DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 23 de febreiro de 2026 Páx. 14653

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 19 de xaneiro de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se notifican os actos administrativos ditados no procedemento BS626F (expediente 15078000822R e un máis).

De conformidade co disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no uso da competencia atribuída a este departamento territorial, intentadas as notificacións dos escritos de comunicación, sobre o tratamento de débedas, no último domicilio das persoas interesadas citadas no anexo sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio son emprazadas para seren notificadas dos ditos actos administrativos.

Así, no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do dito anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), poderán comparecer para teren coñecemento do contido íntegro dos referidos actos e dos seus expedientes, e advírteselles que, de non o faceren, se entenderá efectuada a notificación no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.

As persoas interesadas poderán comparecer, persoal ou debidamente representadas, no Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade da Coruña, Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (rúa Gregorio Hernández, nº 2-4), das 9.00 ás 14.00 horas.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 19 de xaneiro de 2026

María Blanco Aller Santos
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Procedemento BS626F

Nº expediente

DNI/NIE

Acto administrativo

Data do acto administrativo

15078000822R

33282340Y

Comunicación do inicio dun procedemento de reintegro

2.12.2025

15030035821R

47403187A

Comunicación da solicitude de cancelación de débeda

10.12.2025