De conformidade co establecido nos artigos 44, 45.1 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á empresa que a seguir se relaciona a resolución ditada no expediente sancionador por infracción na orde social, devolta polo servizo de Correos por resultar descoñecido o seu destinatario ou ben porque, intentada a notificación electrónica, esta non se puido efectuar.
Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor un recurso de alzada, ante a Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de acordo co establecido nos artigos 30 e 122 da Lei 39/2015, sen prexuízo de que poidan exercer calquera outro recurso que consideren pertinente.
As persoas interesadas, durante este prazo, poderán presentarse ante o Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social do Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración en Lugo, situado na rolda da Muralla, 70, baixo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñeceren integramente o contido da resolución e recolleren o documento de pagamento.
Advírteselles que, de non ser interposto o recurso en tempo e forma, a resolución adquirirá firmeza e que deberán aboar a multa imposta a través das entidades colaboradoras que constan no documento de pagamento, xa que, en caso contrario, se procederá á execución pola vía de constrinximento, nos termos previstos na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001.
Expediente: 2017/38 (acta: I272017000008463).
Data da resolución: 12 de xaneiro de 2026.
Empresa: Maderas Cociña Xove, S.L.
Enderezo: Camba-Xuances, Xove (Lugo).
Lugo, 3 de febreiro de 2026
Carmen José López Rodríguez
Directora territorial de Lugo
