito dun tema elixido polo persoal aspirante de entre o número de temas que a continuación se relacionan, dos temarios que compoñen o temario oficial de cada especialidade, extraídos ao chou polo tribunal:

– Corpos de profesores de ensino secundario e profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional: deberá elixirse entre catro temas.

O persoal aspirante disporá de dúas (2) horas para a realización desta parte B da primeira proba.

Ao efectuarse a parte A e a parte B da primeira proba procederase a súa lectura conxunta e a cualificación de cada parte realizarase por separado.

12.3.3. Cualificación da primeira proba.

A parte A e a parte B desta primeira proba cualificaranse de 0 a 10 puntos, ponderándose do seguinte xeito:

– Parte A: a cualificación ponderada desta parte calcularase multiplicando por 0,6 a cualificación obtida.

– Parte B: a cualificación ponderada desta parte calcularase multiplicando por 0,4 a cualificación obtida.

Para superar esta proba o persoal aspirante deberá obter unha puntuación de polo menos o 25 % do valor de cada unha das partes da proba e unha puntuación total, resultado de sumar as puntuacións ponderadas correspondentes ás dúas partes, igual ou superior a 5 puntos. Finalizada esta proba, os tribunais publicarán no enderezo electrónico
http://www.edu.xunta.gal/oposicions as puntuacións obtidas polo persoal aspirante que a superou.

12.4. Segunda proba.

O persoal aspirante que superou a primeira proba realizará esta segunda proba que terá por obxecto a comprobación da aptitude pedagóxica do persoal aspirante e do seu dominio das técnicas necesarias para o exercicio docente. A proba componse de dúas partes:

Parte A: presentación e defensa dunha programación didáctica.

A programación didáctica fará referencia ao currículo dunha materia ou módulo relacionado coa especialidade pola que se participa, na cal deberán especificarse os obxectivos, as competencias, os contidos, a metodoloxía didáctica, os criterios de avaliación, así como a atención do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. Esta programación corresponderase cun curso escolar dun dos niveis ou etapas educativas en que o profesorado da especialidade teña atribuída competencia docente para impartilo, elixido pola persoa candidata, e deberá organizarse en unidades didácticas de tal maneira que cada unha delas se poida desenvolver completamente no tempo asignado para a súa exposición; en calquera caso, unha programación para un curso escolar deberá conter, como mínimo, 15 unidades didácticas que deberán estar enumeradas, e terá, sen incluír anexos, unha extensión máxima de 60 páxinas, formato DIN-A4, a dobre espazo interlineal (a excepción das táboas, nas que non será preciso respectar o espazo interlineal), con letra tipo Arial, sen comprimir, tamaño de 12 puntos. No caso das especialidades propias da formación profesional, a programación deberá conter un mínimo de 4 unidades didácticas. Na extensión máxima de 60 páxinas non se computará a portada nin a contraportada. Si se computará o índice.

Resultará excluído do procedemento selectivo o persoal aspirante cuxa programación non se axuste ao establecido nos parágrafos anteriores. En ningún caso poderá excluírse as persoas aspirantes por deficiencias no contido da programación.

As programacións versarán sobre os seguintes currículos:

No caso das especialidades con competencia docente na educación secundaria obrigatoria e no bacharelato:

– Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.

– Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

No caso das especialidades específicas de formación profesional, os publicados no Diario Oficial de Galicia no momento da publicación desta orde ou, de ser o caso, os aplicables na comunidade autónoma. Non poderá realizarse a programación dos seguintes módulos de formación profesional: Sostibilidade aplicada ao sistema produtivo, Dixitalización aplicada aos sectores produtivos, Afondamento nas competencias profesionais, Inglés profesional, Habilidades comunicativas en lingua estranxeira, Formación en centros de traballo, Proxecto, Proxecto intermodular e Proxecto intermodular de aprendizaxe colaborativa.

A programación deberá entregarse ao tribunal polo persoal aspirante que supere a primeira proba no centro no que están actuando, no prazo que estableza o tribunal ao publicar as cualificacións da primeira proba.

Parte B: preparación e exposición oral dunha unidade didáctica ante o tribunal.

A parte B da proba consistirá na preparación e exposición oral dunha unidade didáctica. A preparación e exposición oral, ante o tribunal, dunha unidade didáctica poderá estar relacionada coa programación presentada pola persoa aspirante ou elaborada a partir do temario oficial da especialidade. No primeiro caso, a persoa aspirante elixirá o contido da unidade didáctica de entre tres extraídas ao chou por ela mesma, da súa programación. No segundo caso, a persoa aspirante elixirá o contido dunha unidade didáctica dun tema de entre tres extraídos ao chou por ela mesma, do temario oficial da especialidade. Na elaboración da citade unidade didáctica deberán concretarse os obxectivos de aprendizaxe que perseguen con ela, os seus contidos, as actividades de ensinanza e aprendizaxe que se van formular na aula e os seus procedementos de avaliación.

Nas especialidades propias da formación profesional a unidade didáctica poderá referirse a unidades de traballo debendo relacionarse cos resultados de aprendizaxe do correspondente módulo profesional e, se é o caso, coas capacidades terminais asociadas ás das unidades de competencia propias do perfil profesional de que se trate.

O persoal aspirante disporá dunha (1) hora para a preparación da unidade didáctica, e poderá utilizar o material que considere oportuno, sen posibilidade de conexión co exterior, polo que o material que vaia utilizar non poderá ser susceptible de dita conexión (ordenadores portátiles, teléfonos móbiles, etc.).

Para a exposición, o persoal aspirante poderá utilizar o material auxiliar que considere oportuno e que deberá achegar el mesmo, sempre que sexa aprobado polo tribunal, así como un guión que non excederá dunha páxina e que se entregará ao tribunal ao final desta.

O persoal aspirante disporá dun tempo máximo dunha (1) hora para a defensa oral da programación, a exposición da unidade didáctica e posterior debate ante o tribunal. O persoal aspirante iniciará a súa exposición coa defensa da programación didáctica presentada, que non poderá exceder de vinte (20) minutos, e a continuación realizará a exposición da unidade didáctica, que non excederá de trinta (30) minutos. A duración do debate, se é o caso, non poderá exceder de dez (10) minutos.

12.5. Segunda proba na especialidade de orientación educativa.

Parte A: presentación e defensa dun plan anual do departamento de orientación dun centro.

O plan anual fará referencia ao plan de orientación do centro e incluirá, polo menos, os seguintes aspectos: xustificación baseada no contexto, obxectivos, planificación xeral e definición de accións prioritarias, estratexias de intervención e criterios de avaliación do plan. Este plan anual corresponderase cun curso escolar, debendo organizarse en programas específicos de intervención. En calquera caso un plan anual deberá contar, como mínimo, con seis programas específicos de intervención, que deberán estar numerados e terá as mesmas características establecidas para a programación didáctica, debendo entregarse ao tribunal por aqueles que superen a primeira proba, no centro no que están actuando e no prazo que estableza o tribunal ao publicar as cualificacións daquelas que superaron a citada proba.

Parte B: preparación e exposición oral dun programa específico de intervención.

A parte B da proba consistirá na preparación e exposición oral dun programa de intervención específico. A preparación e exposición oral diante do tribunal dun programa específico de intervención que poderá estar relacionado co plan anual de departamento presentado polo aspirante ou elaborada a partir do temario oficial da especialidade. No primeiro caso, o persoal aspirante elixirá o contido dun programa específico de intervención de entre tres (3) extraídos ao chou por el mesmo do seu plan anual do departamento de orientación. No segundo caso, o persoal aspirante elixirá o contido do programa específico de intervención dun tema de entre tres extraídos por el mesmo do temario oficial da especialidade.

O persoal aspirante disporá dunha (1) hora para a preparación do plan de actuación específico e poderá utilizar o material que considere oportuno, sen posibilidade de conexión co exterior, polo que o material que vaia utilizar non poderá ser susceptible de dita conexión (ordenadores portátiles, teléfonos móbiles, etc.).

Para a exposición, o persoal aspirante poderá utilizar un guión que non excederá dun folio e que entregará ao tribunal unha vez rematada a súa exposición.

O persoal aspirante disporá dun período máximo dunha (1) hora para a defensa do plan anual do departamento de orientación dun centro, a exposición do plan de actuación específico e posterior debate diante do tribunal. O persoal aspirante iniciará a súa exposición coa defensa do plan anual do departamento de orientación dun centro, que non poderá exceder de vinte (20) minutos, e a continuación realizará a exposición do plan de actuación específico, que non excederá de trinta (30) minutos. A duración do debate, se é o caso, non poderá exceder de dez (10) minutos.

12.6. Cualificación da segunda proba.

Esta segunda proba valorarase globalmente de 0 a 10 puntos, de acordo cos criterios contidos nas rúbricas que se publican como anexos VI, VII, VIII e IX segundo corresponda, debendo alcanzar o persoal aspirante, para a súa superación, unha puntuación igual ou superior a 5 puntos.

– Corpo de profesores de ensino secundario: especialidades que imparten a ESO e o bacharelato: anexo VI.

– Corpo de profesores de ensino secundario: especialidades que imparten a formación profesional específica: anexo VII.

– Corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional: anexo VII.

– Corpo de profesores de ensino secundario: especialidade de Orientación Educativa: anexo IX.

A parte A e a parte B da segunda proba ponderarase do seguinte xeito:

– Parte A: a cualificación ponderada desta parte calcularase multiplicando por 0,4 a cualificación obtida.

– Parte B: a cualificación ponderada desta parte calcularase multiplicando por 0,6 a cualificación obtida.

12.7. Cualificación da fase de oposición.

A cualificación correspondente a esta fase de oposición será a media aritmética das puntuacións obtidas nas dúas probas que a integran cando ambas fosen superadas.

12.8. Cualificación do tribunal.

A cualificación de cada parte da proba correspondente á fase de oposición será a media aritmética das puntuacións de todos os membros presentes no tribunal, debendo calculalas con aproximación de ata dez milésimas, para evitar no posible que se produzan empates. Cando entre as puntuacións outorgadas polos membros do tribunal exista unha diferenza de tres ou máis enteiros serán automaticamente excluídas as cualificacións máxima e mínima, calculándose a puntuación media entre as cualificacións restantes. No caso de empate entre cualificacións máximas ou mínimas, unicamente será excluída unha delas.

Estas cualificacións individuais de cada membro do tribunal faranse constar no expediente administrativo.

Base décimo terceira. Desenvolvemento da fase de oposición de ingreso no corpo de mestres tanto pola quenda libre como pola reserva de persoas con discapacidade e discapacidade intelectual

13.1. De conformidade co establecido no artigo 20.2 do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, o persoal aspirante á especialidade de Lingua Estranxeira: Francés e Inglés deberá desenvolver as probas neste idioma.

13.2. As dúas partes que integran a primeira proba deberán realizarse no mesmo día. As dúas partes que integran a segunda proba realizaranse nunha mesma sesión.

13.3. Primeira proba. Esta proba terá por obxecto a demostración dos coñecementos específicos da especialidade docente á que se opta, e constará de dúas partes que serán valoradas conxuntamente:

13.3.1. Parte A: incluirá unha proba práctica consistente na realización dunha serie de exercicios por escrito que se axustará, para cada especialidade, ao disposto no anexo V desta orde, e que permitirá comprobar que o persoal aspirante posúe a formación científica e o dominio das habilidades técnicas correspondentes á especialidade á que se opte. O tempo asignado para a realización desta proba será establecido polos tribunais.

13.3.2. Parte B: consistirá no desenvolvemento por escrito dun tema elixido pola persoa aspirante de entre dous temas dos temarios que compoñen o temario oficial de cada especialidade, extraídos ao chou polo tribunal.

O persoal aspirante disporá de dúas (2) horas para a realización desta parte da primeira proba.

No suposto de que a primeira parte da proba se realice por escrito procederase a súa lectura conxunta coa segunda e a cualificación de cada parte realizarase por separado.

13.3.3. Cualificación da primeira proba.

A parte A e a parte B da proba cualificaranse de 0 a 10 puntos, ponderándose do seguinte xeito:

– Parte A: a cualificación ponderada desta parte calcularase multiplicando por 0,6 a cualificación obtida.

– Parte B: a cualificación ponderada desta parte calcularase multiplicando por 0,4 a cualificación obtida.

Para superar esta proba o persoal aspirante deberá obter unha puntuación de polo menos o 25 % do valor de cada unha das partes da proba e unha puntuación total, resultado de sumar as puntuacións ponderadas correspondentes ás dúas partes, igual ou superior a 5 puntos. Finalizada esta proba, os tribunais publicarán no enderezo electrónico
http://www.edu.xunta.gal/oposicions as puntuacións obtidas polo persoal aspirante que a superou.

13.4. Segunda proba nas especialidades de Educación Infantil, Lingua Estranxeira: Francés, Lingua Estranxeira: Inglés, Música, Educación Física e Educación Primaria. Proba de aptitude pedagóxica.

O persoal aspirante que superou a primeira proba realizará esta segunda proba que terá por obxecto a comprobación da aptitude pedagóxica do persoal aspirante e do seu dominio das técnicas necesarias para o exercicio docente. A proba componse de dúas partes:

Parte A: presentación e defensa dunha programación didáctica.

A programación didáctica fará referencia ao currículo dunha área relacionado coa especialidade por que se participa, na cal deberán especificarse, no caso de educación infantil, as competencias clave, os obxectivos, contidos, criterios de avaliación e estratexias metodolóxicas, así como a atención do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, e nas restantes especialidades os obxectivos, as competencias clave, os contidos, a metodoloxía didáctica, os criterios de avaliación, así como a atención do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. Esta programación corresponderase cun curso escolar da etapa educativa en que o profesorado da especialidade teña atribuída competencia docente para impartilo, elixido pola persoa candidata, e deberá organizarse en unidades didácticas de tal maneira que cada unha delas se poida desenvolver completamente no tempo asignado para a súa exposición; en calquera caso, unha programación para un curso escolar deberá conter, como mínimo, 15 unidades didácticas que deberán estar enumeradas, e terá, sen incluír anexos, unha extensión máxima de 60 páxinas, formato DIN-A4, escritas a dobre espazo interlineal (a excepción das táboas, nas que non será preciso respectar o espazo interlineal), con letra tipo Arial, sen comprimir, tamaño de 12 puntos.

Na extensión máxima de 60 páxinas non se computará a portada nin a contraportada. Si se computará o índice.

Resultará excluído do procedemento selectivo o persoal aspirante cuxa programación non se axuste ao establecido nos parágrafos anteriores. En ningún caso poderá excluírse ás persoas aspirantes por deficiencias no contido da programación.

As programacións didácticas versarán sobre os seguintes currículos segundo o caso:

Educación Infantil: Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

Especialidades de Educación Primaria: Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

A programación deberá entregarse ao tribunal polo persoal aspirante que supere a primeira proba no centro no que están actuando, no prazo que estableza o tribunal ao publicar as cualificacións da primeira proba.

Parte B: preparación e exposición oral dunha unidade didáctica ante o tribunal.

A parte B da proba consistirá na preparación e exposición oral dunha unidade didáctica. A preparación e exposición oral, ante o tribunal, dunha unidade didáctica poderá estar relacionada coa programación presentada pola persoa aspirante ou elaborada a partir do temario oficial da especialidade. No primeiro caso, o persoal aspirante elixirá o contido da unidade didáctica de entre tres (3) extraídas ao chou por el mesmo, da súa programación. No segundo caso, o persoal aspirante elixirá o contido dunha unidade didáctica dun tema de entre tres (3) extraídos ao chou por el mesmo, do temario oficial da especialidade. Na elaboración da citada unidade didáctica deberán concretarse os obxectivos de aprendizaxe que perseguen con ela, as competencias clave, os seus contidos e as actividades de ensinanza e aprendizaxe que se van formular na aula e os criterios de avaliación.

O persoal aspirante disporá dunha (1) hora para a preparación da unidade didáctica, e poderá utilizar o material que considere oportuno, sen posibilidade de conexión co exterior, polo que o material que vaia utilizar non poderá ser susceptible da dita conexión (ordenadores portátiles, teléfonos móbiles, etc.).

Para a exposición, o persoal aspirante poderá utilizar o material auxiliar que considere oportuno e que deberá achegar el mesmo, sempre que sexa aprobado polo tribunal, así como un guión que non excederá dunha páxina e que se entregará ao tribunal ao final desta.

O persoal aspirante disporá dun tempo máximo dunha (1) hora para a defensa oral da programación, a exposición da unidade didáctica e posterior debate ante o tribunal. O persoal aspirante iniciará a súa exposición coa defensa da programación didáctica presentada, que non poderá exceder de vinte (20) minutos, e a continuación realizará a exposición da unidade didáctica, que non excederá de trinta (30) minutos. A duración do debate, se é o caso, non poderá exceder de dez (10) minutos.

13.5. Segunda proba nas especialidades de Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe. Proba de aptitude pedagóxica.

No caso de Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe, esta segunda proba terá por obxecto a comprobación da aptitude pedagóxica do persoal aspirante e o seu dominio das técnicas necesarias para o exercicio da súa función de asesoramento e orientación educativa. Consistirá na presentación dun plan de apoio para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo e na elaboración e exposición oral dun programa de intervención.

Parte A: o plan de apoio para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo deberá conter, como mínimo, seis programas de intervención e basearse na normativa vixente e nas necesidades do alumnado, do centro e do contexto, e contemplará competencias clave, obxectivos, contidos, actividades, estratexias metodolóxicas, recursos materiais, humanos e organizativos, temporización das accións, avaliación e propostas de mellora. Neste plan deberá prestarse especial relevancia á actuación do persoal aspirante como profesor de apoio.

O plan de apoio para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo que terá as mesmas características establecidas para a programación didáctica, deberá entregarse ao tribunal por aqueles que superen a primeira proba, no centro no que están actuando e no prazo que estableza o tribunal ao publicar as cualificacións daqueles que superaron a citada proba.

Parte B: elaboración diante do tribunal e exposición oral dun programa de intervención relacionado co plan de apoio para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo presentado polo persoal aspirante, ou elaborado a partir do temario oficial da especialidade. No primeiro caso, o persoal aspirante elixirá ao chou un programa de intervención con alumnado con necesidade específica de apoio educativo (alumnado que requira unha atención educativa diferente á ordinaria, por presentar necesidades educativas especiais, por dificultades específicas de aprendizaxe, TDAH, polas súas altas capacidades intelectuais, por terse incorporado tarde ao sistema educativo ou por condicións persoais ou de historia escolar). No segundo caso, a persoa aspirante elixirá o contido do programa de intervención dun tema de entre tres elixidos ao chou por el mesmo, do temario oficial da especialidade.

O persoal aspirante disporá dunha (1) hora para a preparación do programa de intervención e poderá utilizar o material que estime oportuno, sen posibilidade de conexión co exterior, polo que o material que vaia utilizar non poderá ser susceptible de dita conexión (ordenadores portátiles, teléfonos móbiles, etc.).

Para a exposición, o persoal aspirante poderá utilizar un guión que non excederá dunha páxina e que entregará ao tribunal unha vez rematada a súa exposición.

O persoal aspirante disporá dun período máximo dunha (1) hora para a defensa do plan de apoio para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo, a exposición do programa de intervención e posterior debate diante do tribunal. O persoal aspirante iniciará a súa exposición coa defensa do plan de apoio para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo, que non poderá exceder de vinte (20) minutos, e a continuación realizará a exposición do programa de intervención, que non excederá de trinta (30) minutos. A duración do debate, se é o caso, non poderá exceder de dez (10) minutos.

13.6. Cualificación da segunda proba.

Esta segunda proba valorarase globalmente de 0 a 10 puntos, de acordo cos criterios contidos nas rúbricas que se publican como anexos VI e VIII segundo corresponda, debendo alcanzar o persoal aspirante, para a súa superación, unha puntuación igual ou superior a 5 puntos.

A correspondencia é a seguinte:

– Corpo de mestres: anexo VI.

– Corpo de mestres: especialidades de Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe: anexo VIII.

A parte A e a parte B da segunda proba ponderarase do seguinte xeito:

– Parte A: a cualificación ponderada desta parte calcularase multiplicando por 0,4 a cualificación obtida.

– Parte B: a cualificación ponderada desta parte calcularase multiplicando por 0,6 a cualificación obtida.

13.7. Cualificación da fase de oposición.

A cualificación correspondente a esta fase de oposición será a media aritmética das puntuacións obtidas nas dúas probas que a integran cando ambas fosen superadas.

13.8. Cualificación do tribunal.

A cualificación de cada parte da proba correspondente á fase de oposición será a media aritmética das puntuacións de todos os membros presentes no tribunal, debendo calculalas con aproximación de ata dez milésimas, para evitar no posible que se produzan empates. Cando entre as puntuacións outorgadas polos membros do tribunal exista unha diferenza de tres ou máis enteiros serán automaticamente excluídas as cualificacións máxima e mínima, calculándose a puntuación media entre as cualificacións restantes. No caso de empate entre cualificacións máximas ou mínimas, unicamente será excluída unha delas.

Estas cualificacións individuais de cada membro do tribunal faranse constar no expediente administrativo.

Base décimo cuarta. Acceso á fase de concurso

A cualificación final da fase de oposición expresarase en números de 0 a 10, sendo necesario obter, polo menos, 5 puntos para poder acceder á fase de concurso.

O número de persoas aspirantes que acceda á fase de concurso poderá ser superior ao número de prazas convocadas.

Base décimo quinta. Fase de oposición no procedemento selectivo de acceso a corpo de grupo superior no corpo de profesores de ensino secundario

A proba consistirá na exposición ante o tribunal dun tema da especialidade á que se opte, elixido por cada persoa aspirante entre oito (8), extraídos ao chou polo tribunal, dos correspondentes ao temario do corpo e especialidade aos que se presentan.

No caso de que haxa concordancia entre a titulación académica coa que se opta e a especialidade á que aspira, o tema será elixido de entre nove (9) extraídos ao chou polo tribunal. Enténdese que hai concordancia para cada especialidade cando se posúa unha das titulacións que se relacionan na Orde do 2 de outubro de 2023 pola que se modifica a Orde do 20 de novembro de 2019, pola que se dá publicidade das titulacións que permiten a incorporación ás listas de aspirantes a desempeñar postos docentes en réxime de interinidades e substitucións dos corpos de mestres, de profesores de ensino secundario, de profesores técnicos de formación profesional e de profesores de escolas oficiais de idiomas que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, en centros docentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades (DOG do 13 outubro de 2023) e posteriores modificacións desta.

O persoal aspirante disporá de dúas (2) horas e trinta (30) minutos para a súa preparación, e poderá utilizar o material que considere oportuno. A exposición terá unha duración máxima dunha (1) hora, e nesta atenderase tanto aos coñecementos sobre a materia como aos recursos didácticos e pedagóxicos que se vaian empregar. Nesta exposición, o persoal aspirante poderá utilizar un guión dunha extensión máxima dunha páxina que deberá ser entregado ao tribunal cando remate esta.

Para as especialidades de Economía, Administración de Empresas, Construcións Civís e Edificacións, Formación e Orientación Laboral, Informática, Organización e Xestión Comercial, Organización e Proxectos de Fabricación Mecánica, Procedementos de Diagnóstico Clínico e Ortoprotésico, Procedementos Sanitarios e Asistenciais, Procesos Comerciais, Procesos de Xestión Administrativa, Sistemas e Aplicacións Informáticas e Equipos Electrónicos, a proba estará dividida en dúas partes, unha de contido práctico e outra consistente na exposición oral dun tema coas mesmas características especificadas no paragrafo anterior. As características da parte práctica da proba serán as establecidas no anexo V da presente convocatoria e levarase a cabo o mesmo día e a mesma hora que o persoal aspirante que se presente polo sistema de ingreso. A valoración da parte práctica da proba será conxunta coa outra parte da proba, a exposición oral.

Quedará exento de realizar esta parte práctica da proba o persoal aspirante que pertenza ao corpo, para extinguir, de profesores técnicos de formación profesional ou do corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional dunha especialidade da mesma familia profesional para a que principalmente teñan atribuída a competencia docente as persoas especialistas de Administración de Empresas, Construcións Civís e Edificacións, Formación e Orientación Laboral, Informática, Organización e Xestión Comercial, Organización e Proxectos de Fabricación Mecánica, Procedementos de Diagnóstico Clínico e Ortoprotésico, Procedementos Sanitarios e Asistenciais, Procesos Comerciais, Procesos de Xestión Administrativa, Sistemas e Aplicacións Informáticas e Equipos Electrónicos, segundo proceda.

A proba valorarase de 0 a 10 puntos e o persoal aspirante deberá obter, polo menos, 5 puntos para superala. Para a súa superación atenderase tanto aos coñecementos sobre a materia, como aos recursos didácticos e pedagóxicos do persoal aspirante.

Base décimo sexta. Forma de cubrir as prazas de reserva

Os tribunais, para os efectos de cubrir as prazas obxecto desta convocatoria pola reserva de persoas con discapacidade, axustaranse ás seguintes normas:

a) Se houber un número suficiente de persoal aspirante que cumpra os requisitos mínimos para aprobar, entre o persoal aspirante que concorra ás prazas reservadas para persoas con discapacidade intelectual e outras discapacidades, a totalidade destas prazas adxudicaráselles ás persoas que participen por estas quendas, calquera que sexa a súa puntuación. Por outra banda, se houber máis persoas aprobadas que prazas nunha das quendas de discapacidade, adxudicaránselles as prazas sen cubrir, se as houber, da outra.

b) As persoas que concorran ás prazas reservadas para persoas con discapacidade e discapacidade intelectual e que, reunindo os requisitos mínimos para aprobar, excedan o número de prazas asignadas ao tribunal para esta reserva concorrerán á formación da lista de persoas aprobadas do tribunal en igualdade de condicións que os das prazas libres ou de promoción interna, segundo corresponda, coa súa puntuación e tal e como se determina na base décimo sétima.

c) No caso de que as prazas reservadas e que foron cubertas polas persoas con discapacidade non alcanzasen a porcentaxe do tres por cento das prazas convocadas nesta oferta de emprego público, as prazas non cubertas do número total das reservadas acumularanse á porcentaxe do sete por cento da oferta seguinte, cun límite máximo do doce por cento.

d) No caso de que existan prazas da quenda de promoción do subgrupo A2 ao subgrupo A1 que non poidan ser cubertas por non existir un número suficiente de persoal aspirante con puntuación mínima requirida, estas non se acumularán ás prazas da quenda libre.

Base décimo sétima. Superación do procedemento selectivo

17.1. Persoal seleccionado polo procedemento de acceso ao subgrupo A1 desde corpos docentes do subgrupo A2 e pola quenda de reserva deste procedemento.

a) Resultará seleccionado o persoal candidato que, obtendo un mínimo de cinco (5) puntos na proba e ao ser ordenado segundo a suma das puntuacións alcanzadas no concurso e na proba, obteñan un número igual ou inferior ao número de prazas asignadas ao procedemento polo que participan.

Para a obtención da puntuación global, o tribunal ponderará un 55 % a puntuación obtida na fase de oposición e un 45 % a puntuación obtida na fase de concurso, resultando a puntuación global da suma de ambas as fases unha vez realizadas as ponderacións mencionadas.

b) Os posibles empates resolveranse atendendo sucesivamente aos seguintes criterios:

1. Maior puntuación na proba.

2. Maior puntuación en cada unha das epígrafes do baremo de méritos, pola orde na que aparecen nesta convocatoria.

3. Maior puntuación en cada unha das subepígrafes do baremo, pola orde na que aparecen nesta convocatoria.

4. No caso de que persista o empate, o desempate dirimirase a través da realización dunha proba por escrito sobre cuestións breves referentes ao temario da especialidade. De ser o caso, o persoal aspirante será convocado para esta proba polo tribunal cunha antelación mínima de 48 horas.

17.2. Persoal seleccionado para os corpos de profesores de ensino secundario, profesores especialistas de sectores singulares da formación profesional e mestres pola quenda libre e quenda de reserva de persoas con discapacidade e discapacidade intelectual.

Obtida a cualificación da fase de oposición, os tribunais avaliarán definitivamente a fase de concurso do persoal aspirante que superou a fase de oposición, resultando seleccionado para pasar á fase de prácticas o persoal aspirante que, unha vez ordenado segundo a puntuación global da fase de oposición e concurso, teña un número de orde igual ou menor que o número total de prazas asignadas ao tribunal.

De conformidade co establecido nos artigos 25 e 47 do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, a ponderación das puntuacións das fases de oposición e concurso para formar a puntuación global será de dous terzos a fase de oposición e un terzo a fase de concurso.

As prazas que puideran quedar vacantes nalgún tribunal serán asignadas pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos á persoa que superou a fase de oposición e que teña maior puntuación na fase de concurso-oposición, unha vez efectuadas as ponderacións pertinentes, do tribunal da mesma especialidade que proceda segundo o sistema de distribución de prazas establecido na base 1.8 desta convocatoria.

17.3. Criterios de desempate.

No caso de que se produzan empates, estes resolveranse atendendo sucesivamente aos seguintes criterios:

a) Maior puntuación na fase de oposición.

b) Maior puntuación en cada un dos exercicios da oposición, pola orde en que estes aparecen nesta convocatoria.

c) Maior puntuación nas epígrafes do baremo de méritos, pola orde en que estas aparecen nesta convocatoria.

d) Maior puntuación nas subepígrafes do baremo de méritos, pola orde en que estas aparecen nesta convocatoria.

e) En caso de persistir o empate, este dirimirase a través da realización dunha proba que se realizará por escrito sobre cuestións breves referidas ao temario da especialidade. Esta proba será elaborada, organizada e avaliada polo tribunal correspondente. As persoas aspirantes serán convocadas para esta proba polo propio tribunal cunha antelación mínima de 48 horas.

17.4. Orde de relación.

Os tribunais confeccionarán a correspondente relación de persoal aspirante que superou o concurso-oposición ata o número máximo de prazas que lle foron asignadas a cada un deles, ordenados de acordo co establecido nas bases anteriores.

Esta relación farase pública na páxina web http://www.edu.xunta.gal/oposicions outorgándose un prazo de dous (2) días hábiles para reclamar contra posibles erros.

Contra as listas definitivas as persoas interesadas poderán formular, de conformidade co disposto nos artigos 112 e 121 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, recurso de alzada ante a persoa titular da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.

17.5. En ningún caso os tribunais poderán aprobar nin declarar que superaron o proceso selectivo un número superior de persoas aspirantes ao de prazas asignadas a cada un deles. Calquera proposta de persoas aprobadas que contraveña o establecido neste punto será nula de pleno dereito.

17.6. O persoal aspirante que supere no mesmo corpo os procedementos selectivos convocados por esta consellería e polo ministerio competente en materia de educación, ou noutra comunidade autónoma con competencias en materia educativa, se optasen polo posto de traballo correspondente ao ámbito desta consellería, deberán presentar solicitude neste sentido dirixida á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, xunto coa copia de renuncia ao outro posto de traballo, no prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir da publicación no Diario Oficial de Galicia da lista de persoas aspirantes seleccionadas. De non realizar esta opción, a aceptación do primeiro nomeamento como persoal funcionario en prácticas entenderase como renuncia tácita aos restantes.

17.7. Publicación da lista de persoas aprobadas.

Esta consellería publicará no Diario Oficial de Galicia, así como na páxina web
http://www.edu.xunta.gal/oposicions, as listas únicas de persoas aprobadas por especialidade, segundo se detalla nos puntos anteriores, e tendo en conta que figurarán en primeiro lugar as persoas aprobadas pola quenda do subgrupo A2 ao subgrupo A1, e que as persoas aprobadas pola reserva de persoas con discapacidade e discapacidade intelectual incluiranse, de acordo coa súa puntuación, entre as persoas aprobadas polo sistema de acceso ou de ingreso, segundo corresponda.

A renuncia aos dereitos derivados do procedemento selectivo con anterioridade ao nomeamento como persoal funcionario en prácticas dará lugar a que se declare aprobada a persoa que, se é o caso, lle corresponda conforme os criterios establecidos nesta base.

17.8. Publicación das cualificacións do restante persoal aspirante.

Ao rematar o procedemento selectivo, os tribunais publicarán na páxina web
http://www.edu.xunta.gal/oposicions as puntuacións obtidas polo persoal aspirante que non estea incluído na relación de persoas aprobadas.

Base décimo oitava. Presentación de documentos

18.1. No prazo de vinte (20) días hábiles, contados desde o día seguinte a aquel en que se fagan públicas as listas de persoas aprobadas no Diario Oficial de Galicia, o persoal aspirante aprobado deberá presentar, por medios electrónicos e dirixido á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, os seguintes documentos:

a) Certificado médico acreditativo de non padecer ningunha enfermidade nin estar afectado ou afectada por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co exercicio da docencia.

A persoa aspirante que fixese valer a súa condición de persoa con discapacidade deberá, se non o fixo anteriormente, presentar certificación dos órganos competentes da Consellería de Política Social que acredite tal condición, e tamén terá que presentar certificado dos citados órganos ou da Administración sanitaria, acreditativo da compatibilidade co desempeño das tarefas e funcións correspondentes.

b) Declaración responsable de que non foron separados ou separadas, mediante expediente disciplinario, do servizo do corpo ao que se pretende ingresar en ningunha Administración pública e de non estar inhabilitados ou inhabilitadas para o exercicio de funcións públicas, conforme o modelo que figura como anexo X a esta convocatoria e que estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia no procedemento normalizado ED001A como anexo asociado á fase posterior á presentación.

Igualmente, o persoal aspirante que non posúa a nacionalidade española deberá presentar declaración responsable de non estar sometido a sanción disciplinaria ou condena penal que impida no seu Estado o acceso á función pública, segundo o mesmo modelo do anexo X que estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia no procedemento normalizado ED001A como anexo asociado á fase posterior á presentación.

c) Certificado de non ter antecedentes por delitos sexuais, só no caso de non prestar consentimento expreso á consulta de datos do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais na solicitude de participación.

O persoal participante cuxa nacionalidade sexa distinta da española deberá acreditar o requisito establecido no segundo parágrafo da epígrafe 2.1.f) mediante certificado redactado en lingua castelá. En caso contrario, o certificado deberá acompañarse da súa tradución oficial ou xurada, realizada por tradutor xurado ou validada polo consulado ou oficina diplomática correspondente.

18.2. Excepcións.

Quen teña a condición de persoal funcionario de carreira e estea en situación de servizo activo estará exento de xustificar documentalmente as condicións e requisitos xa demostrados para obter o seu anterior nomeamento, e deberá presentar, en tal caso, unha certificación ou folla de servizos do organismo de que dependa, na cal se consignen de forma expresa os seguintes datos: corpo a que pertencen, número de rexistro persoal e se está en servizo activo.

Cando as certificacións ou follas de servizos se refiran a persoal funcionario que superou o proceso selectivo polos procedementos de acceso a corpos docentes clasificados noutro corpo docente de grupo superior, serán expedidas pola Subdirección Xeral de Recursos Humanos desta consellería e incorporadas de oficio ao correspondente expediente.

18.3. Ante a imposibilidade, debidamente xustificada, de presentar os documentos expresados nas bases anteriores, poderá acreditarse que se reúnen as condicións esixidas na convocatoria mediante calquera medio de proba admisible en dereito.

18.4. Quen, dentro do prazo fixado e salvo os casos de forza maior, non presente a documentación ou, se do exame dela se deduce que carece dalgún dos requisitos xerais establecidos na base segunda, non poderá ser nomeado persoal funcionario de carreira, e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorrese por falsidade na solicitude inicial.

Base décimo novena. Nomeamento de persoal funcionario en prácticas

19.1. Destino provisional e nomeamento de persoal funcionario en prácticas.

As persoas aspirantes que superen o procedemento selectivo pola quenda libre ou reserva de persoas con discapacidade ou discapacidade intelectual quedan obrigadas a incorporarse aos destinos que a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos lles adxudique para a realización da fase de prácticas. No caso de non se incorporaren aos citados destinos no prazo que se estableza, entenderase que renuncian ao proceso selectivo.

Se se incorporan e reúnen as condicións requiridas para o ingreso no corpo respectivo, serán nomeadas persoal funcionario en prácticas.

A toma de posesión como persoal funcionario en prácticas terá efectividade da data que se determine na resolución pola que se publique a adxudicación de destinos provisionais para o curso académico 2026/2027.

Coa finalidade da adxudicación de destino de carácter provisorio para a realización do período de prácticas, o persoal aspirante que supere o procedemento selectivo deberá efectuar a solicitude, conforme o sistema previamente publicado no Diario Oficial de Galicia por resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, no prazo de dous (2) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación da lista de persoas aprobadas polos tribunais cualificadores no centro onde se realizaron as probas e na páxina web desta consellería.

19.2. Destino definitivo.

O persoal aspirante que supere o procedemento selectivo polo sistema de ingreso deberá obter o seu primeiro destino definitivo nun dos centros directamente xestionados por esta consellería e está obrigado, para estes efectos, a participar nos sucesivos concursos ordinarios de traslados que se convoquen, na forma que determinen as correspondentes convocatorias.

19.3. O persoal aspirante que supere o procedemento selectivo de acceso ao corpo de profesores de ensino secundario desde corpos do subgrupo A2 regulados na presente orde, estará exento da realización da fase de prácticas e, nos supostos nos que a adxudicación de destinos se realice atendendo á puntuación obtida nos procedementos selectivos, terán prioridade na obtención destes sobre o persoal aspirante que ingrese pola quenda libre da convocatoria do mesmo ano.

Non obstante o disposto no parágrafo anterior, o persoal aspirante seleccionado no procedemento selectivo de acceso aos corpos do subgrupo A1 desde corpos do subgrupo A2 que estea ocupando con carácter definitivo, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, prazas do corpo e especialidade ás que accede poderá optar por permanecer nestas.

O persoal aspirante que, aínda estando exento da realización da fase de prácticas, optase por incorporarse como funcionario ou funcionaria en prácticas ao destino asignado quedará eximido da avaliación destas, permanecendo nesta situación ata a aprobación dos expedientes dos procedementos selectivos e o seu posterior nomeamento como funcionario ou funcionaria de carreira.

19.4. Réxime xurídico-administrativo do persoal aspirante nomeado funcionario ou funcionaria en prácticas.

Desde o nomeamento de persoal funcionario en prácticas ata o nomeamento como persoal funcionario de carreira, o réxime xurídico-administrativo das persoas opositoras será o de persoal funcionario en prácticas, sempre que estea desempeñando un posto docente. En todo caso, a súa incorporación á realización das prácticas producirase con ocasión de vacante.

19.5. Aprazamento da fase de prácticas.

A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos poderá, por causa xustificada e por petición da persoa interesada, conceder o aprazamento da fase de prácticas.

19.6. Exencións á realización da fase de prácticas.

Estarán exentos da avaliación da fase de prácticas aquelas persoas aspirantes que acrediten unha experiencia dun (1) ano como persoal funcionario de carreira dun corpo docente.

19.7. Opción da remuneración do persoal funcionario en prácticas.

O persoal aspirante que superou a fase de oposición do proceso selectivo e que xa estea prestando servizos remunerados na Administración como persoal funcionario de carreira, persoal interino, persoal contratado administrativo ou como persoal laboral, sen prexuízo da situación administrativa ou laboral que, de acordo coa normativa vixente lle corresponda, poderá formular opción pola percepción das remuneracións durante a súa condición de persoal funcionario en prácticas, de conformidade co previsto no artigo 141 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia. A falta de opción expresa, enténdese que se opta pola retribución de persoal funcionario en prácticas.

Base vixésima. Fase de prácticas dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional e mestres

20.1. Obxecto e duración da fase de prácticas.

A fase de prácticas forma parte do procedemento selectivo e ten por obxecto a comprobación de que o persoal aspirante posúe as capacidades didácticas necesarias para o exercicio da docencia. Realizaranse nos destinos provisionais que lles correspondan, conforme o procedemento que estableza a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, ben en postos vacantes, ben en substitucións, co desempeño da función docente con plena validez académica.

A duración da fase de prácticas será de catro (4) meses. A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos poderá flexibilizar este período por causas xustificadas, e a flexibilización poderá afectar tanto á duración como á temporización.

20.2. Constitución das comisións cualificadoras.

En cada departamento territorial constituirase unha comisión cualificadora integrada pola xefatura da inspección provincial, que exercerá a súa presidencia; dous/dúas inspectores/as de educación e dous/dúas directores/as de centros, designados/as polo director ou directora territorial.

20.3. Profesor ou profesora titora da fase de prácticas.

O exercicio da docencia durante a fase de prácticas desenvolverase baixo a titoría dunha persoa funcionaria de carreira do mesmo corpo, experimentada e, preferentemente, da da especialidade correspondente, designada pola comisión cualificadora da provincia.

20.4. Funcións do titor ou titora.

As funcións do/da profesor/a titor/a consistirán en asesorar, informar e avaliar o persoal funcionario en prácticas sobre a organización e funcionamento do centro e dos seus órganos de goberno, de participación e de coordinación didáctica, sobre a programación didáctica da materia ou dos módulos profesionais, a programación de aula e a avaliación do alumnado. Ao final do período de prácticas, o/a profesor/a titor/a emitirá un informe sobre todos os datos que considere de interese e remitirao á comisión cualificadora.

O profesorado que tutele as prácticas do persoal aspirante seleccionado nos concursos-oposición de ingreso aos corpos docentes terá un recoñecemento de 50 horas de formación pola función desenvolvida.

20.5. Actividades de formación.

Formando parte da fase de prácticas, o persoal aspirante seleccionado pola quenda de ingreso libre e reserva de persoas con discapacidade deberá:

– Realizar un curso de formación de lingua galega de 20 horas de duración. Este curso, que será organizado polo Servizo de Programas de Formación, consistirá nunha formación específica sobre a terminoloxía, os estilos, os aspectos sociolingüísticos e a linguaxe propia da especialidade que lles permita ao persoal funcionario en prácticas desenvolver correctamente en galego as súas funcións e tarefas.

– Realizar un curso de formación en igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero para a obtención do nivel básico de coñecemento regulado no Decreto 70/2017, do 13 de xullo, polo que se regula a formación en igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero do persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

– Participar nas xornadas formativas de coñecemento da Administración educativa galega que serán organizadas polo Servizo de Programas de Formación.

20.6. Avaliación do profesorado en prácticas.

As persoas aspirantes elaborarán un informe-memoria final no cal farán unha valoración global da súa actividade, así como das dificultades atopadas e dos apoios recibidos. Este informe seralle entregado ao remate da fase de prácticas á comisión cualificadora.

A avaliación do persoal aspirante será efectuada pola comisión cualificadora a partir dos informes emitidos polo/a profesor/a titor/a, a dirección do centro, o persoal responsable das actividades de formación e, se é o caso, o inspector ou a inspectora responsable do centro e do informe presentado pola propia persoa aspirante.

A presidencia da comisión cualificadora, en caso de informes desfavorables, disporá que o inspector ou inspectora de educación do centro en que presta servizos o funcionario ou a funcionaria que está realizando as prácticas, visite o dito centro e avalíe na aula as súas aptitudes didácticas como docente. O informe da inspección engadirase aos do/da director/a e profesor/a titor/a para que, xunto co informe-memoria final realizado polo funcionario ou a funcionaria en prácticas, sirvan para a avaliación que debe facer a comisión cualificadora.

20.7. A comisión cualificadora trasladaralle á persoa titular da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos a relación de persoal funcionario en prácticas coa cualificación obtida.

20.8. Cualificación da fase de prácticas.

As prácticas cualificaranse como «apto/a» ou «non apto/a».

20.9. Persoas aspirantes non aptas na fase de prácticas.

As persoas aspirantes cualificadas de non aptas na fase de prácticas poderán repetila, incorporándose no curso seguinte co persoal seleccionado da seguinte promoción, ocupando, nesta promoción, o número de orde seguinte ao da última persoa seleccionada na súa especialidade. No caso de que non houbese convocatoria do seu corpo e especialidade, efectuará igualmente as prácticas no curso seguinte. As persoas que non se incorporen ou sexan declaradas non aptas por segunda vez, perderán todos os dereitos ao seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.

Base vixésimo primeira. Nomeamento de persoal funcionario de carreira

21.1. Proposta de nomeamento como persoal funcionario de carreira.

Rematada a fase de prácticas e verificado que as persoas que a superaron reúnen os requisitos xerais e específicos de participación establecidos nesta convocatoria, esta consellería aprobará o expediente do proceso selectivo e remitirá as listas do persoal ingresado no correspondente corpo ao ministerio competente en materia de educación, para o nomeamento e expedición dos títulos de persoal funcionario de carreira, con efectividade do 1 de setembro de 2027.

21.2. Destino definitivo en Galicia.

De acordo co previsto no artigo 10.d) do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, o persoal que ingrese en virtude desta convocatoria deberá obter o seu primeiro destino definitivo en centros xestionados por esta consellería a través da súa participación forzosa nos procedementos de provisión que se convoquen.

TÍTULO II
Procedemento de adquisición doutras especialidades

Base vixésimo segunda. Convócase procedemento para que o persoal funcionario de carreira do corpo de profesores de ensino secundario, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional e mestres poidan adquirir unha nova especialidade, de conformidade co establecido nas seguintes bases:

22.1. Normas xerais.

As especialidades que poderán adquirirse nos corpos citados anteriormente mediante o procedemento regulado neste título serán as mesmas que as convocadas para o procedemento de ingreso libre.

A estes procedementos seranlles de aplicación as disposicións establecidas na epígrafe 1.2 desta orde, así como as restantes bases do título I que non se opoñan ao disposto neste título.

22.2. Requisitos das persoas candidatas.

Para poderen participar neste procedemento, as persoas candidatas deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Ser persoal funcionario de carreira do corpo correspondente, con destino no ámbito de xestión desta consellería.

b) Reunir os requisitos que se exixen para o ingreso libre na especialidade que se pretenda adquirir.

22.3. Solicitudes e pagamento dos dereitos.

As solicitudes e pagamento dos dereitos formularanse conforme o establecido na base terceira desta convocatoria.

22.4. Órganos de selección.

Os órganos de selección para este procedemento serán aqueles a que se refire a base sétima desta convocatoria e exercerán respecto deste procedemento as mesmas funcións que se enumeran na mencionada base.

22.5. Comezo e desenvolvemento das probas.

O comezo e desenvolvemento das probas realizarase de conformidade co disposto na base décima desta convocatoria.

22.6. Sistema de selección.

Para todas as especialidades:

A proba consistirá na exposición oral dun tema da especialidade a que se opta, elixido pola persoa aspirante de entre cinco (5) extraídos ao chou polo tribunal, nas especialidades dos corpos de profesores de ensino secundario e de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional e de entre tres (3) extraídos ao chou polo tribunal, nas especialidades do corpo de mestres.

A persoa candidata disporá de dúas (2) horas para a súa preparación, e poderá utilizar o material que considere oportuno, sen posibilidade de conexión co exterior, polo que o material que vaia utilizar non poderá ser susceptible da dita conexión (ordenadores portátiles, teléfonos móbiles, etc.). A exposición terá unha duración máxima dunha (1) hora.

– Nas especialidades de idiomas modernos a exposición realizarase nesta lingua.

– Nas especialidades específicas de formación profesional, agás Formación e Orientación Laboral, a proba constará ademais dunha parte práctica. As características da parte práctica serán as establecidas no anexo V da presente convocatoria e levarase a cabo o mesmo día e a mesma hora que o persoal aspirante que se presente polo sistema de ingreso. A valoración da parte práctica da proba será conxunta coa outra parte da proba, a exposición oral.

22.7. Cualificación da proba.

Os tribunais cualificarán a proba a que se refire o punto anterior de «apto/a» ou «non apto/a» e obterán a nova especialidade unicamente os cualificados con «apto/a».

22.8. Publicación no Diario Oficial de Galicia.

Unha vez verificado polo órgano convocante que a persoa aspirante que obtivo a cualificación de apto/a reúne os requisitos esixidos nesta convocatoria, esta consellería publicará no Diario Oficial de Galicia a orde pola que se declara apto ao persoal aspirante, coa indicación da nova especialidade adquirida.

22.9. Exención da fase de prácticas.

O persoal que adquira unha nova especialidade por este procedemento estará exento da fase de prácticas.

22.10. Dereito preferente.

A adquisición dunha nova especialidade non supón a perda da anterior ou anteriores que se puidesen posuír. Quen teña adquirida máis dunha especialidade poderá acceder a prazas correspondentes a calquera delas a través dos mecanismos establecidos para a provisión de postos de traballo do persoal funcionario docente.

Quen adquira unha nova especialidade por este procedemento nos corpos de profesores de ensinanza secundaria e profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional terá preferencia, por unha soa vez, con ocasión de vacante, para seren adscritos ou adscritas a prazas da nova especialidade adquirida no centro en que tivesen destino definitivo, de conformidade co establecido no artigo 16.1.d) do Real decreto 1364/2010, do 29 de outubro, polo que se regula o concurso de traslados de ámbito estatal.

Base vixésimo terceira. Inclusión nas listas de interinidades e substitucións

Accederán ás listas de interinidades e substitucións da especialidade á que se presenten, ademais daquelas persoas aspirantes que superen a primeira proba, as persoas aspirantes que para cada especialidade posúan unha das titulacións que se relacionan na Orde do 2 de outubro de 2023 pola que se modifica a Orde do 20 de novembro de 2019 pola que se dá publicidade das titulacións que permiten a incorporación ás listas de aspirantes a desempeñar postos docentes en réxime de interinidades e substitucións dos corpos de mestres, de profesores de ensino secundario, de profesores técnicos de formación profesional e de profesores de escolas oficiais de idiomas que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, en centros docentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades (DOG do 13 outubro de 2023) e posteriores modificacións desta.

Disposición final primeira. Recursos

De conformidade co establecido nos artigos 112, 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e 10, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a presente orde, que pon fin á vía administrativa, poderá ser recorrida potestativamente en reposición ante a persoa titular da Consellería competente en materia de educación no prazo dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia ou poderá formularse directamente recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous (2) meses a contar desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Disposición final segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2026

Román Rodríguez González
Conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO II
Baremo para a valoración de méritos: sistema xeral de ingreso

Méritos

Puntos

Documentos xustificativos

I. Experiencia docente previa: máximo 5,000 puntos.

1.1. Por cada ano de experiencia docente en especialidades do corpo ao que opta a persoa aspirante, en centros públicos dependentes das administracións educativas.

1,000 puntos

Folla de servizos certificada pola Subdirección Xeral de Recursos Humanos, ou no seu defecto, certificación do secretario ou secretaria do centro co visto e prace da dirección, na que debe constar a data de toma de posesión e de cesamento na especialidade, así como os documentos xustificativos do nomeamento ou copia deles na que conste a data de toma de posesión e de cesamento e a especialidade.

1.2. Por cada ano de experiencia docente en especialidades de distintos corpos aos que opta a persoa aspirante, en centros públicos dependentes de administracións educativas.

0,500 puntos

1.3. Por cada ano de experiencia docente en especialidades do mesmo nivel ou etapa educativa que o impartido no corpo ao que opta a persoa aspirante, noutros centros.

0,500 puntos

Certificación da dirección do centro co visto e prace do Servizo de Inspección Técnica, na que conste a data de toma de posesión e de cesamento, área ou materia impartida e nivel educativo ou etapa educativa ou copia dos contratos de traballo xunto coa certificación da vida laboral.

1.4. Por cada ano de experiencia docente en especialidades de distinto nivel ou etapa educativa que o impartido no corpo ao que opta a persoa aspirante, noutros centros.

0,250 puntos

Certificación da dirección do centro co visto e prace do Servizo de Inspección Técnica, na que conste data de toma de posesión e de cesamento, área ou materia impartida e nivel ou etapa educativa ou copia dos contratos de traballo xunto coa certificación da vida laboral.

Enténdese por centros públicos os centros aos que se refire o capítulo II do título IV da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, integrados na rede pública de centros creados e sostidos polas administracións educativas.

Para os efectos deste apartado terase en conta un máximo de cinco anos, cada un dos cales deberá ser avaliado nunha soa das epígrafes anteriores.

Non será necesario xustificar os méritos das epígrafes 1.1 e 1.2 cando os servizos fosen prestados en centros públicos dependentes da Consellería competente en materia de educación.

II. Formación académica: máximo 5,000 puntos.

2.1. Expediente académico no título alegado, sempre que o título alegado se corresponda co nivel de titulación exixido con carácter xeral para ingreso no corpo (doutoramento, licenciatura, enxeñaría ou arquitectura, para corpos docentes do subgrupo A1, ou diplomatura universitaria, enxeñaría técnica ou arquitectura técnica para corpos docentes do subgrupo A2); valorarase exclusivamente a nota media do expediente académico, do modo que a continuación se indica:

Escala de 0 a 10 puntos:

Certificación académica persoal orixinal ou copia, na que consten as puntuacións obtidas en todas as disciplinas e cursos exixidos para a obtención do título alegado, con indicación expresa da nota media.

Desde 6,00 ata 7,50

1,000 punto

Desde 7,51 ata 10

1,500 puntos

Escala en créditos, de 1 a 4:

Desde 1,50 a 2,25

1,000 punto

Desde 2,26 a 4

1,500 puntos

2.2. Postgraos, Doutoramento e premios extraordinarios:

2.2.1. Polo certificado-diploma acreditativo de estudos avanzados ou título oficial de máster (Real decreto 822/2021, do 28 de setembro, polo que se establece a organización das ensinanzas universitarias e do procedemento de aseguramento da súa calidade, BOE do 29 de setembro), suficiencia investigadora ou calquera outro título equivalente, sempre que non sexan requisito para o ingreso na función pública docente.

1,000 punto

Certificación académica ou copia do título ou, se é o caso, do pagamento dos dereitos de expedición, conforme ao Real decreto 1002/2010, do 5 de agosto (BOE do 6 de agosto). No caso de que o título se obtivese no estranxeiro, deberá terse concedida a correspondente credencial de homologación ou declaración de equivalencia, segundo o Real decreto 889/2022, do 18 de outubro.

2.2.2. Por posuír o título de doutoramento:

1,000 punto

Certificación académica ou copia do título de doutoramento ou, se é o caso, do pagamento dos dereitos de expedición, conforme ao Real decreto 1002/2010, do 5 de agosto (BOE do 6 de agosto). No caso de que o título se obtivese no estranxeiro, deberá terse concedida a correspondente credencial de homologación ou declaración de equivalencia, segundo o Real decreto 889/2022, do 18 de outubro.

2.2.3. Por obter premio extraordinario no doutoramento:

0,500 puntos

Documento xustificativo.

2.3. Outras titulacións universitarias:

As titulacións universitarias de carácter oficial, no caso de que non fosen as alegadas como requisito para o ingreso na función pública docente, valoraranse da forma seguinte:

2.3.1. Titulacións de primeiro ciclo:

Por cada diplomatura, enxeñaría técnica, arquitectura técnica ou títulos declarados legalmente equivalentes e polos estudos correspondentes ao primeiro ciclo dunha licenciatura, arquitectura ou enxeñaría:

1,000 punto

Certificación académica ou copia do título alegado para o ingreso no corpo, así como de cantos presente como mérito ou, se é o caso, certificación do pagamento dos dereitos de expedición conforme ao Real decreto 1002/2010, do 5 de agosto (BOE do 6 de agosto). No caso de estudos correspondentes ao primeiro ciclo, certificación académica na que se acredite a súa superación.

No caso de persoas aspirantes a corpos de persoal funcionario docente subgrupo A2, non se valorarán por esta subepígrafe, en ningún caso, o primeiro título ou estudos desta natureza que presente a persoa aspirante.

No caso de persoas aspirantes a corpos de persoal funcionario docente subgrupo A1, non se valorarán por esta subepígrafe, en ningún caso, o título ou estudos desta natureza que foran necesarios superar para a obtención do primeiro título de licenciatura, enxeñaría ou arquitectura que presente a persoa aspirante.

2.3.2. Titulacións de segundo ciclo:

Polos estudos correspondentes ao segundo ciclo de licenciaturas, enxeñarías, arquitecturas ou títulos declarados legalmente equivalentes:

1,000 punto

Certificación académica ou copia do título alegado para o ingreso no corpo, así como de cantos presente como mérito ou, se é o caso, certificación do pagamento dos dereitos de expedición conforme ao Real decreto 1002/2010, do 5 de agosto (BOE do 6 de agosto). No caso de estudos correspondentes ao segundo ciclo, certificación académica na que se acredite a súa superación.

No caso de persoas aspirantes a corpos de persoal funcionario docente subgrupo A1, non se valorarán por esta subepígrafe, en ningún caso, os estudos que fora necesario superar (primeiro ciclo, segundo ciclo ou, no seu caso, ensinanzas complementarias), para a obtención do primeiro título de licenciatura, enxeñaría ou arquitectura que presente a persoa aspirante.

Valorarase neste apartado posuír o título de grao.

2.4. Titulacións de ensinanzas de réxime especial e da formación profesional específica:

a) Por cada título profesional de música ou danza:

0,500 puntos

Certificación académica ou copia do título alegado para ingreso no corpo, así como de cantos presente como mérito ou, se é o caso, certificación do pagamento dos dereitos de expedición conforme ao Real decreto 1002/2010, do 5 de agosto (BOE do 6 de agosto) así como, excepto na subepígrafe 2.4.b), copia daquelas titulacións que foron utilizadas para a obtención do título alegado para o ingreso.

b) Por cada certificado de nivel avanzado ou equivalente de escolas oficiais de idiomas:

0,500 puntos

c) Por cada título de técnico superior de artes plásticas e deseño:

0,200 puntos

d) Por cada título de técnico superior de formación profesional.

0,200 puntos

e) Por cada título de técnico deportivo superior:

0,200 puntos

2.5. Dominio de idiomas estranxeiros.

Por aqueles certificados de coñecemento dunha lingua estranxeira, expedidos por entidades acreditadas de conformidade co establecido nesta convocatoria que acrediten a competencia lingüística nun idioma estranxeiro de nivel avanzado C1 ou C2, segundo a clasificación do Marco común europeo de Referencia para as linguas.

Os certificados de nivel avanzado C1 ou C2 dun mesmo idioma, acreditados de acordo coa epígrafe 2.4 ou ben 2.5, valoraranse por unha soa vez nunha ou noutra epígrafe.

0,500 puntos

Certificación dun nivel de competencia lingüística C1 ou C2 segundo o Marco común europeo de referencia para as linguas (MCERL) de conformidade coa Orde do 21 de xuño de 2016 pola que se modifica a Orde do 18 de febreiro de 2011 pola que se establece o procedemento de acreditación de competencia en idiomas do profesorado para impartir nunha lingua estranxeira áreas, materias ou módulos non lingüísticos nos centros docentes públicos dependentes desta consellería.

III. Outros méritos: máximo 2,000 puntos.

3.1. Dominio de linguas estranxeiras. Nivel B2:

Por cada certificado oficial de recoñecemento dunha lingua estranxeira, que acredite o nivel de coñecemento de idiomas, expedidos por centros oficiais, segundo a clasificación do Marco común europeo de referencia para as linguas.

0,250 puntos por cada título

Certificación dun nivel de competencia lingüística B2 segundo o Marco común europeo de referencia para as linguas (MCERL) das escolas oficiais de idiomas ou dos centros oficiais de conformidade coa Orde do 21 de xuño de 2016 pola que se modifica a Orde do 18 de febreiro de 2011 pola que se establece o procedemento de acreditación de competencia en idiomas do profesorado para impartir nunha lingua estranxeira áreas, materias ou módulos non lingüísticos nos centros docentes públicos dependentes desta consellería.

3.2. Por actividades de formación superadas que teñan por obxecto o perfeccionamento sobre aspectos científicos e didácticos das especialidades do corpo polo que se presente, ou coas tecnoloxías aplicadas á educación, organizadas pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades ou os órganos correspondentes doutras comunidades autónomas ou o Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes, por institución sen ánimo de lucro, sempre que as devanditas actividades fosen homologadas ou recoñecidas polas administracións educativas, así como as organizadas polas universidades.

Puntuaranse con 0,1 puntos por cada 10 horas de actividades de formación acreditadas. Para estes efectos sumaranse as horas de todas as actividades e non se puntuarán o resto do número de horas inferiores a 10. Cando as actividades estean expresadas en créditos entenderase que cada crédito equivale a 10 horas.

Copia do certificado destas expedido pola entidade organizadora en que conste de modo expreso o número de horas de duración da actividade. No caso das organizadas polas institucións sen ánimo de lucro deberase ademais acreditar dun xeito fidedigno o recoñecemento ou homologación das devanditas actividades pola Administración educativa correspondente ou certificado de inscrición no rexistro de formación da Administración educativa.

3.3. Pola impartición das actividades de formación e perfeccionamento indicadas na epígrafe 3.2.

Puntuarase con 0,1 puntos por cada 5 horas. Con esta finalidade sumaranse as horas de todas as actividades e non se puntuará o resto de horas inferiores a 5. Cando as actividades veñan expresadas en créditos entenderase que cada crédito equivale a 10 horas.

Copia do certificado destas expedido pola entidade organizadora en que conste de modo expreso o número de horas de duración da impartición da actividade. No caso das organizadas polas institucións sen ánimo de lucro deberase ademais acreditar dun xeito fidedigno o recoñecemento ou homologación das devanditas actividades pola Administración educativa correspondente ou certificado de inscrición no rexistro de formación da Administración educativa

Disposicións complementarias:

Primeira. Unicamente serán baremados aqueles méritos perfeccionados e xustificados ata a data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

Segunda. Baremación do apartado 1 (experiencia docente previa).

1. Para os efectos deste apartado, teranse en conta os cinco (5) anos de límite que lle resulten máis favorables a cada persoa participante.

2. A valoración da experiencia docente non se verá reducida aínda cando os servizos se prestaran nunha xornada de traballo inferior á completa.

3. Os servizos prestados nun centro docente público non dependente dunha Administración educativa baremaranse nas epígrafes 1.3 ou 1.4, segundo corresponda en función do nivel ou etapa educativa impartida.

4. Considerarase que educación infantil e educación primaria son a mesma etapa educativa.

5. Para os efectos deste apartado, non se poderán acumular as puntuacións cando os servizos fosen prestados simultaneamente en máis dun centro docente.

6. Os servizos prestados como persoal laboral docente de Relixión baremaranse na epígrafe 1.1 ou 1.2, se se impartiron en centros públicos dependentes das administracións educativas, e na 1.3 ou 1.4, se se impartiron noutros centros.

7. Os servizos prestados como mestre/a en escolas infantís, no primeiro ciclo de educación infantil, baremaranse na epígrafe 1.3 ou 1.4 a partir do curso académico 2008/2009.

8. Os servizos prestados no estranxeiro acreditaranse mediante certificacións expedidas polos ministerios de educación dos respectivos países ou autoridades públicas competentes, nas que deberán constar o tempo de prestación de servizos, con data de inicio e de fin do nomeamento, e o carácter de centro público ou privado, o nivel educativo e a materia impartida. Cando non se acredite o nivel educativo ou este non coincida co da convocatoria, entenderanse como servizos prestados en diferente nivel educativo. Os ditos certificados deberán presentarse traducidos ao castelán ou ao galego.

9. Nas seguintes epígrafes, por cada mes sumarase, as seguintes puntuacións:

– Na epígrafe 1.1: 0,084 puntos.

– Na epígrafe 1.2: 0,042 puntos.

– Na epígrafe 1.3: 0,042 puntos.

– Na epígrafe 1.4: 0,021 puntos.

10. A experiencia docente na universidade baremarase pola epígrafe 1.4.

11. A experiencia docente previa como profesor do Programa de profesores visitantes do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes computarase como servizos docentes, sempre que se acredite mediante certificación do órgano competente na que conste o tipo de centro, a especialidade, o nivel educativo e a duración exacta dos servizos prestados, con data de inicio e de fin do nomeamento.

12. Non se valorará a experiencia como:

– Monitor/a.

– Bolseiro/a.

– Educador/a.

– Profesor/a invitado/a.

– Auxiliar de conversa.

– Lector/a.

– Nin outras actividades similares realizadas nos centros.

Terceira. Baremación do apartado 2 (formación académica).

1. A nota media da certificación académica persoal deberá estar calculada conforme ao disposto no Real decreto 1125/2003, do 5 de setembro (BOE núm. 224, do 18 de setembro). No caso de que non se remita a certificación académica persoal na que consten as puntuacións obtidas en todas as disciplinas e cursos esixidos para a obtención do título alegado, con indicación expresa da nota media e, no seu defecto, se achegue copia do título ou certificación do pagamento dos dereitos de expedición, conforme ao Real decreto 1002/2010, do 5 de agosto (BOE núm. 190, do 6 de agosto), considerarase que a persoa aspirante obtivo a nota media de cinco (5,00) puntos.

No caso de que a titulación alegada corresponda a ensinanzas artísticas superiores, na certificación académica persoal achegada deberá constar a nota media numérica do expediente académico, e deberá estar calculada conforme ao disposto no artigo 5.3 do Real decreto 1614/2009, do 26 de outubro, polo que se establece a ordenación das ensinanzas artísticas superiores reguladas pola Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

No caso de que non se remita a certificación académica persoal ou non figure a nota media de acordo co establecido nesta disposición, considerarase que a persoa aspirante obtivo a nota media de cinco (5,00) puntos.

A nota media das titulacións declaradas equivalentes só se computará cando a persoa aspirante alegue a dita titulación para o ingreso ao corpo e non posúa a titulación esixida con carácter xeral. Neste caso, se a titulación declarada equivalente non é unha titulación universitaria, non será de aplicación o real decreto ao que se fai referencia no primeiro inciso deste punto debendo achegarse expediente académico ou título no que conste expresamente a nota media numérica obtida.

No caso de que non se remita o título ou a certificación académica persoal de acordo co establecido nesta disposición, considerarase que a persoa aspirante obtivo a nota media de cinco (5,00) puntos.

Se no título ou na certificación académica non constase a nota media por tratarse dun título expedido ao abeiro da Lei 14/1970, do 4 de agosto, xeral de educación e financiamento da reforma educativa, procederase do seguinte xeito:

A certificación expedida polo centro educativo deberá expresar a nota media aritmética das cualificacións numéricas expresada con dúas cifras decimais, que se arredondarán á alza (maior ou igual ao 0,5). Se as cualificacións das materias veñen expresadas de forma cualitativa, a conversión para expedir a certificación da nota media numérica realizarase segundo a seguinte táboa de equivalencias:

Suficiente:

5,5

Ben:

6,5

Notable:

7,5

Sobresaínte ou sobresaínte (matrícula de honra):

9

No caso de que non se remita a certificación académica persoal con indicación expresa da nota media, procederase a calcular a nota media numérica de conformidade coas equivalencias establecidas no parágrafo anterior, de ser o caso.

As persoas aspirantes con título obtido no estranxeiro deberán achegar a certificación expedida pola Administración educativa do país en que obtivo o título que indique a nota media deducida das cualificacións obtidas na carreira e exprese, ademais, a cualificación máxima e mínima que se pode obter de acordo co sistema académico correspondente para os efectos de determinar a súa equivalencia co sistema de cualificación español e ademais deberá achegar a correspondente «Declaración de equivalencia da nota media de expedientes académicos universitarios realizados en centros estranxeiros», que poderá obterse de conformidade co disposto pola Resolución da Dirección Xeral de Política Universitaria do 21 de marzo de 2016, e a Resolución do 21 de xullo de 2016; de forma gratuíta na sede electrónica do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades mediante a seguinte ligazón: https://www.universidades.gob.es/equivalencia-de-notas-medias-de-estudios-universitarios-realizados-en-centros-extranjeros

2. Nas subepígrafes 2.2.1 e 2.2.2 non se pode obter máis de 1 punto, de xeito que unicamente se baremará un máster universitario oficial e un título de doutoramento. Na subepígrafe 2.2.3 unicamente se baremará un premio extraordinario de doutoramento.

3. O máster que habilita para o exercicio das profesións de profesor de educación secundaria obrigatoria e bacharelato, formación profesional e ensinanza de idiomas unicamente valorarase naqueles corpos nos que non é exixible.

4. Para poder obter puntuación por outras titulacións universitarias de carácter oficial, deberá presentarse copia de cantos títulos se posúan, incluído o alegado para ingreso no corpo.

5. Na epígrafe 2.3 unicamente se valorarán as titulacións universitarias de carácter oficial que non fosen alegadas como requisito para o ingreso no corpo.

6. Non se valorarán na epígrafe 2.3 as ensinanzas propias universitarias (títulos propios), que se expidan conforme ao artigo 36 do Real decreto 822/2021, do 28 de setembro, polo que se establece a organización dos ensinos universitarios e do procedemento de aseguramento da súa calidade e os estudos universitarios propios que sexan expedidos polas universidades no uso da súa autonomía.

7. Na subepígrafe 2.3.1 outorgarase 1 punto por cada diplomatura, enxeñaría técnica, arquitectura técnica ou títulos declarados equivalentes e polos estudos do primeiro ciclo dunha licenciatura, arquitectura ou enxeñaría, que non fosen alegados como requisito para ingreso no corpo.

8. Na subepígrafe 2.3.2 outorgarase 1 punto por cada un dos estudos correspondente ao segundo ciclo de licenciaturas, enxeñarías, arquitecturas ou títulos declarados legalmente equivalentes, que non fosen alegados como requisito para ingreso no corpo.

9. Valoraranse na subepígrafe 2.3.2 os seguintes títulos, sempre que non foran alegados como requisito de ingreso ao corpo:

– Os títulos superiores de música, danza e arte dramático.

– Os títulos superiores das ensinanzas artísticas equivalentes a grao.

– Os títulos de grao.

10. Non se valorarán as declaracións de correspondencia de títulos oficiais aos niveis do Marco español de cualificacións para a educación superior, emitidos ao abeiro do disposto no Real decreto 889/2022, do 18 de outubro, polo que se establecen as condicións e os procedementos de homologación, de declaración de equivalencia e de validación de ensinos universitarios de sistemas educativos estranxeiros e polo que se regula o procedemento para establecer a correspondencia ao nivel do Marco español de cualificacións para a educación superior dos títulos universitarios oficiais pertencentes a ordenacións académicas anteriores.

11. Os títulos universitarios obtidos no estranxeiro deberán estar homologados a un título universitario oficial español de grao ou de máster universitario, que habilite para o exercicio dunha profesión regulada ou declarados equivalentes a un nivel académico oficial de grao ou de máster universitario de conformidade co establecido polo Real decreto 889/2022, do 18 de outubro, polo que se establecen as condicións e os procedementos de homologación, de declaración de equivalencia e de validación de ensinos universitarios de sistemas educativos estranxeiros e polo que se regula o procedemento para establecer a correspondencia ao nivel do Marco español de cualificacións para a educación superior dos títulos universitarios oficiais pertencentes a ordenacións académicas anteriores.

No caso de títulos e estudos estranxeiros de educación non universitaria deberán aterse ao Real decreto 104/1988, do 29 de xaneiro, sobre homologación e validación de títulos e estudos estranxeiros de educación non universitaria e demais normativa concordante e de desenvolvemento.

12. As mencións correspondentes a un mesmo título non se valorarán como un novo título de grao.

13. Non se considerarán como títulos distintos as diferentes especialidades asentadas nunha mesma titulación.

14. As titulacións alegadas nas epígrafes 2.4.a), 2.4.c), 2.4.d) e 2.4.e) soamente se valorarán cando se acredite, a través da documentación xustificativa (título de bacharelato ou outros títulos), que non foran utilizadas para a obtención do título alegado para o ingreso ao corpo.

15. Na epígrafe 2.4.b) unicamente se baremarán as certificacións das escolas oficiais de idiomas de nivel avanzado C1 e C2 de acordo co Real decreto 1041/2017, do 22 de decembro, así como as equivalencias aos mesmos establecidas no anexo II deste.

Na epígrafe 2.5 valoraranse as certificacións dun nivel de competencia lingüística C1 e C2 segundo o Marco común europeo de referencia para as linguas (MCERL) de conformidade coa Orde do 21 de xuño de 2016 pola que se modifica a Orde do 18 de febreiro de 2011, pola que se establece o procedemento de acreditación de competencia en idiomas do profesorado para impartir nunha lingua estranxeira áreas, materias ou módulos non lingüísticos nos centros docentes públicos dependentes desta consellería (DOG núm. 128, do 7 de xullo).

Nas epígrafes 2.4.b) e 2.5. valorarase un só certificado por cada nivel de idioma que se acredite. Non se valorará nesta subepígrafe os certificados das Escolas oficiais de Idiomas que acrediten un nivel de lingua galega C1 toda vez que constitúe un requisito de ingreso aos corpos docentes nesta Administración.

Na epígrafe 3.1 valorarase un só certificado de nivel B2 por cada idioma que se acredite.

Cuarta. Outros méritos.

1. En ningún caso serán valorados aqueles cursos que teñan como finalidade a obtención dun título académico.

2. Non se valorarán os cursos cuxa finalidade sexa a obtención dos títulos ou certificacións que habilitan para a adquisición da formación pedagóxica e didáctica necesaria para o exercicio da docencia, á que se refire o artigo 100.2 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

3. O curso de aptitude pedagóxica unicamente se valorará naqueles corpos nos que non é exixible.

4. Para os efectos da epígrafe 3.2:

a) Considéranse actividades de formación as seguintes:

– Cursos.

– Seminarios permanentes.

– Grupos de traballo.

– Proxectos de formación.

– Congresos.

– Xornadas.

– Mesas redondas.

– Piale.

– Encontros.

– Obradoiros.

– Títulos propios das universidades.

b) Non son actividades de formación puntuables por esta epígrafe, entre outras, as seguintes actividades:

– Proxectos de investigación.

– Actividades de innovación educativa.

– Participación en programas europeos: Erasmus, Socrátes, Leonardo da Vinci, Interreg, visitas Cedefop, etc.

– Titulacións universitarias.

– Titorías en prácticas.

– Titoría do máster en profesorado.

– Certificacións de acreditación de competencia lingüística nunha lingua estranxeira.

5. Nas certificacións dos cursos organizados polas universidades deberán figurar a sinatura da súa reitoría ou vicerreitoría competente, ou persoa en quen delegue. Non son válidas as certificacións asinadas polos departamentos ou polas persoas relatoras destes.

6. Cando os cursos ou actividades viñesen expresados en horas e créditos, atenderase ao número de horas considerando que cada dez (10) horas equivalen a un (1) crédito. Para o suposto de que algunha persoa aspirante presente algún curso ou actividade de formación en créditos ECTS (European Credit Transfer System) sen que figure o número de horas, considerarase que cada crédito ECTS equivale a venticinco (25) horas.

Os certificados nos que non conste a duración en horas ou créditos non serán valorados, aínda que aparezan nestes os días ou meses durante os que tiveron lugar.

7. Non se baremarán os cursos de iniciación e perfeccionamento da lingua galega nin as validacións destes, por seren un dos requisitos para acreditar o coñecemento da lingua galega.

Quinta. As persoas aspirantes non poderán ter máis de dez (10) puntos pola valoración dos seus méritos.

ANEXO III
Baremo para a valoración de méritos para o acceso aos corpos do subgrupo A1 desde corpos do subgrupo A2

Méritos

Puntos

Documentos xustificativos

I. Traballo desenvolvido: máximo 5,500 puntos.

1.1. Por cada ano como persoal funcionario do corpo desde o que se aspira ao acceso que exceda dos seis (6) esixidos como requisito, cando sexa o caso.

* Por esta epígrafe (1.1) non poderán obter máis de 4,000 puntos.

0,500 puntos

Folla de servizos certificada polo departamento territorial.

1.2. Desenvolvemento de funcións específicas:

a) Por cada ano de exercicio na función inspectora.

0,300 puntos

Copia do nomeamento, con expresión da duración real do cargo.

b) Por cada ano de exercicio da dirección dun centro público.

0,300 puntos

c) Por cada ano de exercicio dunha vicedirección, xefatura de estudos, secretaría, administración ou como profesor/a delegado/a nas seccións de formación profesional, e outros cargos directivos.

0,200 puntos

d) Por cada ano de servizos como cargo directivo na consellería competente en materia de educación, Ministerio competente en materia de educación ou departamentos de educación das restantes comunidades autónomas, con competencias en materia educativa, con categoría de xefatura de servizo ou nivel equivalente ou superior.

0,300 puntos

e) Por cada ano de titor ou titora.

0,200 puntos

Certificación da dirección do centro.

f) Por cada ano de exercicio dunha coordinación pedagóxica, coordinación de ciclo/departamento, xefatura de departamento, xefatura de división, xefatura de departamento de normalización.

0,200 puntos

Certificación da dirección do centro co visto e prace da inspección educativa.

* Por esta epígrafe (1.2) non se poderán obter máis de 2,500 puntos.

II. Cursos de formación e perfeccionamento superados: máximo 3,000 puntos.

2.1. Por cada curso de formación e perfeccionamento cunha duración non inferior a 30 horas, recibido ou impartido, convocado por administracións públicas con plenas competencias educativas ou por universidades, ou actividades incluídas no plan de formación permanente organizados por entidades colaboradoras coas administracións educativas ou actividades recoñecidas pola administración educativa correspondente.

0,300 ata 1,500 puntos

Copia do certificado de asistencia. De non figurar o número de horas, deberá xuntarse certificado da autoridade convocante no que se faga constar a duración en horas.

2.2. Por cada curso de formación e perfeccionamento cunha duración non inferior a 100 horas, recibidos ou impartidos, convocados por administracións públicas con plenas competencias educativas ou por universidades, ou actividades incluídas no plan de formación permanente organizados por entidades colaboradoras coas administracións educativas ou actividades recoñecidas pola administración educativa correspondente.

0,600 ata 1,500 puntos

Copia do certificado de asistencia. De non figurar o número de horas, deberá xuntarse certificado da autoridade convocante no que se faga constar a duración en horas.

III. Outros méritos: 3,000 puntos.

3.1. Méritos académicos:

Ata 1,500 puntos

a) Por posuír o título de doutoramento.

0,750 puntos

Certificación académica ou copia do título de doutoramento.

b) Por premio extraordinario ou de honra na titulación alegada para ingreso no corpo.

0,500 puntos

Certificación académica ou copia do título alegado na que conste tal cualificación.

c) Por premio extraordinario de doutoramento.

0,500 puntos

Certificación académica ou copia do título alegado na que conste tal cualificación.

d) Por título de licenciatura ou de grao distinto do alegado para ingreso no corpo, así como certificado-diploma acreditativo de estudos avanzados ou título oficial de máster (Real decreto 822/2021, do 28 de setembro, polo que se establece a organización das ensinanzas universitarias e do procedemento de aseguramento da súa calidade, BOE do 29 de setembro), suficiencia investigadora ou calquera outro título equivalente, e lectura da tese de licenciatura.

0,500 puntos

Certificación académica ou copia do título correspondente.

e) Por outro título de grao medio.

0,300 puntos

Certificación académica ou copia do título correspondente.

f) Titulacións de ensinanzas de réxime especial e da formación profesional específica:

Certificación académica ou copia do título alegado para ingreso no corpo, así como de cantos presente como mérito ou, se é o caso, certificación do pagamento dos dereitos de expedición conforme ao Real decreto 1002/2010, do 5 de agosto (BOE do 6 de agosto).

f.1) Por cada título profesional de música ou danza:

0,500 puntos

f.2) Por cada certificado de nivel avanzado ou equivalente de escolas oficiais de idiomas:

0,500 puntos

f.3) Por cada título de técnico superior de artes plásticas e deseño.

0,200 puntos

f.4) Por cada título de técnico superior de formación profesional.

0,200 puntos

f.5) Por cada título de técnico deportivo superior:

0,200 puntos

Non se valorarán as da formación profesional específica, no caso de ser as alegadas como requisito para ingreso na función pública docente ou, no seu caso, se foran necesarias para a obtención do título alegado.

3.2. Publicacións e méritos artísticos:

Ata 1,500 puntos

a) Por publicacións de carácter didáctico sobre a disciplina obxecto do concurso ou directamente relacionadas coa organización escolar.

Ata 0,750 puntos

No referente a materiais publicados en soportes especiais como vídeos, CD-Rom, etc. será necesario presentar a documentación impresa que poidan acompañar a estas publicacións (portadas, folletos explicativos dos obxectivos e contidos, impresións, etc.).

No caso das publicacións que só se dean en formato electrónico presentarase un informe oficial no cal o organismo emisor certificará que a publicación aparece na base de datos bibliográfica. Neste documento indicarase a base de datos, o título da publicación, os/as autores/as, a revista, o volume, o ano e a páxina inicial e final.

Os exemplares correspondentes.

Por autor ou autora.

0,150 puntos

Documentos xustificativos destes.

Por coautor/a ou grupo de autores/as.

0,050 puntos

Por artigo ou revista.

0,020 puntos

b) Por publicacións de carácter científico sobre a disciplina obxecto do concurso.

Ata 0,750 puntos

No referente a materiais publicados en soportes especiais como vídeos, CD-Rom, etc. será necesario aportar a documentación impresa que poidan acompañar a estas publicacións (portadas, folletos explicativos dos obxectivos e contidos, impresións, etc.).

No caso das publicacións que só se dean en formato electrónico presentarase un informe oficial no cal o organismo emisor certificará que a publicación aparece na base de datos bibliográfica. Neste documento indicarase a base de datos, o título da publicación, os/as autores/as, a revista, o volume, o ano e a páxina inicial e final.

Os exemplares correspondentes.

Por autor ou autora.

0,150 puntos

Documentos xustificativos destes.

Por coautor/a ou grupo de autores/as.

0,050 puntos

Por artigo ou revista.

0,020 puntos

Disposicións complementarias:

Primeira. Unicamente serán baremados aqueles méritos perfeccionados e xustificados ata a data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

Segunda. Para os efectos da epígrafe 1.2, non se poderán acumular as puntuacións cando os servizos fosen prestados simultaneamente en máis dun centro docente.

Os servizos prestados no estranxeiro acreditaranse mediante certificacións expedidas polos ministerios de educación dos respectivos países ou autoridades públicas competentes, nas que deberán constar o tempo de prestación de servizos, con data de inicio e de fin do nomeamento, e o carácter de centro público ou privado, o nivel educativo e a materia impartida. Cando non se acredite o nivel educativo ou este non coincida co da convocatoria, entenderanse como servizos prestados en diferente nivel educativo. Os ditos certificados deberán presentarse traducidos ao castelán ou ao galego.

Terceira. Nas seguintes epígrafes, por cada mes, sumarase as seguintes puntuacións:

– Na epígrafe 1.1: 0,0417 puntos.

– Na epígrafe 1.2 letras a), b) e d): 0,025 puntos.

– Na epígrafe 1.2 letras c), e) e f): 0,0167 puntos.

Cuarta. En ningún caso serán valorados aqueles cursos que teñan como finalidade a obtención dun título académico.

Quinta. Cando os cursos ou actividades viñesen expresados en horas e créditos, atenderase ao número de horas, considerando que cada dez (10) horas equivalen a un (1) crédito. Para o suposto de que algunha persoa aspirante presente algún curso ou actividade de formación en créditos ECTS (European Credit Transfer System) sen que figure o número de horas, considerarase que cada crédito ECTS equivale a 25 horas.

Os certificados nos que non conste a duración en horas ou créditos non serán valorados, aínda que aparezan nestes os días ou meses durante os que tiveron lugar.

Sexta. As persoas aspirantes non poderán ter máis de dez (10) puntos pola valoración dos seus méritos.

ANEXO IV
Lingua Galega

Tema 1. Formación da lingua galega. Niveis de lingua e tratamento escolar.

Tema 2. A realidade actual da lingua: status legal e escolar. A normalización lingüística no ensino.

Tema 3. Particularidades fonéticas, morfosintácticas e léxicas do galego en relación coas linguas limítrofes. Tratamento escolar das interferencias.

Tema 4. Vocalismo e consonantismo.

Tema 5. O texto. Temas e subtemas. Esquema oracional. Oración simple e composta. Coordinación e subordinación.

Tema 6. O substantivo e o adxectivo. Oracións subordinadas substantivas. Oracións subordinadas adxectivas.

Tema 7. Pronomes persoais. Formas, funcións e colocación con respecto ao verbo.

Tema 8. Artigos, posesivos, demostrativos, numerais, indefinidos e interrogativos.

Tema 9. O verbo. Verbos irregulares. A perífrase.

Tema 10. Adverbios, preposicións, conxuncións e interxeccións. As oracións subordinadas adverbiais.

ANEXO V
Corpo de profesores de ensinanza secundaria

Especialidades das materias comúns

O exercicio práctico ao que fai referencia a base 12.3.1 desta orde de convocatoria axustarase ao seguinte:

Os tribunais proporán dúas opcións de proba práctica, das cales a persoa aspirante escollerá unha, que a súa vez poderá constar de varias partes, agás na proba de identificación (macroscópica ou microscópica), interpretación e análise de representacións de individuos ou procesos naturais, biolóxicos ou xeolóxicos (coñecida como exercicio de «visu») da especialidade de Bioloxía e Xeoloxía.

O tribunal dará a coñecer ás persoas opositoras, de ser o caso, os medios técnicos e a documentación de apoio necesaria para o seu desenvolvemento.

O tribunal valorará, ademais do resultado correcto, se as persoas opositoras posúen as capacidades de tipo instrumental necesarias, e terá en conta o procedemento seguido ou descrito por estas persoas para a realización das probas prácticas.

• Filosofía.

O exercicio práctico constará de tres partes:

– Comentario dun texto filosófico.

– Comentario e análise de cuestións de carácter ético e/ou sociolóxico.

– Comentario e análise de cuestións de carácter lóxico e/ou epistemolóxico.

O tempo para a realización do exercicio será o que estableza o tribunal, sen que poida exceder de tres (3) horas.

• Latín.

Consistirá na realización dos seguintes exercicios:

1. Un texto en prosa ou en verso para traducilo sen dicionario.

2. Un texto en prosa para a súa tradución con dicionario e comentario sintáctico-estilístico, sociocultural ou histórico, segundo as características do autor.

3. Un texto en verso para a súa tradución con dicionario e comentario fonético-morfolóxico e métrico.

O tempo para a realización do exercicio será o que estableza o tribunal, sen que poida exceder de tres (3) horas.

• Lingua Castelá e Literatura.

Consistirá na realización de todos ou dalgún dos seguintes exercicios:

1. Un comentario filolóxico dun texto anterior ao século XVIII.

2. Un comentario literario dun texto dun autor do Século de Ouro.

3. Un comentario lingüístico dun texto dun autor dos séculos XIX ou XX.

O tempo para a realización do exercicio será o que estableza o tribunal, sen que poida exceder de tres (3) horas.

• Xeografía e Historia.

Consistirá na realización de todos ou dalgún dos seguintes exercicios:

1. Confección e interpretación de mapas históricos e xeográficos.

2. Comentario de textos históricos.

3. Elaboración e comentario de gráficos e diagramas.

4. Comentario de obras de arte.

O tempo para a realización do exercicio será o que estableza o tribunal, sen que poida exceder de tres (3) horas.

• Matemáticas.

Consistirá na resolución de:

– Cuestións e/ou problemas propostos polo tribunal relacionados co temario ou co currículo que se vai impartir nas etapas de ensino secundario obrigatorio e bacharelato.

O tempo para a realización do exercicio será o que estableza o tribunal, sen que poida exceder de tres (3) horas.

• Física e Química.

Consistirá na resolución de:

– Cuestións e/ou problemas propostos polo tribunal relacionados co temario ou co currículo que se vai impartir nas etapas de ensino secundario obrigatorio e bacharelato.

O tempo para a realización do exercicio será o que estableza o tribunal, sen que poida exceder de tres (3) horas.

• Bioloxía e Xeoloxía.

Consistirá na realización de todos ou dalgún dos seguintes exercicios:

1. Identificación (macroscópica ou microscópica), interpretación e análise de representacións de individuos ou procesos naturais, biolóxicos ou xeolóxicos.

2. Resolución de problemas ou cuestións de xenética, bioquímica e ecoloxía.

3. Interpretación de mapas e cortes xeolóxicos.

4. Exposición de elementos (aspectos materiais, temporais, desenvolvemento, seguridade) que configuran a realización dunha práctica de laboratorio.

• Debuxo.

Consistirá no seguinte:

a) Resolución de dous exercicios sobre diferentes sistemas de representación gráfica.

b) Realización dunha composición plana de expresión plástica ou cor sobre soporte papel. A composición estará relacionada cos contidos do currículo das materias asignadas á especialidade na educación secundaria ou bacharelato.

O persoal aspirante deberá ir provisto dos instrumentos de debuxo e medida que considere adecuados, tendo en conta que o procedemento pictórico da composición poderá ser lapis, ceras, tintas ou calquera outro, excluídos os aglutinantes líquidos ou viscosos (pintura á auga, ao aceite, etc.).

O tempo para a realización do exercicio será o que estableza o tribunal, sen que poida exceder de tres (3) horas.

• Francés.

Consistirá na realización de:

1. Exercicio consistente en respostas a preguntas formuladas sobre o uso funcional da lingua e a cuestións acordes cos procedementos da área sobre aspectos lingüísticos, literarios ou socioculturais, a partir dun texto en prosa en lingua francesa (novela, ensaio ou artigo periodístico).

2. Exercicio de redacción sobre un tema de actualidade.

O tempo para a realización desta proba será o que estableza o tribunal, sen que poida exceder de tres (3) horas.

• Inglés.

Consistirá na realización de:

1. Exercicio consistente en respostas a preguntas formuladas sobre o uso funcional da lingua e a cuestións acordes cos procedementos da área sobre aspectos lingüísticos, literarios ou socioculturais, a partir dun texto en prosa en lingua inglesa (novela, ensaio ou artigo periodístico).

2. Exercicio de redacción sobre un tema de actualidade.

O tempo para a realización desta proba será o que estableza o tribunal, sen que poida exceder de tres (3) horas.

• Portugués.

Consistirá na realización de:

1. Exercicio consistente en respostas a preguntas formuladas sobre o uso funcional da lingua e a cuestións acordes cos procedementos da área sobre aspectos lingüísticos, literarios e socioculturais, a partir dun texto en prosa en lingua portuguesa (novela, ensaio ou artigo xornalístico).

2. Exercicio de redacción sobre un tema de actualidade. O tempo para a realización desta proba será o que estableza o tribunal, sen que poida exceder tres (3) horas.

• Música.

A proba práctica consistirá na realización de tres exercicios:

1. Análise por escrito (melódica, agóxico-dinámica, tímbrica, harmónico-contrapuntística, formal e estilística) dunha peza musical e a súa aplicación didáctica. A peza musical será proposta polo tribunal, quen facilitará unha copia da partitura a cada persoa aspirante. Para a realización deste exercicio as persoas aspirantes disporán de tres horas e media.

2. Interpretación dunha obra ou fragmento de libre elección por parte da persoa aspirante. Esta interpretación executarase sen acompañamento musical e terá unha duración máxima de dez (10) minutos. A persoa aspirante poderá realizar este exercicio ben no teclado que estará a disposición na sala da proba, ou ben co instrumento que achegue. No caso das persoas aspirantes que elixan unha obra cantada, esta deberá ser interpretada a cappella. Cada persoa aspirante facilitará ao tribunal dúas copias da partitura da peza musical que vaia interpretar, a cal deberá estar publicada.

3. Interpretación dunha peza musical de libre elección pola persoa aspirante, dunha duración máxima de cinco (5) minutos. A interpretación realizarase cantando, e/ou na frauta doce, e/ou en instrumento/s escolar/es de percusión. Cada persoa aspirante deberá achegar os instrumentos que precise para a realización deste exercicio, e facilitará ao tribunal dúas copias da partitura da peza musical que vaia interpretar, a cal poderá ou non estar publicada.

A cualificación final da proba será a media aritmética das notas obtidas en cada un dos tres exercicios.

• Educación Física.

Consistirá na resolución por escrito dun ou varios supostos prácticos elaborados polo tribunal, que versarán sobre os temas do temario e/ou dos bloques de contidos da educación física na educación secundaria obrigatoria e no bacharelato.

O tempo para a realización do exercicio será o que estableza o tribunal, sen que poida exceder de tres (3) horas.

• Orientación educativa.

Consistirá na resolución de supostos prácticos relacionados con contidos do temario e que deberán versar sobre algunha ou varias das seguintes materias:

1. Orientación profesional.

2. Avaliación psicopedagóxica e ditame de escolarización.

3. Atención á diversidade.

4. Apoio ao proceso de ensino-aprendizaxe.

5. Apoio ao plan de acción titorial.

O tempo para a realización do exercicio será o que estableza o tribunal, sen que poida exceder de dúas (2) horas.

• Tecnoloxía.

Consistirá na resolución de:

Cuestións e/ou problemas propostos polo tribunal relacionados co temario ou currículo que se vai impartir nas etapas de ensino secundario obrigatorio e bacharelato.

O tempo para a realización do exercicio será o que estableza o tribunal, sen que poida exceder de tres (3) horas.

• Lingua Galega e Literatura.

Consistirá na realización de todos ou dalgún dos seguintes exercicios:

1. Comentario filolóxico dun texto da Idade Media.

2. Comentario lingüístico dun texto dos séculos XIX, XX e XXI.

3. Comentario literario dun texto dos séculos XIX, XX e XXI.

O tempo para a realización do exercicio será o que estableza o tribunal, sen que poida exceder de tres (3) horas.

• Economía.

A proba consistirá na resposta a cuestións que o Tribunal formule sobre problemas ou situacións relevantes e actuais de economía xeral e da empresa. Ditas cuestións versarán sobre a aplicación de contidos e métodos que permitan analizar, comentar, comprender e explicar os problemas ou as situacións formuladas, así como propoñer solucións razoadas aos mesmos.

Poderase utilizar calculadora a criterio do tribunal.

O tempo para a realización do exercicio será o que estableza o tribunal, sen que poida exceder de tres (3) horas.

Especialidades de formación profesional

En todas as probas prácticas correspondentes ás especialidades deste corpo:

Os tribunais darán a coñecer, oportunamente, ao persoal opositor os medios técnicos para o desenvolvemento das prácticas que compoñen a proba.

Os tribunais valorarán non só o produto final, senón o procedemento que seguiu o persoal opositor para alcanzar o resultado final, a idoneidade das técnicas e materiais descritos, así como, a viabilidade e cumprimento da normativa vixente na planificación e programación.

A duración máxima das probas será de tres (3) horas.

• Administración de Empresas.

O tribunal propón dúas opcións de proba práctica, das cales o persoal aspirante elixe unha.

Cada unha das opcións da proba consiste na realización de simulacións e/ou resolución de exercicios e supostos, en calquera caso relacionados cun ou varios dos ámbitos seguintes:

1. Proceso contable das operacións económicas e financeiras, confección de libros e rexistros de contabilidade, e elaboración das contas anuais, aplicando o Plan xeral contable. Tratamento informático do proceso contable.

2. Cálculo de custos e punto morto.

3. Análise económica e financeira.

4. Formalización das obrigacións fiscais.

5. Previsións de tesourería, control de plans orzamentarios, e xestión e control de tesourería.

6. Cálculo de operacións financeiras, e xestión de pagos e cobranzas.

7. Selección de investimentos.

8. Medios de financiamento con clientes, provedores e institucións financeiras.

9. Análise e contratación de servizos e/ou produtos financeiros e/ou de seguros, e formalización de documentación.

10. Análise económica e financeira de valores mobiliarios.

11. Selección de persoal, formalización e rexistro de documentos de contratación, cuantificación de retribucións e de cotizacións na Seguridade Social, xestión da documentación de persoal nos organismos públicos, e planificación de actividades de formación.

12. Análise e xestión dun servizo de auditoría.

13. Tramitación de asuntos, expedientes ou reclamacións, na Administración pública e formalización de documentación.

14. Xestión das comunicacións internas e externas, tanto orais como escritas, da empresa.

15. Atención ao público e protocolo.

16. Organización de entrevistas, reunións, acontecementos corporativos, viaxes nacionais e internacionais. Cálculo de custos de actos e reunións, e control do tempo.

17. Elaboración e/ou valoración dun proxecto empresarial.

• Construcións Civís e Edificación.

Cada unha das opcións da proba consiste na realización de simulacións e/ou resolución de exercicios e supostos, en calquera caso, relacionados cun ou varios dos ámbitos seguintes:

1. Operacións topográficas. Planificación de traballos de campo. Estacionamento e orientación de aparellos. Reconsideración de puntos e aliñacións. Cálculo de itinerarios.

2. Urbanismo. Elaboración de propostas de reparcelamento. Cálculo de aproveitamentos resultantes.

3. Servizos de subministración urbanos e de rede de sumidoiros. Definición en planta de redes básicas. Indicación e situación de elementos. Determinación de demandas. Definición de perfís.

4. Proxectos viarios. Definición de aliñacións e perfís. Representación de seccións tipos.

5. Determinación de volumes de movemento de terras. Representación de detalles construtivos de elementos. Planificación do desenvolvemento de proxectos.

6. Construción de edificios. Definición de solucións construtivas. Identificación dos materiais. Representación de seccións construtivas de conxunto.

7. Estruturas. Elaboración de estados de cargas. Determinación de accións, esforzos e tensións. Determinación das dimensións de elementos estruturais.

8. Instalacións de edificios. Definición en planta e sección. Concreción de esquemas de trazado, localización e elementos. Determinación de necesidades.

9. Estudos de seguridade. Completamento de estudos de seguridade. Elaboración de plans de seguridade.

10. Medicións e orzamentos. Completamento de estados de medicións. Definición das unidades, os redactados e os detalles. Realización de formularios de medicións detalladas.

11. Determinación de escandallos. Definición da man de obra, os materiais e os medios auxiliares. Axustes dos orzamentos.

12. Organización, planificación e control de obra. Axustes de planificacións. Elaboración de diagramas. Determinación dos recursos humanos, materiais e de maquinaria.

13. Organización de ámbitos de traballo. Concreción das localizacións das zonas e os elementos.

• Formación e Orientación Laboral.

O tribunal propón dúas opcións de proba práctica, das cales o persoal aspirante elixe unha.

Cada unha das opcións da proba consiste na realización de simulacións e/ou resolución de exercicios e supostos, en calquera caso relacionados cun ou varios dos ámbitos seguintes:

1. Proceso de orientación laboral e procura de emprego, fontes e técnicas de procura de traballo e análise de información.

2. Mercado de traballo, competencias profesionais e itinerarios profesionais e formativos.

3. Habilidades de traballo en equipo e negociación de conflitos.

4. Aplicación de dereitos e deberes laborais básicos e normativa relacionada.

5. Interpretación dos diferentes tipos de contratación e as súas características.

6. Análise das modificacións dos contratos de traballo e as súas consecuencias.

7. Análise e coñecemento de diferentes entidades xestoras da Seguridade Social, servizos e prestacións.

8. Xestión de conflitos colectivos e conflitos individuais nas relacións laborais.

9. Innovación empresarial. Actitudes e habilidades emprendedoras e valoración dun proxecto empresarial.

10. Previsións de tesourería e orzamentos. Interpretación de contas anuais.

11. Análise e características de diferentes formas xurídicas dunha empresa.

12. Análise da contorna laboral, os factores de risco e a súa relación coa saúde.

13. Identificación de riscos, avaliación, danos derivados e medidas de prevención e protección aplicables.

14. Dereitos e deberes, participación dos traballadores e organismos relacionados coa actividade preventiva.

15. Medidas e plan de autoprotección e plan de actuación. Primeiros auxilios.

• Informática.

O tribunal propón dúas opcións de proba práctica, das cales o persoal aspirante elixe unha.

Cada unha das opcións da proba consiste na realización de simulacións e/ou resolución de exercicios e supostos, en calquera caso relacionados cun ou varios dos ámbitos seguintes:

– Algoritmia e linguaxes.

1. Programación estruturada.

2. Programación orientada a obxectos.

3. Programación na internet.

– Base de datos.

1. Sistema de xestión de bases de datos relacionais modelo E/R. Normalización.

2. Linguaxes de definición e manipulación de datos. Linguaxe SQL.

3. Sistemas de bases de datos distribuídas. Administración de sistemas de bases de datos.

4. Seguridade nos datos.

– Enxeñaría de software.

1. Análise de funcións DFD.

2. Análise de datos modelos E/R.

– Redes e Comunicación.

1. Conectividade entre ordenadores. Protocolos de comunicación TCP/IP.

2. Redes de área local.

3. Servizos en rede

4. Seguridade en rede

• Organización e Xestión Comercial.

O tribunal propón dúas opcións de proba práctica, das cales o persoal aspirante elixe unha.

Cada unha das opcións da proba consiste na realización de simulacións e/ou resolución de exercicios e supostos, en calquera caso relacionados cun ou varios dos ámbitos seguintes:

1. Empresa e empresario/a. Viabilidade e posta en marcha da empresa.

2. Contabilidade e fiscalidade das empresas de servizos comerciais e do transporte.

3. Análise económica e financeira do patrimonio e dos resultados da empresa.

4. Xestión dos recursos humanos da empresa.

5. Técnicas de venda dos produtos e/ou os servizos á clientela.

6. Realización das operacións de venda e de atención á clientela.

7. Selección e negociación de provedores, e xestión de compras.

8. Negociación da venda, control, e formación e perfeccionamento do equipo de vendas.

9. Obtención, proceso e organización da información na investigación comercial.

10. Tratamento informático da información obtida e análise estatística.

11. Establecemento de políticas de márketing e control da acción publicitaria.

12. Márketing dixital, xestión de webs e sistemas de comunicación dixitais.

13. Relacións públicas e organización de eventos.

14. Técnicas de comunicación publicitaria. Medios e soportes de comunicación.

15. Administración e xestión dun pequeno establecemento comercial.

16. Planificación dunha investigación comercial, selección da canle de distribución e promoción do produto en operacións de comercio internacional.

17. Negociación de operacións de compravenda de mercadorías a nivel internacional.

18. Xestión administrativa nas operacións de importación e exportación, e de introdución e expedición de mercadorías, e formalización da documentación correspondente.

19. Selección do medio de financiamento e dos medios de pagamento máis adecuados para transaccións internacionais. Formalización e xestión da documentación.

20. Financiamento e medios de pagamento no comercio internacional. Formalización e xestión da documentación.

21. Determinación de riscos financeiros das operacións internacionais e a súa cobertura.

22. Organización do servizo de tráfico dunha empresa de transporte terrestre, e control das mercadorías e dos vehículos.

23. Planificación do servizo de liñas regulares e transporte discrecional no servizo de transporte terrestre.

24. Organización e comercialización dos servizos de transporte de mercadorías e de viaxeiros/as.

25. Control de establecementos, industrias, actividades, produtos e servizos dentro do ámbito do consumo. Inspeccións de consumo.

26. Plans de atención ás persoas consumidoras e usuarias de bens e servizos: defensa das persoas consumidoras; servizo de atención a persoas consumidoras e a clientes/as.

27. Organización e xestións de plans formativos e campañas de información en materia de consumo.

• Organización e Proxectos de Fabricación Mecánica.

O tribunal propón dúas opcións de proba práctica, das cales o persoal aspirante elixe unha.

Cada unha das opcións da proba consiste na realización de simulacións e/ou resolución de exercicios e supostos, en calquera caso relacionados cun ou varios dos ámbitos seguintes:

1. Procesos de fabricación, montaxe e reparación de elementos de fabricación mecánica.

2. Procesos de mantemento de primeiro nivel de maquinaria e equipos.

3. Procesos de xestión e control de calidade do proceso de fabricación e do produto acabado.

4. Procesos de tratamentos térmicos e superficiais en produtos de fabricación mecánica.

5. Elaboración da documentación técnica e parámetros de fabricación dun produto de fabricación mecánica.

6. Desenvolver o proxecto dun produto de fabricación mecánica.

7. Programación de máquinas de CNC, automatismos eléctricos, pneumáticos e hidráulicos e de procesos de produción de elementos de fabricación mecánica.

8. Seguridade nas industrias de fabricación mecánica.

• Procedementos de Diagnóstico Clínico e Ortoprotésico.

O tribunal propoñerá dúas opcións de proba práctica, das cales o persoal aspirante escollerá unha.

Cada unha das dúas opcións de proba consistirá na realización de simulacións e/ou resolución de exercicios e supostos, en calquera caso, relacionados cun ou varios dos ámbitos seguintes:

– Despensa de produtos farmacéuticos e parafarmacéuticos.

– Realización de fórmulas maxistrais.

– Determinación de parámetros habituais físicos, químicos, bioquímicos, hematolóxicos, inmunolóxicos e microbiolóxicos en mostras de sangue.

– Realización dunha análise física, química e microbiolóxica de augas e alimentos.

– Resolución de supostos de exploración radiolóxica.

– Elaboración de próteses completas, parciais acrílicas e metálicas, seguindo as indicacións da prescrición.

• Procedementos Sanitarios e Asistenciais.

O tribunal propoñerá dúas opcións de proba práctica, das cales o persoal aspirante escollerá unha.

Cada unha das dúas opcións de proba consistirá na realización de simulacións e/ou resolución de exercicios e supostos, en calquera caso, relacionados cos ámbitos seguintes:

1. Preparación de plans de coidados para pacientes.

2. Preparación de plans de prevención de infeccións nosocomiais.

3. Selección de material e posicións para unha determinada exploración ou instrumentación en consulta odontoestomatolóxica.

4. Procesamento de mostras de anatomía patolóxica.

5. Toma de mostras de alimentos e análise de determinación de características físico-químicas e microbiolóxicas.

6. Aplicación de tratamentos fisicoquímicos de conservación, hixienización e rexeneración dun alimento.

7. Tratamento de documentación sanitaria.

8. Exploración de hixiene bucodental: metodoloxía e selección de material.

• Procesos Comerciais.

O tribunal propoñerá dúas opcións de proba práctica, das cales o persoal aspirante escollerá unha.

Cada unha das dúas opcións de proba consistirá na realización de simulacións e/ou resolución de exercicios e supostos, en calquera caso, relacionados cun ou varios dos ámbitos seguintes:

1. Investigación de mercados; técnicas de obtención da información, e de análise e tratamento estatístico dos datos.

2. Realización de actividades de promoción do punto de venda.

3. Planificación de actuacións de merchandising no establecemento comercial: promoción do produto, organización do punto de venda, comunicación e información.

4. Definición e montaxe dun escaparate.

5. Organización de campañas de promoción e publicidade.

6. Organización, xestión e control do proceso de loxística comercial: almacenaxe e distribución nacional e internacional de mercadorías.

7. Xestión de existencias e control de inventarios.

8. Distribución do almacén, funcionamento e expedición de mercadorías.

9. Análise, selección e cálculo de custos no transporte internacional de mercadorías.

10. Definición de rutas de transporte internacional de mercadorías.

11. Formalización da documentación de transporte e seguro no transporte nacional e internacional de mercadorías.

12. Xestión administrativa das operacións de transporte de mercadorías e de viaxeiros/as.

13. Organización do sistema informático e dos procedementos de protección da información.

14. Mantemento operativo dos elementos informáticos; operatividade nun sistema de rede e nun sistema de teleproceso.

15. Aplicacións informáticas para o procesamento de textos e a creación de documentos, follas de cálculo, bases de datos, xeración de presentacións gráficas e integración entre aplicacións e documentos.

16. Transmisión e obtención de información a través de internet.

17. Ferramentas de comercio electrónico, administración de páxinas web, tendas virtuais e sistemas de comunicación dixital.

18. Planificación e deseño de medios e materiais publicitarios e informativos.

19. Planificación e xestión do servizo de atención ás persoas consumidoras.

20. Organización e xestión dos centros documentais: arquivos, bibliotecas e centros de documentación.

• Procesos de Xestión Administrativa.

O tribunal propoñerá dúas opcións de proba práctica, das cales o persoal aspirante escollerá unha.

Cada unha das dúas opcións de proba consistirá na realización de simulacións e/ou resolución de exercicios e supostos, en calquera caso, relacionados cun ou varios dos ámbitos seguintes:

1. Elaboración e formalización de documentación con equipos ofimáticos.

2. Sistemas de arquivos manuais e automatizados.

3. Tratamento informático de datos, mantemento de datos e información, e mantemento operativo dos equipos.

4. Instalación de programas informáticos, organización do sistema informático e dos procedementos de salvagarda da información. Mantemento operativo dos elementos informáticos e operativos nun sistema de rede.

5. Creación de documentos con medios informáticos: deseño de folla de cálculo e bases de datos: xeración de gráficos e integración entre aplicacións e documentos.

6. Tecnoloxía e comunicacións dixitais: hardware, periféricos, accesorios, conectividade, sincronización e interacción. Xestión de correo electrónico e axenda electrónica.

7. Ferramentas da internet para a empresa. Administración de espazos web, blogues e plataformas corporativas. Xestores de contidos.

8. Produción e formalización de cartas, comunicacións e outra documentación comercial, cuantificación de operacións comerciais, liquidación fiscal.

9. Valoración de ofertas de provedores, produción e formalización de documentos relacionados co proceso de aprovisionamento e almacenaxe, e proceso de control dos procesos administrativos de compra.

10. Operacións administrativas de compra venda e o seu tratamento fiscal.

11. Problemática de control de existencias e a súa valoración.

12. Proceso de negociación da venda, establecemento de condicións de contratación do produto ou servizo, formalización de documentos relacionados co proceso de venda, obtención de información sobre a clientela e proceso de control dos procesos administrativos de venda.

13. Seguimento, atención e asesoramento ao cliente, resolución de incidencias e reclamacións.

14. Formalización de contratos de persoal e outros relacionados coa retribución dos traballadores, cuantificación de retribucións e de cotizacións na Seguridade Social, e xestión da documentación de persoal nos organismos públicos. Control horario e xestión de ausencias.

15. Formalización de documentación de impresos oficiais da Administración pública e de procedementos de rexistro.

• Sistemas e Aplicacións Informáticas.

O tribunal propoñerá dúas opcións de proba práctica, das cales o persoal aspirante escollerá unha.

Cada unha das dúas opcións de proba consistirá na realización de simulacións e/ou resolución de exercicios e supostos, en calquera caso, relacionados cun ou varios dos ámbitos seguintes:

1. Interpretación de información contida en documentación técnica relativa a equipos e as súas características. Configuración de compoñentes de «hardware». Elección de compoñentes pola súa compatibilidade.

2. Manexo e interpretación de información contida na documentación de aplicacións e entornos de desenvolvemento.

3. Instalación, configuración, manexo de funcións e xestión de recursos nun sistema operativo monousuario.

4. Instalación, configuración, administración e explotación dun sistema operativo multiusuario.

5. Instalación, configuración, administración e explotación dun sistema de rede de área local.

6. Desenvolvemento, mantemento e verificación de programas de linguaxes con programación estruturada. Xestión de estruturas de datos internas. Ficheiros. Bases de datos relacionais.

7. Deseño e realización de interfaces gráficas de usuario. Ferramentas multimedia. Desenvolvemento, mantemento e verificación de programas nunha linguaxe de programación orientada a entornos gráficos. Ficheiros. Bases de datos relacionais.

• Equipos Electrónicos.

O tribunal propoñerá dúas opcións de proba práctica, das cales o persoal aspirante escollerá unha.

Cada unha das dúas opcións de proba consistirá na realización de simulacións e/ou resolución de exercicios e supostos, en calquera caso, relacionados cun ou varios dos ámbitos seguintes:

1. Cálculo e deseño de instalacións de infraestruturas comúns de telecomunicacións, segundo a normativa e regulamentación vixente, a partir de propostas de datos dun proxecto.

2. Configuración de sistemas de produción e emisión de sinais de televisión e de radio, recepción de sinais de televisión e de radio, telefonía e datos así como diagnóstico e localización de avarías en ditos sistemas.

3. Configuración, deseño e programas de sistemas controlados con microcontrolador a partir dos datos dun proxecto.

4. Configuración e mantemento de sistemas de redes inalámbricas locais e de área extensa.

5. Deseño, configuración e mantemento de infraestruturas de telefonía integral, datos e servizos de comunicacións en instalacións do sector secundario e terciario.

Corpo de profesores especialistas en sectores singulares de formación profesional

• Cociña e Pastelaría.

O tribunal propoñerá dúas opcións de proba práctica, das cales o persoal aspirante escollerá unha.

Cada unha das dúas opcións de proba consistirá na realización de simulacións e/ou resolución de exercicios e supostos, en calquera caso, relacionados cun ou varios dos ámbitos seguintes:

1. Procesos de aprovisionamento, manipulación en cru, preelaboración e conservación de todo tipo de alimentos.

2. Técnicas de preparación, realización e presentación de elaboracións culinarias, de pastelería, repostería e panadería.

3. Técnicas de preparación e presentación de pratos á vista do cliente.

4. Técnicas de preparación e presentación de diferentes tipos de pratos da cociña rexional, nacional e internacional.

5. Realización de cálculos e medidas de diferentes magnitudes relacionadas cos produtos culinarios.

6. Planificación dun servizo de bufete.

7. Identificación, características e valor nutricional dos alimentos.

8. Representación gráfica das zonas da cociña e do obradoiro, equipamentos e circuítos dos xéneros, produtos e residuos.

9. Aplicación dos manuais de boas prácticas.

• Estética.

Cada unha das dúas opcións da proba consistirá na realización de simulacións e/ou resolución de exercicios e supostos, en calquera caso, relacionados cun ou varios dos ámbitos seguintes:

1. Aplicación de técnicas e tratamentos de manicura e pedicura.

2. Realización de escultura de uñas.

3. Aplicación de técnicas de depilación e de hixiene, faciais e corporais.

4. Elaboración de protocolos dos tratamentos que se vaian realizar, aplicando técnicas de electroestética.

5. Elaboración de protocolos para a técnica de microimplantación de pigmentos e aplicar esta técnica.

6. Aplicación de técnicas de maquillaxe.

7. Deseño da maquillaxe de caracterización de efectos especiais, seleccionando procedementos, técnicas e recursos.

8. Deseño do tipo de prótese que sexa necesario utilizar en función do resultado do proceso de caracterización que haxa que obter. Identificación do tipo de material adecuado e selección das técnicas máis adecuadas para a fabricación das próteses, a partir do deseño do/da personaxe e do proceso de caracterización.

9. Realización da obtención dos moldes, as técnicas de modelaxe ou escultura, e as técnicas de baleirado, con destreza e seguridade, en función do personaxe que se vaia realizar.

10. Selección da técnica de masaxe, drenaxe etc., en función do tipo de alteración estrutural ou funcional detectada na circulación sanguínea, da presenza de estados de tensión psicolóxica ou neuromuscular, da tipoloxía das anomalías estéticas e dos criterios do persoal facultativo en tratamentos estéticos preoperatorios e postoperatorios, e tamén das demandas, necesidades ou preferencias da clientela.

11. Aplicación das técnicas de masaxe facial e corporal, drenaxe linfático manual, masaxe circulatoria manual, reflexoloxía podal, aromaterapia, cromoterapia e outros, segundo as demandas, as necesidades ou as preferencias da clientela e en función do protocolo establecido.

• Fabricación e Instalación de Carpintería e Moble.

O tribunal propoñerá dúas opcións de proba práctica, das cales o persoal aspirante escollerá unha.

Cada unha das dúas opcións de proba consistirá na realización de simulacións e/ou resolución de exercicios e supostos, en calquera caso, relacionados cun ou varios dos ámbitos seguintes:

1. Realización dun proxecto de fabricación de mobles que conterá os seguintes apartados:

– Representación de planos, vistas e perspectivas.

– Fabricación do elemento con medios tanto manuais como mecánicos e informáticos.

2. Realización dun proxecto de instalación de carpintería que conterá os seguintes apartados:

– Representación de planos, vistas e perspectivas.

– Fabricación do elemento con medios tanto manuais como mecánicos e informáticos.

• Mantemento de Vehículos.

O tribunal propoñerá dúas opcións de proba práctica, das cales o persoal aspirante escollerá unha.

Cada unha das dúas opcións de proba consistirá na realización de simulacións e/ou resolución de exercicios e supostos, en calquera caso, relacionados cun ou varios dos ámbitos seguintes:

1. Selección e interpretación de documentación técnica relacionada coa constitución e funcionamento dos produtos, elementos, conxuntos ou sistemas implicados.

2. Medida e comprobación de parámetros e o seu contraste cos valores determinados polo fabricante, seleccionando os equipamentos e instrumentos máis adecuados.

3. Realización de operacións de desmontaxe e/ou montaxe e mantemento de elementos, sistemas ou conxuntos pertencentes ao vehículo.

4. Posta a punto e axuste de sistemas de vehículo.

5. Interpretación de anomalías de funcionamento e a desviación de parámetros presentada no funcionamento dos sistemas.

6. Detección e reparación de avarías ou desperfectos provocados no vehículo.

7. Realización de taxacións e elaboracións de orzamentos.

• Soldadura.

O tribunal propoñerá dúas opcións de proba práctica, das cales o persoal aspirante escollerá unha.

Cada unha das dúas opcións de proba consistirá na realización de simulacións e/ou resolución de exercicios e supostos, en calquera caso, relacionados cun ou varios dos ámbitos seguintes:

1. Construción de calderaría ou estrutura metálica, efectuándose algunhas das seguintes operacións:

– Elaboración do proceso do traballo.

– Desenvolvemento e trazado dos elementos estruturais ou de calderaría especificados en plano.

– Cortado e conformado.

– Montaxe de elementos.

– Realización das unións de acordo coas especificacións indicadas no plano.

2. Aplicación de técnicas de unión por soldadura.

– Especificación do procedemento de soldadura de acordo co código de fabricación indicado na documentación entregada.

– Realización dunha unión por soldadura, aplicando o procedemento especificado.

Corpo de mestres

O exercicio práctico á que fai referencia a base 13.3.1 da presente orde de convocatoria versará nas especialidades do corpo de mestres sobre un ou varios dos aspectos seguintes:

• Educación Infantil.

1. Etapas máis significativas no desenvolvemento do neno de 0 a 6 anos.

2. Correntes pedagóxicas e psicolóxicas e influencia na educación infantil.

3. Conceptos básicos que debe dominar o neno, previos á lecto-escritura.

4. Metodoloxía sobre a prelectura e a preescritura.

5. Resolución ou fundamentación teórica dun caso práctico proposto polo tribunal.

O tempo para a realización do exercicio será o que estableza o tribunal, sen que poida exceder de dúas (2) horas.

• Lingua Estranxeira: Inglés.

Versará sobre a lectura comprensiva dun texto neste idioma con preguntas e respostas por escrito referidas ao texto.

O tempo para a realización do exercicio será o que estableza o tribunal, sen que poida exceder de dúas (2) horas.

• Lingua Estranxeira: Francés.

Versará sobre a lectura comprensiva dun texto neste idioma con preguntas e respostas por escrito referidas ao texto.

O tempo para a realización do exercicio será o que estableza o tribunal, sen que poida exceder de dúas (2) horas.

• Educación Física.

Resolución dun ou varios supostos prácticos elaborados polo tribunal. Estes supostos versarán sobre o temario e/ou sobre os bloques dos contidos da educación física na educación primaria.

O tempo para a realización do exercicio será o que estableza o tribunal, sen que poida exceder de dúas (2) horas.

• Música.

Constará de dúas partes:

a) Escrita, que deberá incluír:

1. Composición dunha peza vocal e instrumental para utilizar na aula, sobre un texto dado polo tribunal.

2. Composición libre dunha peza musical, xustificando a súa adaptación ao estado madurativo do alumnado.

3. Análise dun fragmento musical de tipo folclórico.

b) De interpretación:

1. Lectura dun fragmento musical seleccionado polo tribunal.

2. Interpretación, coa voz ou cun instrumento achegado polo persoal opositor, dun fragmento musical sobre unha partitura seleccionada polo tribunal.

O tempo para a realización do exercicio será o que estableza o tribunal, sen que poida exceder de dúas (2) horas.

• Pedagoxía Terapéutica.

1. Organización da atención á diversidade nun centro ordinario que escolariza alumnado con necesidades educativas especiais.

2. Características fundamentais do proxecto educativo dun centro específico de educación especial.

3. Criterios básicos para a elaboración de adaptacións curriculares e ampliación e desenvolvemento das mesmas.

4. Competencias do profesorado de apoio (alumnado NEAE, aula, centro e familias).

5. Resolución ou fundamentación teórica dun caso práctico proposto polo tribunal.

O tempo para a realización do exercicio será o que estableza o tribunal, sen que poida exceder de dúas (2) horas.

• Audición e Linguaxe.

1. Organización da atención á diversidade nun centro ordinario que escolariza alumnado con necesidades educativas especiais.

2. Características fundamentais do proxecto educativo dun centro específico de educación especial.

3. Criterios básicos para a elaboración de adaptacións curriculares e ampliación e desenvolvemento destas.

4. Competencias do profesorado de apoio (alumnado NEAE, aula, centro e familias).

5. Bases anatómicas, fisiolóxicas e neurolóxicas da linguaxe.

6. A estimulación precoz na adquisición e desenvolvemento da linguaxe.

7. Sistemas aumentativos e alternativos de comunicación.

8. Resolución ou fundamentación teórica dun caso práctico proposto polo tribunal.

O tempo para a realización do exercicio será o que estableza o tribunal, sen que poida exceder de dúas (2) horas.

• Educación Primaria.

1. Diferentes aspectos das programacións didácticas de educación primaria e a súa aplicación na aula.

2. Titoría, orientación e medidas de atención á diversidade.

3. Incorporación das TIC na programación didáctica da aula para fomentar o desenvolvemento da competencia dixital.

4. Proxecto lector do centro: actuacións para a biblioteca de centro, biblioteca de aula, propostas de animación a lectura, fomento da escritura.

O tempo para a realización do exercicio será o que estableza o tribunal, sen que poida exceder de dúas (2) horas.

ANEXO VI
Corpo de profesores de ensino secundario: especialidades que imparten
a ESO e o Bacharelato (590)
Corpo de mestres (597)
Rúbrica da segunda proba da fase oposición - A (Programación didáctica)

Corpo:

Especialidade:

Tribunal nº:

Data:

Hora:

Nome e apelidos do membro do tribunal:

P

V1

V2

V3

V4

Nome e apelidos do/da opositor/a:

DNI do/da opositor/a

A. Contextualización da programación didáctica. Ata 0,50 puntos.

0

Non menciona referencias ao contexto no que se enmarca a programación.

Menciona o contexto no que se enmarca a programación, pero de xeito moi xenérico.

Menciona o contexto da PD recollendo as características xerais do alumnado.

Xustifica o contexto da PD, recollendo as características propias do centro e do alumnado que teñen relevancia no proceso de ensino e aprendizaxe na área/materia no nivel educativo para o que se programa.

0,50

A xustificación é completa, define o contexto no que se enmarca a PD recollendo as características propias do centro, do alumnado e da área que teñen relevancia no proceso de ensino e aprendizaxe. Nomea outros factores relevantes que inflúen na ensinanza desa área/materia e o nivel educativo para o que se programa.

Observacións

B. Obxectivos da área e a súa contribución ao desenvolvemento das competencias clave. Ata 0,75 puntos.

0

Non menciona os diferentes elementos curriculares.

Menciona, de xeito xenérico, os obxectivos de áreas e as competencias clave, pero non concreta a súa relación.

Menciona os elementos curriculares, xustificando a relación entre os obxectivos de áreas e as competencias clave.

Xustifica os distintos elementos curriculares que integran a PD e deixa clara a súa vinculación.

Concreta a importancia que ten cada un dos obxectivos da área/materia.

Menciona as relacións que se establecen entre os obxectivos da área e as competencias clave.

0,75

Xustifica os distintos elementos curriculares que integran a PD e deixa clara a súa vinculación.

Concreta a importancia que ten cada un dos obxectivos da área/materia para o curso para o que se programa, exemplificando a súa relación cos contidos e os criterios de avaliación da área/materia.

Xustifica e concreta as relacións que se establecen entre os obxectivos da área e as competencias clave, a través dos descritores operativos que conforman o perfil de saída para a área/materia para a que se programa. (No caso da especialidade de educación infantil este parágrafo queda redactado como: Xustifica de maneira práctica a adquisición das competencias clave por parte do alumnado)

Observacións

C. Relación de unidades didácticas, temporización e secuenciación. Ata 0,75 puntos.

0

Non menciona a temporización e a secuenciación das UD.

Menciona, de xeito xenérico, a temporización das UD, pero a secuenciación non ten en conta as características do alumnado.

Menciona a temporización das UD e a secuenciación das mesmas tendo en conta as características do alumnado e do centro.

Xustifica a temporización das UD tendo en conta o número de sesións semanais da área/materia.

Establece unha secuencia das UD ao longo do curso; estas parten das características do alumnado e dos coñecementos, destrezas e actitudes propias da área/materia.

0,75

Xustifica a temporización das UD, diferenciando entre UD secuencias e/ou transversais, tendo en conta o calendario escolar e o número de sesións semanais da área/materia.

Establece unha secuencia lóxica das UD ao longo do curso; estas parten do nivel de desenvolvemento do alumnado e das súas aprendizaxes previas, das características do centro, dos coñecementos, destrezas e actitudes propias da área/materia e as situacións de aprendizaxe propostas desenvolven actividades competencias relacionadas coa vida real.

Observacións

D. Metodoloxía. Ata 1,00 punto.

0

Non menciona a metodoloxía.

Ten metodoloxía moi xenérica pero non ten en conta as características do alumnado.

Ten unha metodoloxía variada especificando as estratexias de aprendizaxe utilizadas.

A metodoloxía é variada e especifica as estratexias de aprendizaxe, os agrupamentos e as formas de organización do espazo e dos tempos.

Xustifica os materiais e recursos didácticos utilizados.

1,00

A metodoloxía é concreta, coherente e ten en conta as liñas de actuación recollidas nas orientacións pedagóxicas do currículo e os principios metodolóxicos, así como o contexto e as características do alumnado.

Concreta e xustifica as diferentes estratexias/técnicas/métodos de aprendizaxe, tipos de agrupamentos, as formas de organización do espazo e dos tempos, que utilizará ao longo do curso.

Os materiais e recursos didácticos utilizados son variados e axeitados, tendo en conta o contexto do centro educativo e as características do alumnado.

Observacións

E. Avaliación. Ata 1,00 punto (Non procede na especialidade de Educación Infantil)

0

Non menciona a avaliación do proceso de aprendizaxe.

Menciona instrumentos de avaliación pero non son variados e acordes ao que realmente se quere avaliar.

Hai criterios de cualificación, pero non son claros e concisos.

Menciona unha avaliación inicial e especifica os momentos nos que se realiza.

Emprega instrumentos de avaliación variados.

Especifica criterios de cualificación, os relaciona cos criterios de avaliación.

Realiza unha avaliación inicial, especifica os momentos, as técnicas e os instrumentos de avaliación empregados.

Emprega instrumentos de avaliación acordes ao que se pretende avaliar.

Establece un peso e un mínimo de consecución para cada criterio de avaliación.

Xustifica os criterios de cualificación que o docente emprega para construír a cualificación dun alumno/a.

1,00

Realiza unha avaliación inicial especificando o tipo de información que se desexa obter de cada alumno/a, as técnicas e instrumentos utilizados, así como os momentos e as accións que se desenvolverán co alumnado que se incorpore ao longo do curso.

Emprega instrumentos de avaliación variados, acordes aos criterios de avaliación e ás características do alumnado.

Establece os mínimos de consecución en función dos criterios de avaliación e a súa redacción é precisa, clara e parte do criterio de avaliación e do/s contido/s de referencia.

Os criterios de avaliación das UD son coherentes e equilibrados aos contidos seleccionados para cada UD, e o peso asignado a cada criterio dentro de cada UD é coherente coa cualificación final da UD.

Xustifica de maneira clara os criterios de cualificación que o docente emprega para construír a cualificación dun alumno/a, tanto das distintas UD, como das avaliacións parciais e da avaliación final.

Establece uns criterios de recuperación concretos para o alumnado que obtivo cualificacións negativas ao longo do curso.

Observacións

E. Avaliación. Ata 1,00 punto (Soamente para a especialidade de Educación Infantil).

0

Non menciona a avaliación do proceso de aprendizaxe.

Menciona as técnicas e os instrumentos de avaliación pero non son variados nin coherentes coa formulación dos criterios de avaliación.

Menciona técnicas de avaliación variadas e os instrumentos de avaliación son coherentes cos criterios de avaliación.

Xustifica as diferentes técnicas e instrumentos de avaliación, son coherentes cos criterios de avaliación e a formulación dos mínimos de consecución.

Xustifica, en termos cualitativos, como se chega á valoración do proceso de aprendizaxe.

1,00

Xustifica e explica as diferentes técnicas e instrumentos de avaliación. Estes son coherentes cos criterios de avaliación e os mínimos de consecución, e atópanse adaptados aos diferentes trimestres.

Emprega técnicas e instrumentos de avaliación adaptados ao alumnado que presenta NEAE.

Xustifica, en termos cualitativos, como se chega á valoración do proceso de aprendizaxe e o progreso efectuado polo alumnado, así como a información relativa ao seu proceso de integración socioeducativa.

Observacións

F. Medidas de atención á diversidade. Ata 1,00 punto.

0

Non menciona medidas de atención á diversidade.

Menciona medidas de atención á diversidade, pero con referencias moi xenéricas (presenta unicamente alumnado tipo para xustificar).

Menciona medidas de atención á diversidade puntuais para o alumnado que presenta NEAE e nomea os protocolos de atención á diversidade.

Establece de xeito xenérico medidas de atención para todo o alumnado.

Xustifica medidas concretas de atención á diversidade (tanto ordinarias como extraordinarias) e acordes ás características e necesidades do alumnado que presenta NEAE, tendo en conta os protocolos de atención á diversidade.

1,00

Concreta, de xeito claro e conciso, as estratexias do deseño universal da aprendizaxe que se aplicarán na aula, xustificando medidas ordinarias de atención á diversidade para dar resposta ás diferentes características, intereses e motivacións de todo o alumnado, e tendo en conta as características e os recursos do centro.

Xustifica medidas extraordinarias para atender ás necesidades do alumnado NEAE, utilizando distintos recursos e xustificando a intervención educativa seguindo o establecido nos distintos protocolos de atención á diversidade.

Establece medidas para a atención educativa virtual ao alumnado que presenta dificultades para asistir ao centro.

Observacións

G. Transversal. Ata 0,50 puntos.

0

Non menciona os elementos transversais e non conta con actividades complementarias.

Menciona, de xeito xenérico, os elementos transversais e conta con actividades complementarias pero sen concretar os recursos e o momento nos que se van realizar.

Establece como se van traballar os distintos elementos transversais ao longo do curso.

Establece a realización de actividades complementarias (en horario lectivo ou que abarcan parte do mesmo), indicando o momento, espazo e recursos que utiliza.

Xustifica como se van traballar os distintos elementos transversais ao longo do curso tendo en conta o contexto e as características do alumnado.

Xustifica a realización de actividades complementarias (en horario lectivo ou que abarcan parte do mesmo), como complemento aos contidos traballados e xustificando o momento, espazo e recursos que utiliza.

0,50

Concreta e xustifica como se van traballar os distintos elementos transversais en relación ao contexto, ás características do alumnado e aos contidos traballados nas distintas unidades didácticas.

Concreta a realización de actividades complementarias (en horario lectivo ou que abarcan parte do mesmo), como complemento ao aprendido e para facilitar as aprendizaxes do alumnado, xustificándoas cos elementos curriculares e indicando o seu carácter diferenciado polo momento, espazo e recursos que utiliza.

Observacións

H. Práctica docente. Ata 0.50 puntos

0

Non menciona a avaliación do proceso de ensino nin da práctica docente, nin o seguimento e avaliación da propia programación didáctica.

Menciona de xeito xenérico e pouco preciso a avaliación do proceso de ensino e da práctica docente, así como o seguimento e avaliación da propia programación didáctica.

Establece a avaliación do proceso de ensino e da práctica docente, así como o seguimento e avaliación da propia programación didáctica, concretando os instrumentos de avaliación utilizados e a súa temporización.

Xustifica o procedemento para avaliar o proceso de ensino e a práctica docente, así como o procedemento de seguimento e avaliación da propia programación didáctica, especificando indicadores de logro medibles e realistas.

Indica os instrumentos de avaliación empregados para medir os indicadores e a periodicidade da súa aplicación.

Xustifica a posta en común co resto do profesorado.

0,50

Concreta e xustifica o procedemento para avaliar o proceso de ensino e a práctica docente, así como o procedemento de seguimento e avaliación da propia programación didáctica, especificando indicadores de logro medibles e realistas.

Indica os instrumentos de avaliación empregados para medir os indicadores, a periodicidade da súa aplicación, así como aplicacións informáticas que emprega no procedemento.

Concreta e xustifica a posta en común co resto do profesorado, reflectindo o grao de cumprimento respecto ao planificado, de cara a valorar as propostas de modificación e/ou de mellora.

Observacións

I. Outros aspectos a valorar. Ata 4,00 puntos.

Comunicación

Claridade expositiva. Fluidez.

Intensidade e prosodia utilizada no discurso.

Dominio e credibilidade transmitida.

Orixinalidade e carácter innovador da exposición.

Organización

Grao de interiorización da programación didáctica.

Estrutura e control do tempo.

Xustificación

Propostas innovadoras relacionadas directamente coa área/materia e as novas tendencias actuais do sistema educativo.

Utilización da normativa como soporte ás explicacións e non como unha mera enumeración.

Documento da PD

A programación contén os elementos recollidos na normativa.

Emprégase unha linguaxe inclusiva ao longo de todo o documento e a normativa mencionada ao longo do documento está en vigor.

A redacción do documento presenta unha terminoloxía adecuada, respectando as normas ortográficas e gramaticais.

A presentación do documento é orixinal.

Observacións

Cualificación total:

Rúbrica da segunda proba da fase oposición - B (unidade didáctica)

Corpo:

Especialidade:

Tribunal nº:

Data:

Hora:

Nome e apelidos do membro do tribunal:

P

V1

V2

V3

V4

Nome e apelidos do/da opositor/a:

DNI do/da opositor/a

A. Xustificación e contexto da UD. Ata 0,50 puntos.

0

Non fai referencias ao contexto.

Xustifica a UD dentro da área/materia pero non a contextualiza en función da realidade do grupo de alumnos/as.

Xustifica a UD dentro da área/materia e ten en conta as principais características do grupo de alumnos/as.

Xustifica a UD dentro da área/materia, establece unha temporización tendo en conta as características do grupo de alumnos/as.

0,50

A xustificación é completa, establece unha temporización coherente co resto de UD do curso e co calendario escolar, e ten en conta a realidade do centro, facendo fincapé nas características do centro e do alumnado.

Observacións:

B. Obxectivos, contidos, criterios de avaliación e competencias clave traballados na UD. Ata 1,00 punto.

0

Non menciona obxectivos, contidos nin criterios de avaliación.

Menciona os obxectivos da área/materia, contidos e criterios de avaliación, pero non hai coherencia entre eses elementos nin teñen relación co que se pretende traballar na UD.

Menciona os obxectivos da área/materia, contidos e criterios de avaliación e hai coherencia entre eses elementos e o que se pretende traballar na UD.

Xustifica a relación entre os obxectivos da área/materia, os contidos e os criterios de avaliación, concretando os mínimos de consecución, e o que se pretende traballar na UD.

Menciona as competencias clave.

1,00

Os contidos e criterios de avaliación están adaptados ao curso, son coherentes entre si, define os mínimos de consecución e establece un peso específico para cada criterio de avaliación (o peso non procede na especialidade de Educación Infantil).

Xustifica o perfil de saída en relación aos obxectivos de área/materia da UD en relación aos descritores operativos das competencias clave. (No caso da especialidade de Educación Infantil: «xustifica de maneira práctica a adquisición das competencias clave por parte do alumnado»).

Observacións:

C. Situacións de aprendizaxe. Ata 1,50 puntos.

0

Non menciona as actividades.

Menciona actividades pero non están contextualizadas e/ou non son axeitadas ao currículo do curso.

As situacións de aprendizaxe están contextualizadas e son axeitadas ao currículo do curso, pero non establece unha secuenciación das actividades apropiada, nin acorde ás características do centro e a diversidade do alumnado.

Nomea os elementos transversais de maneira xenérica.

As situacións de aprendizaxe están contextualizadas e son axeitadas ao currículo do curso. Establece unha secuenciación das actividades lóxica e teñen en conta ás características do centro e a diversidade do alumnado.

Concreta actividades relacionadas co tratamento dos elementos transversais.

1,50

As situacións de aprendizaxe son apropiadas ao currículo do curso, ás características do centro e parten do nivel de desenvolvemento do alumnado e das súas aprendizaxes previas. As actividades seguen unha secuencia lóxica no tempo, aparecendo en último lugar as que requiren un maior grao de habilidade e autonomía.

Propón actividades competencias relacionadas coa vida real e relacionadas co tratamento dos elementos transversais.

Contempla actividades adaptadas para o alumnado que presenta NEAE.

Observacións:

D. Metodoloxía, recursos e materiais didácticos empregados. Ata 1,00 punto.

0

Non menciona a metodoloxía.

Ten unha metodoloxía moi xenérica pero non ten en conta as características do alumnado.

Ten unha metodoloxía variada especificando as estratexias de aprendizaxe utilizadas.

Ten unha metodoloxía clara e variada especificando: as estratexias de aprendizaxe, os agrupamentos, a forma de organización do espazo e dos tempos.

Xustifica os materiais e recursos didácticos utilizados.

1,00

A metodoloxía é clara e coherente co logro das competencias clave, especificando diferentes estratexias de aprendizaxe, distintos tipos de agrupamentos e as formas de organización do espazo e dos tempos en función dos distintos estilos de aprendizaxe do alumnado, con modificacións concretas para o alumnado que presenta NEAE.

Os materiais e recursos didácticos utilizados son variados e axeitados tendo en conta o contexto do centro educativo, a biblioteca como recurso didáctico e a utilización de materiais e recursos dixitais.

Observacións:

E. Medidas de atención á diversidade. Ata 1,00 punto.

0

Non menciona medidas de atención á diversidade.

Fai mencións á atención á diversidade, pero con referencias moi xenéricas (presenta unicamente alumnado tipo para xustificar).

Fai mencións á atención á diversidade, pero son medidas moi puntuais e limítase a súa xustificación a mencionar os protocolos de atención á diversidade.

Establece medidas de atención á diversidade concretas e acordes ás necesidades do alumnado que presenta NEAE, utilizando distintos recursos e seguindo o establecido nos distintos protocolos de atención á diversidade.

1,00

As medidas de atención á diversidade teñen en conta o cambio de paradigma do «non é capaz» ao «é capaz».

Establece medidas de atención á diversidade (diferenciando entre ordinarias e extraordinarias) acordes ás necesidades do alumnado que presenta NEAE, utilizando distintos materiais e recursos, adecuando o espazo e os tempos, así como a organización da aula.

Emprega pautas concretas para o alumnado NEAE a partir dos distintos protocolos de atención á diversidade.

Establece uns criterios de recuperación concretos para o alumnado que obtivo cualificacións negativas ao longo do curso.

Observacións:

F. Avaliación do proceso de aprendizaxe: instrumentos de avaliación e criterios de cualificación. Ata 1,00 punto.

(Non procede na especialidade de Educación Infantil).

0

Non menciona a avaliación do proceso de aprendizaxe.

Menciona instrumentos de avaliación pero non son variados nin coherentes coa formulación dos criterios de avaliación.

Menciona criterios de cualificación pero non queda claro como se obtén a nota da unidade.

Presenta variedade de instrumentos de avaliación e son coherentes cos criterios de avaliación e coa formulación dos mínimos de consecución.

Hai criterios de cualificación e xustifica de maneira clara como se obtén a nota da unidade.

Xustifica e explica os diferentes instrumentos de avaliación en relación ás situacións de aprendizaxe e ás características do alumnado.

Os diferentes instrumentos de avaliación son coherentes cos criterios de avaliación e coa formulación dos mínimos de consecución. Presenta instrumentos de avaliación adaptados ao alumnado que presenta NEAE.

Xustifica como se obtén a nota da unidade.

1,00

Xustifica e explica os diferentes instrumentos de avaliación. Estes son coherentes cos criterios de avaliación e os mínimos de consecución, e están adaptados ás distintas situacións de aprendizaxe. Emprega instrumentos de avaliación adaptados ao alumnado que presenta NEAE.

Xustifica de maneira clara como se obtén a nota da unidade en función dos pesos asignados a cada criterio de avaliación.

Contempla medidas de recuperación/reforzo en función dos resultados académicos alcanzados polo alumnado.

Observacións

F. Avaliación do proceso de aprendizaxe: instrumentos de avaliación e criterios de cualificación. Ata 1,00 punto.

(Soamente para a especialidade de Educación Infantil).

0

Non menciona a avaliación do proceso de aprendizaxe.

Menciona técnicas de avaliación e instrumentos pero non son variados nin coherentes coa formulación dos criterios de avaliación.

Presenta variedade de técnicas e instrumentos de avaliación e son coherentes cos criterios de avaliación.

Xustifica de xeito xenérico como se chega á valoración do proceso de aprendizaxe.

Xustifica e explica as diferentes técnicas e instrumentos de avaliación en relación ás situacións de aprendizaxe e as características do alumnado.

As diferentes técnicas e instrumentos de avaliación son coherentes cos criterios de avaliación e a formulación dos mínimos de consecución.

Xustifica en termos cualitativos como se chega á valoración do proceso de aprendizaxe.

1,00

Xustifica e explica as diferentes técnicas e instrumentos de avaliación. Estes son coherentes cos criterios de avaliación e os mínimos de consecución, e atópanse adaptados ás distintas situacións de aprendizaxe e ás características do alumnado.

Emprega técnicas e instrumentos de avaliación adaptados ao alumnado que presenta NEAE.

Xustifica en termos cualitativos como se chega á valoración do proceso de aprendizaxe e o progreso efectuado polo alumnado, así como a información relativa ao seu proceso de integración socioeducativa.

Observacións

G. Debate. Ata 1,00 punto.

Preguntas do tribunal

Responde con solvencia e rigor.

H. Outros aspectos a valorar. Hasta 3 puntos

Comunicación

– Claridade expositiva. Fluidez.

– Intensidade e prosodia utilizada no discurso.

– Dominio e credibilidade transmitida.

– Orixinalidade e carácter innovador da exposición.

Organización

– Grao de interiorización da U.D.

– Estructura e control do tempo.

– Utilización do esquema/guion como soporte da exposición.

– Utilización de materiais e recursos achegados, especialmente de elaboración propia.

Xustificación

– Propostas innovadoras en relación ás novas tendencias actuais do sistema educativo.

– Propostas innovadoras relacionadas directamente coa área/materia.

– Xustificación teórica e adecuación á normativa en vigor.

– Utilización da normativa como soporte ás explicacións e non como unha mera enumeración.

Observacións:

Cualificación total

Cualificación total da segunda proba da fase oposición

Parte

Cualificacións

Ponderación

Resultado

Global

A - Programación didáctica

× 0,4

B - Unidade didáctica

× 0,6

ANEXO VII
Corpo de profesores de ensino secundario: especialidades que imparten
a formación profesional específica (590)
Corpo de profesores especialistas en sectores singulares
da formación profesional (598)
Rúbrica da segunda proba da fase oposición - A (Programación didáctica)

Corpo:

Especialidade:

Tribunal nº:

Data:

Hora:

Nome e apelidos do membro do tribunal:

P

V1

V2

V3

V4

Nome e apelidos do/da opositor/a:

DNI do/da opositor/a

A. Concreción do currículo en relación coa súa adecuación ás características do ámbito produtivo. Ata 0,50 puntos.

0

Non menciona a concreción do currículo en relación coa súa adecuación ás características do ámbito produtivo.

Menciona o contexto no que se enmarca a PD describindo a importancia do módulo dentro do ciclo formativo.

Menciona o contexto no que se enmarca a PD describindo a importancia do módulo dentro do ciclo formativo tendo en conta as características propias do centro.

Xustifica o contexto no que se enmarca a PD describindo a importancia do módulo dentro do ciclo formativo tendo en conta as características propias do centro e do ámbito produtivo.

0,50

Xustifica e concreta o contexto no que se enmarca a PD describindo a importancia do módulo dentro do ciclo formativo tendo en conta as características propias do centro e do ámbito produtivo.

Describe situacións reais sobre as que deban existir actuacións por parte do/a docente.

Observacións:

B. Relación e secuencia de unidades didácticas. Ata 0,75 puntos.

0

Non menciona a temporización e a secuenciación das UD.

Menciona, de xeito xenérico, a temporización das UD, pero non a súa secuenciación ou ben menciona a secuenciación pero non temporaliza as diferentes UD.

Menciona a temporización das UD e a secuenciación das mesmas.

Xustifica a temporización das UD tendo en conta o número de sesións semanais do módulo.

Establece unha secuencia das UD ao longo do curso en función dos resultados de aprendizaxe traballados.

0,75

Xustifica a temporización das UD, tendo en conta o calendario escolar e o número de sesións semanais do módulo.

Establece unha secuencia lóxica das UD ao longo do curso; están directamente relacionadas cos resultados de aprendizaxe e coas unidades formativas que forman parte do módulo.

Observacións:

C. Deseño das unidades didácticas: relación e secuencia de actividades de ensino e aprendizaxe, obxectivos específicos e resultados ou produtos das unidades didácticas. Ata 0,75 puntos.

0

Non menciona actividades de ensino e aprendizaxe das unidades didácticas.

Menciona, de xeito xenérico, as actividades de ensino e aprendizaxe das UD e/ou materiais e recursos.

Menciona as actividades de ensino e aprendizaxe das UD especificando os resultados ou produtos.

Menciona, de xeito xenérico, os recursos específicos pero non son axeitados ás actividades propostas.

Xustifica e concreta as actividades de ensino e aprendizaxe das UD especificando os resultados ou produtos de cada actividade.

Concreta os materiais e recursos necesarios para a súa realización.

0,75

Xustifica e concreta as actividades de ensino e aprendizaxe das UD especificando os resultados ou produtos de cada actividade.

Xustifica os obxectivos específicos para cada actividade de ensino e aprendizaxe.

Concreta os materiais e recursos necesarios para a súa realización tendo en conta as características do centro.

Observacións:

D. Avaliación. Procedementos e criterios de cualificación. Ata 1,00 punto

0

Non menciona a avaliación do proceso de aprendizaxe.

Menciona instrumentos de avaliación pero non son variados e acordes ao que realmente se quere avaliar.

Menciona criterios de cualificación, pero non son claros e concisos.

Emprega instrumentos de avaliación variados.

Especifica criterios de cualificación e os relaciona cos criterios de avaliación.

Emprega instrumentos de avaliación acordes ao que se pretende avaliar.

Establece un peso na nota da unidade para cada criterio de avaliación.

Xustifica os criterios de cualificación que o docente emprega para construír a cualificación dun/dunha alumno/a.

1,00

Emprega instrumentos de avaliación variados, acordes aos criterios de avaliación e ás características do módulo.

Establece un peso asignado a cada criterio de avaliación dentro de cada UD a partir dos cales obtén a cualificación final da UD.

Xustifica de maneira clara os criterios de cualificación que o docente emprega para construír a cualificación alumnado, tanto das distintas UD, como das avaliacións parciais e da avaliación final.

Observacións:

E. Avaliación. Procedemento e criterios de recuperación das partes non superadas. Ata 1,00 punto

0

Non menciona ningún procedemento de recuperación.

Menciona, de xeito xenérico, o procedemento para a recuperación das partes non superadas, ou ben menciona a proba extraordinaria para o alumnado con perda de dereito á avaliación continua.

Menciona actividades de recuperación especificando os instrumentos utilizados.

Menciona a proba extraordinaria para o alumnado con perda de dereito á avaliación continua.

Xustifica o procedemento para definir as actividades de recuperación especificando as técnicas e os instrumentos utilizados así como os momentos.

Xustifica o procedemento para definir a proba extraordinaria para o alumnado con perda de dereito á avaliación continua ou do alumnado que asista á formación en empresa co módulo non superado (de ser o caso).

1,00

Xustifica, de xeito detallado, o procedemento para definir as actividades de recuperación especificando as técnicas e os instrumentos utilizados así como os momentos e as accións que se desenvolverán con alumnado, tendo en conta os diferentes resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación do módulo.

Xustifica e concreta o procedemento para definir a proba extraordinaria para o alumnado con perda de dereito á avaliación continua ou do alumnado que asista á formación en empresa co módulo non superado (de ser o caso), indicando os momentos, os instrumentos.

Observacións:

F. Medidas de reforzo educativo para o alumnado que non responda globalmente aos obxectivos programados. Ata 1,00 punto.

0

Non menciona medidas de atención á diversidade.

Menciona medidas de atención á diversidade, pero con referencias moi xenéricas (presenta unicamente alumnado tipo para xustificar).

Menciona unha avaliación inicial e especifica os momentos nos que se realiza.

Menciona medidas de atención á diversidade puntuais para o alumnado que presenta NEAE e nomea os protocolos de atención á diversidade.

Realiza unha avaliación inicial, especifica os momentos, as técnicas e os instrumentos de avaliación empregados.

Establece, de xeito xenérico, medidas de atención para todo o alumnado.

Xustifica medidas concretas de atención á diversidade (tanto ordinarias como extraordinarias) e acordes ás características e necesidades do alumnado que presenta NEAE, tendo en conta os protocolos de atención á diversidade.

1,00

Realiza unha avaliación inicial especificando o tipo de información que se desexa obter de cada alumno/a, as técnicas e instrumentos utilizados, así como os momentos e as accións que se desenvolverán co alumnado que se incorpore ao longo do curso.

Xustifica medidas ordinarias de atención á diversidade para dar resposta ás diferentes características, intereses e motivacións de todo o alumnado, e tendo en conta as características e os recursos do centro.

Xustifica medidas extraordinarias para atender ás necesidades do alumnado NEAE, utilizando distintos recursos e xustificando a intervención educativa seguindo o establecido nos distintos protocolos de atención á diversidade.

Establece medidas para a atención educativa virtual ao alumnado que presenta dificultades para asistir ao centro.

Observacións:

G. Programación da educación en valores e actividades complementarias. Ata 0,50 puntos.

0

Non menciona a programación da educación en valores nin conta con actividades complementarias.

Menciona, de xeito xenérico, a programación da educación en valores e conta con actividades complementarias pero sen concretar os recursos e o momento nos que se van realizar.

Establece como se van traballar a educación en valores ao longo do curso.

Establece a realización de actividades complementarias (en horario lectivo ou que abarcan parte do mesmo), indicando o momento, espazo e recursos que utiliza.

Xustifica como se van traballar en valores ao longo do curso tendo en conta o contexto e as características do alumnado.

Xustifica a realización de actividades complementarias (en horario lectivo ou que abarcan parte do mesmo), como complemento aos contidos traballados e xustificando o momento, espazo e recursos que utiliza.

0,50

Concreta e xustifica como se vai traballar a educación en valores en relación ao contexto, ás características do alumnado e aos contidos traballados nas distintas unidades didácticas.

Concreta a realización de actividades complementarias (en horario lectivo ou que abarcan parte do mesmo), como complemento ao aprendido e para facilitar as aprendizaxes do alumnado, xustificándoas cos elementos curriculares e indicando o seu carácter diferenciado polo momento, espazo e recursos que utiliza.

Observacións:

H. Procedemento sobre o seguimento da programación e avaliación da práctica docente. Ata 0,50 puntos.

0

Non menciona a avaliación do proceso de ensino nin da práctica docente, nin o seguimento e avaliación da propia programación didáctica.

Menciona de xeito xenérico e pouco preciso a avaliación do proceso de ensino e da práctica docente, así como o seguimento e avaliación da propia programación didáctica.

Establece a avaliación do proceso de ensino e da práctica docente, así como o seguimento e avaliación da propia programación didáctica, concretando os instrumentos de avaliación utilizados e a súa temporización.

Xustifica o procedemento para avaliar o proceso de ensino e a práctica docente, así como o procedemento de seguimento e avaliación da propia programación didáctica, especificando indicadores de logro medibles e realistas.

Indica os instrumentos de avaliación empregados para medir os indicadores e a periodicidade da súa aplicación.

Xustifica a posta en común co resto do profesorado.

0,50

Concreta e xustifica o procedemento para avaliar o proceso de ensino e a práctica docente, así como o procedemento de seguimento e avaliación da propia programación didáctica, especificando indicadores de logro medibles e realistas.

Indica os instrumentos de avaliación empregados para medir os indicadores, a periodicidade da súa aplicación, así como as aplicacións informáticas que emprega no procedemento.

Concreta e xustifica a posta en común co resto do profesorado, reflectindo o grao de cumprimento respecto ao planificado, de cara a valorar as propostas de modificación e/ou de mellora.

Observacións:

I. Outros aspectos a valorar. Ata 4,00 puntos.

Comunicación

Claridade expositiva. Fluidez.

Intensidade e prosodia utilizada no discurso.

Dominio e credibilidade transmitida.

Orixinalidade e carácter innovador da exposición.

Organización

Grao de interiorización da programación didáctica.

Estrutura e control do tempo.

Xustificación

Propostas innovadoras relacionadas directamente coa área/materia e as novas tendencias actuais do sistema educativo.

Utilización da normativa como soporte ás explicacións e non como unha mera enumeración.

Documento da PD

A programación contén os elementos recollidos na normativa.

Emprégase unha linguaxe inclusiva ao longo de todo o documento e a normativa mencionada ao longo do documento está en vigor.

A redacción da documento presenta unha terminoloxía adecuada, respectando as normas ortográficas e gramaticais.

A presentación do documento é orixinal.

Observacións:

Cualificación total:

Rúbrica da segunda proba da fase oposición - B (Unidade didáctica)

Corpo:

Especialidade:

Tribunal nº:

Data:

Hora:

Nome e apelidos do membro do tribunal:

P

V1

V2

V3

V4

Nome e apelidos do/da opositor/a:

DNI do/da opositor/a

A. Xustificación e contexto da UD. Ata 0,50 puntos.

0

Non fai referencias ao contexto.

Xustifica a UD dentro do módulo pero non a contextualiza en función das características do ámbito produtivo.

Xustifica a UD dentro do módulo e ten en conta as principais características do ámbito produtivo.

Xustifica a UD dentro do módulo, establece unha temporización tendo en conta as principais características do ámbito produtivo e as características do grupo de alumnos/as.

0,50

A xustificación é completa, establece unha temporización coherente co resto da UD do curso e co calendario escolar, e ten en conta a realidade do centro, facendo fincapé nas características do ámbito produtivo e do alumnado.

Observacións:

B. Asignación de elementos da UD. Ata 1,00 punto.

0

Non menciona os resultados de aprendizaxe, nin criterios de avaliación nin contidos.

Menciona os resultados de aprendizaxe, criterios de avaliación e contidos do currículo pero non xustifica a coherencia entre os diferentes elementos curriculares.

Menciona os resultados de aprendizaxe, criterios de avaliación e contidos e hai coherencia entre eses elementos e o que se pretende traballar na UD.

Menciona obxectivos específicos da unidade.

Xustifica a relación entre resultados de aprendizaxe, criterios de avaliación e contidos e o que se pretende traballar na UD.

1,00

Os obxectivos específicos da unidade didáctica son axeitados e están ben redactados.

Os contidos e criterios de avaliación están adaptados ao curso, son coherentes entre si, establece un peso específico para a unidade dentro da programación.

De ser el caso, crea subcriterios de avaliación e/ou subcontidos para un maior detalle do currículo a tratar na unidade didáctica.

Observacións:

C. Deseño das actividades. Ata 1,50 puntos.

0

Non menciona actividades.

Menciona actividades pero son moi xerais ou xenéricas.

Menciona actividades ben detalladas e axustadas ao currículo establecido para esa unidade.

Xustifica actividades ben detalladas e axustadas ao currículo establecido para esa actividade. Especifica os obxectivos específicos e os resultados ou produtos da actividade.

1,50

Xustifica e concreta as actividades, son apropiadas para o módulo, parten do nivel de desenvolvemento do alumnado e das súas aprendizaxes previas, seguen unha secuencia lóxica no tempo e o número de sesións é realista.

Os resultados ou produtos da actividade correspóndense cos resultados de aprendizaxe e os obxectivos específicos propostos.

Observacións:

D. Metodoloxía, recursos e materiais didácticos empregados. Ata 1,00 punto.

0

Non menciona a metodoloxía.

Menciona unha metodoloxía moi xenérica ou non ten en conta as características do centro e do alumnado.

Menciona unha metodoloxía variada considerando as características do centro e do alumnado.

Xustifica unha metodoloxía clara e variada considerando as características do centro, do alumnado, así como as orientacións pedagóxicas establecidas no currículo do módulo.

1,00

A metodoloxía é coherente ao logro dos resultados de aprendizaxe considerando as orientacións pedagóxicas, especificando diferentes estratexias de aprendizaxe, os agrupamentos, as formas de organización do espazo e dos tempos.

Os recursos específicos utilizados son variados e axeitados tendo en conta o contexto do centro educativo.

Observacións:

E. Avaliación. Ata 1,50 puntos.

0

Non menciona a avaliación do proceso de aprendizaxe.

Menciona instrumentos de avaliación asociados aos criterios de avaliación, pero non son os axeitados.

Menciona instrumentos de avaliación asociados aos criterios de avaliación, e en xeral son os axeitados.

Os instrumentos de avaliación empregados son axeitados aos criterios de avaliación.

Indícanse os criterios de avaliación mínimos exixibles e o seu peso na nota da unidade didáctica.

1,50

Os instrumentos de avaliación empregados son axeitados aos criterios de avaliación ou subcriterios (de ser o caso) de avaliación.

Indica o peso de cada criterio de avaliación na nota da unidade didáctica e xustifica os criterios de cualificación que o docente emprega para construír a cualificación da UD.

Observacións:

F. Medidas de reforzo educativo para o alumnado que non responda globalmente aos obxectivos programados. Ata 0,50 puntos.

0

Non menciona medidas de atención á diversidade.

Menciona medidas de atención á diversidade pero con referencias moi xenéricas.

Menciona medidas de atención á diversidade en función da avaliación inicial realizada.

Establece medidas de atención á diversidade en función da avaliación inicial realizada e o establecido nos distintos protocolos de atención á diversidade.

0,50

Establece medidas de atención á diversidade acordes ás necesidades do alumnado, parten da avaliación inicial, e propón medidas de reforzo para o alumnado que non responde globalmente aos obxectivos programados.

Emprega pautas concretas dos distintos protocolos de atención á diversidade.

Observacións:

G. Debate. Ata 1,00 punto.

Preguntas do tribunal

Responde con solvencia e rigor.

H. Outros aspectos a valorar. Ata 3,00 puntos.

Comunicación

Claridade expositiva. Fluidez.

Intensidade e prosodia utilizada no discurso.

Dominio e credibilidade transmitida.

Orixinalidade e carácter innovador da exposición.

Organización

Grao de interiorización da UD.

Estrutura e control do tempo.

Utilización do esquema/guión como soporte da exposición.

Utilización de materiais e recursos achegados, especialmente de elaboración propia.

Xustificación

Propostas innovadoras en relación ás novas tendencias actuais do sistema educativo.

Propostas innovadoras relacionadas directamente co módulo.

Xustificación teórica e adecuación á normativa en vigor.

Utilización da normativa como soporte ás explicacións e non como unha mera enumeración.

Observacións:

Cualificación total:

Cualificación total da segunda proba da fase oposición

Parte

Cualificacións

Ponderación

Resultado

Global

A - Programación didáctica

× 0,4

B - Unidade didáctica

× 0,6

ANEXO VIII
Corpo de mestres: especialidades de Pedagoxía Terapéutica (597036)
e Audición e Linguaxe (597037)
Rúbrica da segunda proba da fase oposición - A (Plan de apoio)

Corpo:

Especialidade:

Tribunal nº:

Data:

Hora:

Nome e apelidos do membro do tribunal:

P

V1

V2

V3

V4

Nome e apelidos do/da opositor/a:

DNI do/da opositor/a

A. Xustificación e marco legal. Ata 0,70 puntos.

0

Non consta.

Referencias a LOMLOE e enumeración superficial da normativa reguladora específica (Decreto 229/2011 e Orde do 8 de setembro de 2021) e documentos de centro PXAD, CC, PE, PC...

Referencia á LOMLOE. Mención aproximada da normativa e clasificación en básica organizativa (decretos e ordes reguladoras do ROC, curricular (Decretos e ordes reguladoras do currículo) e específica (Decreto e orde reguladora de AD). Mención dos documentos de centro PXAD, CC, PE, PC... e das NEAEs

Exactitude e actualización nas referencias normativas, contextualizando no texto da LOMLOE a normativa básica organizativa e específica. Afondamento nos documentos de centro PXAD, CC, PE, PC..., das NEAEs e os protocolos específicos e convenios subscritos coa Consellería.

0,70

Aporta un anexo coa normativa (convenios, protocolos) referida.

Observacións:

B. Contextualización. Ata 0,30 puntos

0

Non consta.

Refírese sucintamente a un centro concreto e contexto de xeito xeral. Referencias anecdóticas a instalación e recursos.

Refírese a un centro concreto especificando as características (liñas, unidades, nº alumnado..). Referencias xenéricas a: instalacións e RRHH e materiais. arredores, contexto sociocultural...

Enmárcase nun centro concreto especificando as características (liñas, unidades, nº alumnado...). Referencias específicas a: instalacións e RRHH e materiais, contorna, contexto sociocultural...

0,30

Intégrase claramente nun centro concreto (liñas, unidades, nº alumnado..) e describe a súa estrutura (Normativa de accesibilidade, instalacións e recursos) concretando características do profesorado, definindo órganos de goberno (unipersoais e colexiados), órganos de coordinación docente (ROCs), contorna (servizos), contexto sociocultural e económico.

Observacións:

C. Identificación de necesidades do alumnado. Ata 0,50 puntos.

0

Non constan.

Limítase a enumerar os ACNEAE.

Describe claramente cada un dos NEAE situándoos nunha etapa/nivel.

Afonda nas NEAE (temporais/permanentes), situándoos nunha etapa/nivel e grupo. Referencias anecdóticas ás necesidades de centro/contexto/alumnado.

0,50

Determina NEAE temporais/permanentes, situándoos nunha etapa nivel e grupo. Referencias concretas ás necesidades de centro (profesorado, recursos, programas…), contexto (ANPA, asociación, servizos externos, familias), alumnado (convivencia L4/11-D8/15, TIC, prevención, obradoiros..).

Observacións:

D. Obxectivos. Ata 0,50 puntos.

0

Non constan.

Plasma obxectivos dos Decretos reguladores do currículo.

Indicios de coherencia entre obxectivos xerais do plan e específicos do alumnado.

Coherencia clara entre obxectivos xerais do plan e específicos do centro, contexto e alumnado.

0,50

Coherencia clara entre obxectivos xerais e específicos. Concreción dos obxectivos dos apoios. (Atópanse detallados nos Programas de Intervención).

Observacións:

E. Contidos. Ata 1,00 punto.

0

Non constan.

Plasma contidos xerais dos Decretos reguladores do currículo.

Plasma contidos específicos de AL/PT.

Plasma contidos xerais e específicos de AL/PT.

Plasma contidos xerais, enumera e clasifica os contidos específicos en ámbitos de traballo propios de PT/AL.

Desenvolve sucintamente, clasifica e identifica contidos con ámbitos de traballo do DO (determinación do alumnado, resposta educativa, criterios de acceso ás medidas).

Identifica contidos con ámbitos de traballo do DO e os desenvolve en profundidade: determinación do alumnado (avaliación inicial EI/EP/ESO, avaliación psicopedagóxica, escolarización, informes...), resposta educativa (ordinarias, extraordinarias), criterios de acceso ás medidas (AC, Avaliación psicopedagóxica, continuidade).

1,00

Identifica contidos con ámbitos de traballo do DO e os desenvolve en profundidade: determinación do alumnado (avaliación inicial EI/EP/ESO, avaliación psicopedagóxica, escolarización, informes...), resposta educativa (ordinarias, extraordinarias), criterios de acceso ás medidas (AC, Avaliación psicopedagóxica, continuidade). Inclúense programas propios do centro relacionados coas NEE/NEAE.

Observacións:

F. Recursos. Ata 0,50 puntos.

0

Non constan.

Constan, pero con referencias moi xenéricas.

Os relaciona e clasifica en materiais e humanos.

Diferencia os tipos de RRHH e as funcións a desenvolver e os RECURSOS MATERIAIS en xenérico, específico de PT/AL.

0,50

Diferencia os tipos de RRHH e as funcións a desenvolver, RECURSOS MATERIAIS en xenérico, específico de PT/AL e ORGANIZATIVOS, e establece relación con recursos externos, criterios de selección, inventarios…

Observacións:

G. Metodoloxía e Actividades. Ata 0,80 puntos.

0

Non constan.

Constan, pero con referencias moi teóricas.

Constan con referencias teóricas e desenvolvendo os principios pedagóxicos recollidos nos Decretos que desenvolven o currículo.

Referencias aos decretos que desenvolven os currículos, establecendo una metodoloxía específica con principios clave (globalizadora, significativa, socialización, comunicación, individualización...).

Ademais das referencias aos decretos que desenvolven os currículos, establece unha metodoloxía específica concretando estratexias de Ensino-Aprendizaxe (aprendizaxe incidental, cooperativo...).

Ademais das referencias aos decretos que desenvolven os currículos, establece unha metodoloxía específica, determina tipo de agrupamentos e contornos de traballo.

Ademais das referencias aos decretos que desenvolven os currículos, establece unha metodoloxía específica, determina tipo de agrupamentos e contornos de traballo e actividades tipo.

0,80

Ademais das referencias aos decretos que desenvolven os currículos, establece unha metodoloxía específica, determina tipo de agrupamentos e contornos de traballo, actividades tipo e inclúe a súa participación no desenvolvemento das ACs.

Observacións:

H. Temporalización. Ata 0,30 puntos.

0

Non consta.

Establece o do PA como concreción anual do PXAD, facendo referencias ao seu horario.

Establece o PA como concreción anual do PXAD, concreción do horario (sesións), contextualizado no horario do centro e órganos nos que participa (claustro, CCP, DO...).

0,30

Concreción anual do PXAD, concreción do horario en relación ao centro, órganos de participación, secuencia de tarefas a desenvolver ao longo do curso escolar (Avaliación, implantación, informes…).

Observacións:

I. Avaliación. Ata 0,70 puntos.

0

Non consta.

Avalía o PA establecendo instrumentos e procedementos (rúbricas, produción, rexistros…).

Avalía o PA, a práctica docente e o proceso de Ensinanza-Aprendizaxe establecendo instrumentos e procedementos.

Avalía o PA, a práctica docente e o proceso de Ensinanza-Aprendizaxe (referencia ás avaliacións de diagnóstico 4º EP e 2º ESO), e avaliación do alumnado establecendo instrumentos e procedementos.

Avalía o PA, a práctica docente e o proceso de Ensinanza-Aprendizaxe (referencia ás avaliacións de diagnóstico 4º EP e 2º ESO), e avaliación do alumnado establecendo instrumentos e procedementos e concretando probas estandarizadas específicas de PT/AL (TALE, PROLEC, PLON…).

Avalía o PA, a práctica docente e o proceso de Ensinanza-Aprendizaxe (referencia ás avaliacións de diagnóstico 4º EP e 2º ESO), e avaliación precisa do alumnado establecendo instrumentos e procedementos e concreta probas estandarizadas específicas de PT/AL (TALE, PROLEC, PLON…) e determinando «que avaliar», «cando avaliar» e «como avaliar». Establece normativa específica relativa a avaliación inicial, continua e final.

0,70

Avalía o PA, a práctica docente, a programación de aula e o proceso de Ensinanza-Aprendizaxe (referencia ás avaliacións de diagnóstico 4º EP e 2º ESO), e avaliación precisa do alumnado establecendo instrumentos e procedementos e concreta probas estandarizadas específicas de PT/AL (TALE, PROLEC, PLON…). Desenvolve en profundidade os aspectos «que avaliar» (recollida de información a través das familias e dos documentos previos, programa de acollida e avaliación inicial), «cando avaliar» (inicial, continua, final, de nivel e de ciclo) e «como avaliar» (instrumentos específicos de avaliación do ensino-aprendizaxe).

Observacións:

L. Propostas de mellora. Ata 0,30 puntos.

0

Non constan.

Constan en relación ao centro e profesorado.

0,30

Constan en relación a centro, profesorado, contexto e familias e ao propio plan de apoio… concretando cales.

Observacións:

M. Programas de intervención. Ata 0,40 puntos.

0

Non fai referencia aos programas de intervención como tales xa que interpreta os programas de traballo do PT/AL como programas de intervención individuais de ACNEAE.

Fai referencia aos programas pero todos eles obedecen a un modelo específico para NEE ou localizados na aula especifica.

Resalta de cada programa os elementos esenciais evitando unha enumeración da estrutura superficial dun modelo xenérico non individual.

0,40

Fai referencia ao característico de cada programa e presenta programas variados de aplicabilidade na aula ordinaria, centro, ou aula especifica, que aborde non só patoloxías do ámbito formal.

Observacións:

N. Outros aspectos a valorar. Ata 4,00 puntos

Comunicación

– Claridade expositiva (linguaxe xestual incluído). Fluidez.

– Mantén contacto ocular.

– Intensidade e prosodia utilizada no discurso.

– Dominio e credibilidade transmitida.

– Orixinalidade e carácter innovador da exposición.

Organización

– Grao de interiorización do Plan de apoio. Persoalización e concreción do mesmo xustificándoo na realidade concreta do propio centro.

– Selección de contidos para a exposición. Fai relevantes certos contidos e remite á consulta no expediente por parte do tribunal doutros aínda que non sexan desenvoltos. Visión clara e completa do que é un PA.

– Estrutura e control do tempo.

– Utilización do esquema/guión como soporte da exposición.

– Utilización de materiais e recursos achegados, especialmente de elaboración propia.

– Ilustración da exposición con anexos.

Xustificación

– Propostas innovadoras en relación ás novas tendencias actuais do sistema educativo.

– Propostas innovadoras relacionadas directamente co do programa de intervención.

– Xustificación teórica e adecuación á normativa en vigor.

– Utilización da normativa como soporte ás explicacións e non como unha mera enumeración.

Observacións:

Cualificación total

Rúbrica da segunda proba da fase oposición - B (programa de intervención)

Corpo:

Especialidade:

Tribunal nº:

Data:

Hora:

Nome e apelidos do membro do tribunal:

P

V1

V2

V3

V4

Nome e apelidos do/da opositor/a:

DNI do/da opositor/a

A. Contextualización. Ata 0,50 puntos.

0

A contextualización non está fundamentada en informes.

Non realiza a descrición da NEAE.

Contextualiza a NEAE con informes pero a súa descrición é incompleta.

Non fai referencia ao ámbito familiar, historia escolar nin ao contexto.

Contextualiza a NEAE con informes, describe brevemente a/s alteración/s, resalta algúns aspectos da súa situación persoal e escolar previa, tendo en conta o informe psicopedagóxico.

Contextualiza a NEAE sobre informes iniciais, describe correctamente a alteración, relaciona co programa de intervención, resalta os aspectos da súa situación persoal, tendo en conta o informe psicopedagóxico.

0,50

Contextualiza a NEAE sobre informes, describe correctamente a/s alteración/s, relaciona co programa de intervención, resalta os aspectos da súa situación persoal e describe exhaustivamente os condicionantes escolares previos (repeticións, absentismo, cambios de centro, flexibilizacións, escolarización combinada, atención domiciliaria, ...), tendo en conta o informe psicopedagóxico.

Observacións:

B. Identificación de necesidades en relación ao informe psicopedagóxico, con base a cada unha das especialidades (PT/AL). Ata 0,50 puntos.

0

Non constan as necesidades da NEAE en relación co informe psicopedagóxico.

As referencias á avaliación inicial e de necesidades da NEAE son incompletas e imprecisas.

Resalta a importancia da avaliación inicial de necesidades centrándose na dimensión cognitiva e/ou académico-curricular.

Resalta a importancia da avaliación inicial de necesidades só en dúas dimensións, facendo referencia ao informe psicopedagóxico.

0,50

Establece as necesidades en referencia a todas as dimensións relacionadas coa NEAE (físico, cognitivo, emocional e social), tal como constan no informe psicopedagóxico. No caso de PT polo menos referencias á competencia social, areas curriculares, comprensión oral-escrita, niveis de abstracción, motricidade. No caso de AL polo menos referencias: base anatómicas e funcionais, ámbito fonético-fonolóxico, ámbito léxico-semántico, ámbito morfo-sintáctico, ámbito pragmático.

Observacións:

C. Competencias adquiridas (fortalezas) en relación ás necesidades educativas detectadas con base no informe psicopedagóxico. Ata 0,50 puntos.

0

Non fai referencia ás competencias adquiridas. Non fai referencia ás necesidades educativas do alumnado.

Só nomea as competencias adquiridas e as necesidades educativas do alumnado.

Nomea as competencias adquiridas e fai unha referencia xeral ao grao de consecución das mesmas. Só nomea as necesidades educativas do alumnado sen poñelas en relación coas competencias adquiridas.

Describe as competencias adquiridas profundando no grao de consecución das mesmas establecendo algún tipo de vínculo coas necesidades educativas.

0,50

Relaciona e argumenta as competencias e as necesidades educativas do alumnado que vai desenvolver como eixo central da intervención e define o grao de consecución das mesmas, sempre de acordo co informe psicopedagóxico.

Observacións:

D. Obxectivos xerais e específicos. Ata 0,70 puntos.

0

Non formula obxectivos.

Formula unicamente obxectivos xerais non relacionados directamente coa NEAE.

Formula obxectivos específicos non relacionados directamente coa NEAE.

Formula obxectivos xerais ou específicos só a nivel de alumno/a e os relaciona superficialmente cos criterios de avaliación que figuran na programación didáctica/adaptación curricular.

0,70

Formula obxectivos xerais e específicos a nivel de centro, aula e alumno/a en función das necesidades educativas detectadas. Estes son coherentes cos criterios de avaliación que figuran na programación didáctica/adaptación curricular.

Observacións:

E. Contidos. Ata 0,30 puntos.

0

Non constan contidos.

Formula contidos a nivel de alumno/a non relacionados directamente coa NEAE.

Formula contidos a nivel de alumno/a relacionados directamente coa NEAE, pero escasamente desenvolvidos e sen unha estrutura clara.

Formula e desenvolve profundamente contidos a nivel alumno/a relacionados coa NEAE pero non establece relacións cos criterios de avaliación.

0,30

Formula e desenvolve profundamente os contidos a nivel de alumno/a, contex.to e centro, en relación directa coas necesidades e os criterios de avaliación que figuran na programación didáctica/adaptación curricular

Observacións:

F. Enfoque metodolóxico do especialista de PT/AL en relación coa que aplica o profesorado de área/materia ou profesorado titor. Ata 0,50 puntos.

0

Non consta metodoloxía.

Nomea algunha estratexia metodolóxica xeral contida na programación didáctica/adaptación curricular.

Nomea algunha estratexia metodolóxica específica adaptada ás necesidades do alumnado sen afondar.

Nomea polo menos dúas estratexias metodolóxicas xerais contidas na programación didáctica/adaptación curricular, e polo menos unha metodoloxía específica adaptada ás necesidades do alumnado e ao programa de intervención.

0,50

Desenvolve aspectos xerais, principios e estratexias metodolóxicas.

Expón polo menos tres metodoloxías xerais contidas na programación didáctica/adaptación curricular de referencia, e polo menos dúas metodoloxías específicas axeitadas para o caso de intervención.

Observacións:

G. Actividades xerais e específicas e en relación ás que figuran na programación didáctica/adaptación curricular de referencia. Ata 0,75 puntos.

0

Non constan actividades.

As actividades son escasas e/ou xerais e non se axustan ao plan de intervención exposto.

Son variadas, globais en relación ao recollido na programación didáctica/adaptación curricular de referencia e refiren anecdoticamente o plan de intervención do alumnado. Non fan referencia aos tres ámbitos de intervención (alumnado, centro, contexto).

Non existe secuenciación ou esta non é coherente.

Son variadas, globais en relación ao recollido na programación didáctica/adaptación curricular e o plan de intervención. Soamente fan referencia ao ámbito de intervención do alumnado obviando os outros dous: centro e contexto.

Secuenciación pouco clara.

0,75

Son variadas e innovadoras e están axustadas á programación didáctica/adaptación curricular de referencia, así como ás NEAE que figuran no programa de intervención, facendo referencia aos tres ámbitos (alumnado, centro, contexto).

Presentan unha secuenciación clara e coherente.

Observacións:

H. Recursos xerais e específicos do especialista de PT/AL e en relación aos que figuran na programación didáctica do nivel de referencia. Ata 0,75 puntos.

0

Non constan recursos.

Fai referencia a recursos de carácter xeral referidos na programación didáctica/adaptación curricular de referencia. Son moi globais, sen establecer ningunha clasificación.

Fai referencia a recursos de carácter xeral referidos na programación didáctica/adaptación curricular de referencia. Achega ademais ata tres recursos materiais específicos de PT/AL axeitados para o caso de intervención.

Desenvolve e clasifica dous tipos de recursos xerais referidos na programación didáctica/adaptación curricular de referencia (con exemplos).

Ademais achega entre catro e sete recursos materiais específicos de PT/AL axeitados para o caso de intervención clasificados nos ámbitos de intervención que correspondan.

0,75

Desenvolve, clasifica e exemplifica os recursos xerais referidos na programación didáctica/adaptación curricular de referencia:

– Humanos (internos/externos).

– Materiais (funxibles, TIC, axudas técnicas...).

– Organizativos.

Ademais achega, explica e exemplifica polo menos oito recursos materiais específicos axeitados e estes están clasificados por ámbitos de intervención.

Observacións:

I. Coordinación co profesorado titor e/ou co profesorado de área/materia. Ata 0,50 puntos.

0

Non refire coordinación co profesorado titor e/ou co profesorado de área/materia.

Refire de xeito moi xenérico a coordinación co profesorado titor e/ou co profesorado de área/materia (tempos, espazos).

Concreta a coordinación co profesorado titor e/ou co profesorado de área/materia. (Determinando horarios e algunha forma de rexistro).

Refire de xeito detallado a coordinación co profesorado titor e/ou co profesorado de área/materia. (Organización do horario/espazos de intervención, posibles agrupamentos, canles de comunicación e formas de rexistro de información).

0,50

Refire de xeito detallado a coordinación co profesorado titor e/ou co profesorado de área/materia. (Organización do horario/espazos de intervención, posibles agrupamentos, canles de comunicación e formas de rexistro de información).

Incorpora a coordinación coa familia e os servizos e recursos externos.

Observacións:

L. Seguimento e avaliación do programa. Ata 1,00 punto.

0

Só fai referencia xeral á avaliación do alumnado.

Nula referencia ao seguimento e avaliación do programa.

Non establece propostas de mellora.

En relación á avaliación do alumnado elabora un Informe individual final de curso sobre as medidas de apoio educativo seguindo o modelo do anexo V da Orde do 8 setembro de 2021.

Elabora un Informe individual final de curso sobre as medidas de apoio educativo seguindo o modelo do anexo V da Orde do 8 setembro de 2021.

Escasas referencias ao seguimento e avaliación do programa de intervención.

Non establece propostas de mellora.

Elabora un Informe individual final de curso sobre as medidas de apoio educativo seguindo o modelo do anexo V da Orde do 8 setembro de 2021.

Refire de xeito detallado o seguimento e a avaliación do programa de intervención.

Establece, en relación ao programa de intervención, indicadores de logro (protocolos, rúbricas, ...)

Inclúe propostas de mellora.

1,00

Establece claramente o procedemento e datas do seguimento e avaliación do programa de intervención, explicitando:

– Elaboración dun Informe individual final de curso sobre as medidas de apoio educativo por cada profesor/a especialista en PT/AL (modelo do Anexo V da Orde 8 setembro de 2021).

– Indicadores de avaliación/logro.

– Seguimento: no que se analizará o traballo realizado polo PT/AL, especificando propostas de mellora, quedando constancia nas distintas actas do departamento de orientación.

– Avaliación: ao final de curso realizarase unha avaliación final para determinar o grao de consecución dos obxectivos e orientar a intervención para o vindeiro curso.

Observacións:

M. Debate. Ata 2,00 puntos.

Responde con solvencia e rigor ás preguntas do tribunal.

Observacións:

N. Outros aspectos a valorar. Ata 2,00 puntos.

Comunicación

Claridade expositiva. Fluidez.

Intensidade e prosodia utilizada no discurso.

Dominio e credibilidade transmitida.

Orixinalidade e carácter innovador da exposición.

Organización

Grao de interiorización do programa de intervención.

Estrutura e control do tempo.

Utilización do esquema/guión como soporte da exposición.

Utilización de materiais e recursos achegados, especialmente de elaboración propia.

Xustificación

Propostas innovadoras en relación ás novas tendencias actuais do sistema educativo.

Propostas innovadoras relacionadas directamente co do programa de intervención.

Xustificación teórica e adecuación á normativa en vigor.

Utilización da normativa como soporte ás explicacións e non como unha mera enumeración.

Observacións:

Cualificación total:

Cualificación total da segunda proba da fase oposición

Parte

Cualificacións

Ponderación

Resultado

Global

A - Plan de apoio

× 0,4

B - Programa de intervención

× 0,6

ANEXO IX
Corpo de profesores de ensino secundario: especialidade
de Orientación Educativa (590018)
Rúbrica da segunda proba da fase oposición - A (Plan de orientación)

Corpo:

Especialidade:

Tribunal nº:

Data:

Hora:

Nome e apelidos do membro do tribunal:

P

V1

V2

V3

V4

Nome e apelidos do/da opositor/a:

DNI do/da opositor/a

A. Xustificación baseada no contexto. Ata 0,75 puntos.

0

– Os conceptos definidos e as características do contexto son imprecisas ou inexistentes.

– As referencias aos documentos/plans/programas/protocolos do centro son escasas ou inexistentes.

– Concepto de orientación escasamente definido.

– Definición incompleta ou escasa do plan de orientación.

– As características do contexto/centro/alumnado/familia son moi globais e/ou escasas.

– Non relaciona, ou faino escasamente, o plan de orientación cos documentos/plans/programas/protocolos do centro.

0,75

– Concepto de orientación educativa.

– Definición do plan de orientación.

– Análise do contexto referida ao propio centro e aos adscritos: etapas educativas, alumnado, profesorado, recursos (internos e externos, ...).

– Ámbitos de actuación do Plan de orientación: Plan de acción titorial, Plan de atención á diversidade, Plan de orientación académica e profesional.

– Relación do Plan de orientación cos documentos do centro (Proxecto educativo, Plan xeral de atención á diversidade, Plan de Acción Titorial, Plan de convivencia...) e cos programas ou protocolos.

Observacións:

B. Identificación de necesidades. Ata 0,75 puntos.

0

– Non identifica as necesidades ou faino de forma vaga e imprecisa e sen especificar os ámbitos de intervención.

– Identifica as necesidades de forma global e/ou sen atender aos ámbitos de intervención.

0,75

– Identifica e determina as necesidades relacionadas co alumnado, profesorado, familias, centros adscritos e contexto.

– A identificación de necesidades realízase para cada cada ámbito de intervención: Plan de acción titorial, Plan de atención á diversidade, Plan de orientación académica e profesional.

Observacións:

C. Obxectivos xerais e específicos. Ata 0,50 puntos.

0

– Os obxectivos xerais e específicos non están relacionados coas necesidades detectadas nin cos ámbitos de intervención do Plan de orientación.

– Os obxectivos están mal formulados e non son adecuados e/ou realizables.

– Os obxectivos xerais e específicos están relacionados de forma vaga e imprecisa coas necesidades detectadas.

– Os obxectivos xerais e específicos están relacionados de forma imprecisa co alumnado, profesorado, centro e contexto.

– Os obxectivos xerais e específicos non están ben formulados e/ou relacionados de forma imprecisa cos tres ámbitos de intervención.

0,50

– Identifica de forma precisa os obxectivos xerais e específicos do Plan de orientación.

– Os obxectivos son coherentes coas necesidades detectadas.

– Os obxectivos fan referencia ao alumnado, profesorado, centro e contexto.

– Os obxectivos están ben formulados e inclúen os tres ámbitos de actuación: Plan de acción titorial, Plan de atención á diversidade, Plan de orientación académica e profesional.

Observacións:

D. Planificación xeral e definición das liñas de actuación prioritarias. Ata 3,00 puntos.

0

– Falta de planificación xeral ou de coherencia coas necesidades e cos obxectivos.

– Falta de vinculación cos plans, protocolos, programas e proxectos do centro.

– Falta de contidos ou de concordancia destes cos obxectivos propostos, coa planificación xeral e coas actuacións prioritarias.

– Ausencia de actividades ou falta de relación destas cos ámbitos do Plan de orientación.

– Falta de referencia aos recursos empregados e á temporización das actuacións.

– Ausencia de referencias a programas preventivos e/ou específicos de intervención.

– A planificación xeral é pouco coherente coas necesidades e cos obxectivos.

– Escasa vinculación cos protocolos, proxectos, plans e programas do centro.

– Escasa concordancia dos contidos coa planificación xeral e as actuacións prioritarias.

– Actividades pouco relacionadas cos ámbitos do Plan de orientación.

– Escasa referencia aos recursos e á temporización.

– Escasa referencia a programas preventivos e aos programas específicos de intervención.

3

– Planificación xeral coherente coas necesidades detectadas e cos obxectivos formulados.

– Vinculación cos plans, protocolos, proxectos e programas que se desenvolven no centro.

– Concreción das liñas de actuación prioritarias, acordes coas necesidades detectadas e cos obxectivos propostos.

– Contidos acordes cos obxectivos propostos e coa planificación xeral e as actuacións prioritarias.

– Actividades referidas aos ámbitos do Plan de orientación: Plan de acción titorial, Plan de atención á diversidade, Plan de orientación académica e profesional.

– Recursos: humanos, materiais e organizativos (internos e externos).

– Temporalización coherente das actuacións planificadas.

– Programas preventivos e/ou específicos de intervención ben fundamentados e desenvolvidos.

Observacións:

E. Estratexias de intervención. Ata 1,75 puntos.

0

– Non hai referencia ás estratexias de intervención.

– As estratexias de intervención non son coherentes coa planificación xeral e coas liñas de actuación prioritarias.

– Fai referencia ás estratexias de intervención de forma incompleta e sen clasificación destas.

– Estratexias de intervención pouco coherentes coa planificación xeral e coas liñas de actuación prioritarias.

1,75

– Presenta estratexias de intervención coherentes coa planificación xeral e coas liñas de actuación prioritarias:

– Como xefe/a do DO.

– Co profesorado, equipo directivo, órganos de goberno e de coordinación docente, persoal non docente…

– Co alumnado e coas familias.

– Cos centros adscritos.

– Cos servizos externos: EOE, servizos sanitarios, servizos sociais e outros

– Con outros recursos da contorna.

Observacións:

F. Avaliación e propostas de mellora. Ata 0,75 puntos.

0

– Os criterios de avaliación non existen ou non son coherentes cos obxectivos e coas actuacións planificadas.

– Non se inclúe o seguimento e avaliación así como as propostas de mellora, ou son incoherentes cos obxectivos e coas liñas de actuación.

– Os criterios de avaliación son pouco coherentes cos obxectivos e coas actuacións planificadas.

– Inclúe o seguimento e avaliación das actuacións planificadas pero escasamente desenvolvidos.

– Inclúe propostas de mellora das actuacións desenvolvidas pouco coherentes.

0,75

– Criterios de avaliación coherentes cos obxectivos e coas actuacións planificadas.

– Inclúe o seguimento e avaliación das actuacións planificadas de forma detallada.

– Inclúe propostas de mellora das actuacións desenvolvidas de forma coherente.

Observacións:

G. Fundamentación legal, teórica e científica. Ata 0,50 puntos.

0

– Fundamentación normativa moi escasa ou nula, obsoleta ou non axeitada ao plan de orientación e aos programas de intervención.

– Ausencia de fundamentación teórica actualizada.

– Ausencia de bibliografía e webgrafía actualizadas.

– Fundamentación normativa escasa, pouco actualizada e pouco axeitada ao plan de orientación e aos programas de intervención.

– Escasa fundamentación teórica e achegas pouco actualizadas da comunidade científica.

– Escasa bibliografía e webgrafía ou pouco actualizadas.

0,50

– Fundamentación normativa abundante, actualizada e axeitada ao plan de orientación e aos programas de intervención.

– Fundamentación teórica e achegas da comunidade científica adecuadas e actualizadas.

– Bibliografía e webgrafía adecuadas e actualizadas.

Observacións:

H. Outros aspectos a valorar. Ata 2,00 puntos

Comunicación

– Claridade expositiva. Fluidez.

– Intensidade e prosodia utilizada no discurso.

– Dominio e credibilidade transmitida.

– Dominio da comunicación non verbal con control postural e contacto visual co tribunal.

Organización

– Grao de interiorización do plan de orientación.

– Estrutura da defensa e control do tempo.

– Visión clara e completa do plan de orientación.

– Selección de contidos relevantes para a exposición.

Xustificación

– Orixinalidade e carácter innovador da exposición.

– Personalización e concreción do plan na realidade concreta do propio centro e do contexto.

– Propostas innovadoras e inclusivas acordes coas tendencias actuais do sistema educativo.

– Utilización da normativa como soporte ás explicacións e non como unha mera enumeración.

Debate

– Capacidade resolutiva ante as situacións que formule o tribunal en relación ao plan.

– Resposta ás preguntas do tribunal con solvencia e rigor.

Observacións:

Cualificación total:

Rúbrica da segunda proba da fase oposición - B (programa de intervención)

Corpo:

Especialidade:

Tribunal nº:

Data:

Hora:

Nome e apelidos do membro do tribunal:

P

V1

V2

V3

V4

Nome e apelidos do/da opositor/a:

DNI do/da opositor/a

A. Xustificación baseada no contexto. Ata 0,75 puntos.

0

– O programa de intervención non é coherente co plan de orientación e cos recursos do centro e do contexto.

– O programa de intervención non está contextualizado ou contempla unicamente un aspecto.

– Non inclúe unha contextualización normativa para a realización do programa ou esta é inadecuada.

– O programa de intervención é pouco coherente co plan de orientación e cos recursos do centro e do contexto.

– O programa de intervención está escasamente contextualizado ou non contempla todos os aspectos obxecto de análise.

– Inclúe unha escasa contextualización normativa para a realización do programa.

0,75

– O programa de intervención está ben contextualizado e demostra coherencia co plan de orientación.

– Inclúe unha completa descrición e análise do centro, do contexto e dos recursos existentes (internos e externos).

– Inclúe a necesaria contextualización normativa para a realización do programa.

Observacións:

B. Identificación de necesidades. Ata 0,75 puntos.

0

– Non identifica nin determina minimamente as necesidades do alumnado, do centro e do contexto.

– Non identifica barreiras que impiden e/ou dificultan a participación do alumnado.

– Identifica e determina de maneira incompleta ou pouco adecuada as necesidades do alumnado do centro e do contexto.

– Identifica escasa e/ou inadecuadamente as barreiras que impiden e/ou dificultan a participación do alumnado.

0,75

– Identifica e determina adecuadamente as necesidades relacionadas co alumnado, profesorado, familias e contexto.

– Inclúe a identificación das barreiras que impiden e/ou dificultan a participación do alumnado.

Observacións:

C. Obxectivos xerais e específicos. Ata 0,50 puntos.

0

– Os obxectivos non son coherentes coas necesidades e barreiras detectadas, co centro e co contexto.

– Os obxectivos non fan referencia aos membros da comunidade educativa e do contexto.

– Os obxectivos están mal formulados e non son realizables.

– Os obxectivos son pouco coherentes coas necesidades e barreiras detectadas, co centro e co contexto.

– Os obxectivos non fan referencia a todos os membros da comunidade educativa e ao contexto.

– Os obxectivos non están ben formulados e/ou diferenciados ou son pouco realizables.

0,50

– Os obxectivos do programa de intervención son coherentes coas necesidades e barreiras detectadas, co centro e co contexto.

– Formula obxectivos en relación ao alumnado, profesorado, centro e contexto.

– Os obxectivos están ben formulados diferenciando entre xerais e específicos e son realizables.

Observacións:

D. Contidos. Ata 0,50 puntos.

0

– Os contidos non son adecuados para os obxectivos previstos.

– Os contidos non están enmarcados na normativa vixente.

– Os contidos están escasamente desenvolvidos e sen estrutura clara.

– O programa de intervención desenvolve contidos de forma global e están pouco relacionados cos obxectivos e coas necesidades detectadas.

– Só enumera contidos a nivel de alumnado, sen referencia ao resto da comunidade educativa e da contorna.

0,50

– Os contidos son acordes cos obxectivos e coas necesidades detectadas no centro e no contexto.

– Enmárcanse na normativa vixente e son apropiados para as actuacións, plans, protocolos, proxectos e programas planificados para o curso escolar.

– Son variados e responden a criterios epistemolóxicos, contextualizados e funcionais.

Observacións:

E. Actividades, organización, coordinación e temporización. Ata 2,75 puntos .

0

– As actividades son escasas e/ou xerais e non se axustan ao plan de intervención presentado.

– As actividades son irrealizables no contexto no que se van desenvolver.

– Non presenta unha secuenciación de actividades.

– Non especifica a organización de horario nin de espazos

– Non fai referencia á participación das familias e dos servizos externos.

– Non especifica a temporización ou esta é inapropiada.

– As actividades son variadas pero están pouco axustadas ás necesidades do alumnado e aos obxectivos e actuacións do programa de intervención.

– As actividades son escasamente realizables no contexto no que se van desenvolver.

– Non presenta unha secuenciación adecuada de actividades.

– A organización de horario e espazos é global.

– Non incorpora a coordinación co centro, coa familia e os servizos externos.

– A temporización está pouco axustada ao programa de intervención.

2,75

– As actividades contribúen ao logro dos obxectivos e ao desenvolvemento das actuacións, plans, protocolos, proxectos e programas.

– As actividades son variadas, innovadoras e coherentes coas necesidades do alumnado, centro e contexto.

– As actividades son realizables no contexto no que se van desenvolver.

– Presentan unha adecuada secuenciación e temporización.

– Contemplan a organización do horario e espazos de intervención.

– Formulan posibles agrupamentos en función das actividades a realizar.

– Incorporan a coordinación co centro, coas familias e cos servizos e recursos externos.

– A temporización está definida e resulta axeitada para o programa de intervención e en relación ao plan de orientación.

Observacións:

F. Metodoloxía. Ata 1,00 punto.

0

– As estratexias metodolóxicas utilizadas non están adaptadas ao programa de intervencion.

– Nomea estratexias metodolóxicas descontextualizadas e sen concretar o seu desenvolvemento.

– A metodoloxía non contempla nin concreta a eliminación de barreiras na atención á diversidade.

– A metodoloxía utilizada está pouco adaptada ao programa de intervención.

– Nomea estratexias metodolóxicas xerais, pouco adaptadas ás necesidades do alumnado, centro e contexto.

– As estratexias metodolóxicas empregadas son pouco innovadoras e non fomentan a inclusión e a aprendizaxe colaborativa.

– A metodoloxía contempla ou concreta insuficientemente a eliminación de barreiras na atención á diversidade.

1,00

– Contempla estratexias e principios metodolóxicos axeitados ao programa.

– Expón algunha metodoloxía específica para o programa de intervención.

– Trátase dunha metodoloxía innovadora.

– A metodoloxía utilizada é inclusiva, colaborativa, competencial, e normalizadora.

– A metodoloxía contempla e concreta a eliminación de barreiras na atención á diversidade.

Observacións:

G. Recursos. Ata 0,75 puntos.

0

– As referencias aos recursos son moi globais, escasas e sen establecer ningunha clasificación e/ou concreción.

– Nomea e concreta escasamente os recursos humanos, materiais e organizativos e/ou as súas funcións.

0,75

– Concreta suficientemente:

– Recursos humanos (internos e externos ao centro).

– Recursos materiais e tecnolóxicos.

– Recursos organizativos e funcionais (incluirase a coordinación entre profesionais).

Observacións:

H. Avaliación e propostas de mellora. Ata 1,00 punto.

0

– Só fai referencia á avaliación do alumnado.

– Non fai referencia aos procedementos/instrumentos de avaliación ou son inadecuados.

– Non aporta seguimento das actividades propostas.

– Non inclúe propostas de mellora.

– Só avalía ao alumnado e/ou programa de intervención.

– Os procedementos/instrumentos de avaliación son escasos e están pouco desenvolvidos.

– Define escasamente o seguimento e avaliación das actividades propostas

– Non recolle propostas de mellora do programa de intervención ou faino de forma incompleta.

1,00

– Os criterios de avaliación recollen axeitadamente o grao de cumprimento das actuacións, plans, protocolos, proxectos e programas desenvolvidos e a súa funcionalidade.

– Recolle procedementos e instrumentos de avaliación variados e adecuados ao programa.

– Detalla o seguimento e avaliación das actividades propostas.

– Recolle propostas de mellora axeitadas, coherentes e realistas.

Observacións:

I. Outros aspectos a valorar. Ata 2,00 puntos.

Comunicación

– Claridade expositiva. Fluidez.

– Intensidade e prosodia utilizada no discurso.

– Dominio e credibilidade transmitida.

– Dominio da comunicación non verbal con control postural e contacto visual co tribunal.

– Orixinalidade e carácter innovador da exposición.

Organización

– Grao de interiorización do programa de intervención.

– Estrutura e control do tempo.

– Utilización do esquema/guión como soporte da exposición.

– Equilibrio nos diferentes apartados do plan de intervención.

Xustificación

– Propostas innovadoras e inclusivas acordes coas novas tendencias actuais do sistema educativo.

– Propostas innovadoras e inclusivas presentadas e organizadas no programa de intervención.

– Xustificación teórica e adecuación á normativa en vigor.

– Utilización da normativa como soporte ás explicacións e non como unha mera enumeración.

Debate

– Capacidade resolutiva ante as situacións que formule o tribunal en relación ao programa.

– Resposta ás preguntas do tribunal con solvencia e rigor.

Observacións:

Cualificación total:

Cualificación total da segunda proba da fase oposición

Parte

Cualificacións

Ponderación

Resultado

Global

A - Plan de Orientación

× 0,4

B - Programa de intervención

× 0,6

missing image file