DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 24 de febreiro de 2026 Páx. 14929

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comunidade de Usuarios de Augas Alto de San Martiño

ANUNCIO da convocatoria da asemblea ordinaria.

María Eulalia Torres Carro, como presidenta da Comunidade de Usuarios de Augas Alto de San Martiño (Salcedo-Pontevedra), mediante este anuncio convoco para o día 15 de marzo do 2026, na Casa Verde, sita na Igrexa, 42, Salcedo, as 10.30 horas en primeira convocatoria e as 11.00 horas en segunda convocatoria, a asemblea anual ordinaria da comunidade, conforme a seguinte orde do día:

1º. Lectura da acta da asemblea anterior. Aprobación se procede.

2º. Informe da xestión do ano 2025. Aprobación se procede.

3º. Recomendar traballos para executar, posibilidade de asociarse a Coxapo. Aprobación se procede.

4º. Lectura informe económico das contas anuais 2025. Aprobación se procede.

5º. Presuposto para o ano 2026. Aprobación se procede.

6º. Resultados análises da auga.

7º. Autorización da asemblea para poder solicitar subvencións ou axudas.

8º. Listaxe de candidatos para a nova Xunta, se non aparecen voluntarios na asemblea. Nomeamento da nova Xunta.

9º. Rogos e preguntas.

Salcedo-Pontevedra, 2 de febreiro de 2026

María Eulalia Torres Carro
Presidenta da Comunidade de Usuarios de Augas Alto de San Martiño