A Xunta de Goberno local, na sesión que tivo lugar o 19 de xaneiro de 2026, acordou aprobar inicialmente o estudo de detalle para o reaxuste de aliñacións e a liña de edificación nun treito da estrada Cangas-Coiro-A Magdalena, na zona da Boubeta.
De conformidade co previsto no artigo 23.3 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, e nos artigos 78 e seguintes da Lei 9/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e nos artigos 194.2 e 207 do seu regulamento, sométese o expediente a información pública polo prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da última das publicacións deste anuncio, no Diario Oficial de Galicia ou nun dos xornais de maior difusión na provincia, para que calquera persoa poida examinar o estudo de detalle e formular as alegacións que procedan.
A documentación estará dispoñible na seguinte ligazón:
https://surl.lt/vfrhzw
Cangas, 30 de xaneiro de 2026
Araceli Gestido Rodríguez
Alcaldesa
