Expediente: 650/2025.
No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 38, do 16 de febreiro de 2026, publícanse integramente as bases que rexerán a convocatoria para prover:
Unha praza de técnico/a de xestión de recursos humanos (A2), pertencente á escala da Administración xeral, subescala técnica, mediante o sistema de oposición, en quenda libre.
O prazo de presentación de instancias é de vinte días hábiles, desde o seguinte ao da publicación do extracto do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan, faranse públicos conforme o previsto nas bases da convocatoria (base 3ª, 3).
Quiroga, 16 de febreiro de 2026
José Luis Rivera Castro
Alcalde
