Na data que para o efecto se indica no anexo, a Xunta Arbitral de Transportes de Galicia ditou o laudo correspondente ao expediente que así mesmo se relaciona.
O artigo 9.6 do Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro, polo que se aproba o regulamento da Lei de ordenación de transportes terrestres, establece que «en relación coas notificacións ás partes, que se realizarán pola secretaría das xuntas, será de aplicación a lexislación de procedemento administrativo», polo que esta secretaría intentou facer a notificación presencial do laudo consonte o artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Porén, a notificación non puido ser completada para a parte reclamada.
En consecuencia, e segundo o disposto nos artigos 44 e 46 da mesma lei, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.
A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, na sede da Xunta Arbitral de Transportes de Galicia (Dirección Xeral de Mobilidade), sita no Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, 15781, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. De acordo co mesmo artigo, e sen prexuízo da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, a eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
A persoa que compareza deberá asistir provista de documentación suficiente acreditativa da súa identidade e, se é o caso, da representación coa que afirme actuar.
Transcorrido o prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.
Poderá obter máis información sobre este procedemento na Secretaría da Xunta Arbitral de Transportes de Galicia (teléfonos de contacto 981 54 45 89 e 881 99 59 58).
Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2026
Eduardo Suárez Campo
Secretario da Xunta Arbitral de Transportes de Galicia
ANEXO
|
Expediente |
Reclamante |
Reclamado NIF |
Parte pendente de notificar Último enderezo coñecido |
Data do laudo |
|
XA20250379 |
Simane Transportes y Cantería, S.L. |
53184438C |
Rúa Amados, núm. 18A 36389 Gondomar Pontevedra |
20.11.2025 |
