DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 23 de febreiro de 2026 Páx. 14689

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación total de estatutos sociais da entidade Proxecto Espiga, Sociedade Cooperativa Galega.

En cumprimento do disposto no artigo 53 do Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Cooperativas, faise público que este departamento territorial, o 2 de febrero de 2026, resolveu inscribir no Rexistro de Cooperativas o acordo de modificación total dos estatutos sociais, acordado por unanimidade na asemblea xeral que tivo lugar o 16 de outubro de 2025. O seu novo domicilio social é rúa Río de Quintás, número 61, concello da Coruña, provincia da Coruña. A nova denominación social é Proxecto Espiga, Sociedade Cooperativa Galega. O novo capital social é 3.000,00 €. O novo obxecto social é a prestación do traballo das persoas socias para producir en común bens e servizos para terceiros.

A Coruña, 2 de febreiro de 2026

Juan José Couce Prego
Director territorial da Coruña