De conformidade co disposto no artigo 24.3 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáselle publicidade á seguinte resolución:
|
Instalación: granxas de porcos de ceba |
Procedemento: extinción da autorización ambiental integrada |
|
Titular: Antonio Casado Reboredo y otros, S.C. |
|
|
Localización: concello de Maceda (Ourense) |
Núm. rexistro AAI: 2007/0209_NAA/IPPC_216 |
Esta resolución poderá consultarse en https://medioambiente.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada (empregando o código de busca: 2007/0209) ou presencialmente na Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade (Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, rúa de San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).
Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2026
María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
