Mediante a Resolución da Alcaldía do 11 de febreiro de 2026 aprobouse a oferta de emprego público deste concello que contén a praza que se cita deseguido:
Persoal funcionario:
Funcionarios de carreira: grupo C1, escala da Administración xeral, subescala administrativo/a.
O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 91.1 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, artigo 204 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e artigo 128 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, polo que se aproba o texto refundido das disposicións vixentes en materia de réxime local.
Contra a presente resolución que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano que a ditou no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sección do Contencioso-Administrativo do Tribunal de Instancia de Lugo durante o prazo de dous meses, contados a partir do seguinte ao da referida publicación, sen prexuízo de que se poida interpoñer calquera outro recurso que se considere pertinente.
Friol, 11 de febreiro de 2026
José Ángel Santos Sánchez
Alcalde
