DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 24 de febreiro de 2026 Páx. 14890

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 4 de febreiro de 2026, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se dá publicidade á resolución de caducidade da autorización ambiental integrada outorgada a outorgada a Sociedade Cooperativa Unimiño, S.C.G. para a explotación porcina para 5.984 prazas de ceba en Monte Lodoso, no concello de Friol (Lugo).

De conformidade co disposto no artigo 24.3 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáselle publicidade á seguinte resolución:

Instalación: explotación porcina para 5.984 prazas de ceba en Monte Lodoso

Procedemento: caducidade da autorización ambiental integrada

Titular: Sociedade Cooperativa Unimiño, S.C.G.

Núm. rexistro AAI: 2017-IPPC-90-335

Localización: concello de Friol (Lugo)

Esta resolución poderá consultarse en https://medioambiente.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada (empregando o código de busca: 2017-IPPC-I-90) ou presencialmente na Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade (Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, rúa de San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2026

María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade