DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 23 de febreiro de 2026 Páx. 14718

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Pobra do Caramiñal

ANUNCIO da convocatoria e das bases que rexerán a provisión dunha praza vacante de técnico da Administración xeral.

Con data do 5 de xaneiro de 2026 ditouse a Resolución da Alcaldía pola que se aprobaron a convocatoria e as bases que rexerán o proceso selectivo para a provisión dunha praza vacante de técnico da Administración xeral, por medio de concurso e mobilidade administrativa.

O obxecto da convocatoria é a provisión da seguinte praza:

Denominación: técnico da Administración xeral.

Grupo A; subgrupo A1.

Nivel de complemento de destino: 30.

As bases que rexerán o proceso selectivo foron publicadas integramente no Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 6, do 12 de xaneiro de 2026, así como na sede electrónica municipal.

O prazo para presentar as solicitudes polos interesados comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A Pobra do Caramiñal, 12 de xaneiro de 2026

José Carlos Vidal Suárez
Alcalde