DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 24 de febreiro de 2026 Páx. 14889

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 4 de febreiro de 2026, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia en materia de residuos no expediente OU-RES-2025-103 e un máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, ao non ser posible a súa notificación polo servizo de Correos, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acto foi adoptado por quen se indica no anexo.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo de Calidade e Avaliación Ambiental pertencente ao Departamento Territorial de Ourense da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, sito na rúa do Paseo, nº 18, 5º andar (Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación do acto obxecto de publicación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Ourense, 4 de febreiro de 2026

María José Fernández Laso
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Expediente

Interesado

Acto de notificación

Acto adoptado

OU-RES-2025-103

Y1466010G

Proposta de resolución, sen alegacións, do procedemento sancionador

Polo instrutor

OU-RES-2025-104

34980377E

Acordo de inicio de procedemento sancionador

Pola directora territorial