Mediante o Acordo da Xunta de Goberno Local, do 26 de xaneiro de 2026, aprobáronse as bases xerais, así como a convocatoria para cubrir as prazas correspondentes ás ofertas de emprego público de 2023 e 2024.
No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra núm. 20, do 30 de xaneiro de 2026, aparecen integramente publicadas as bases do proceso selectivo para cubrir, por promoción interna, dúas vacantes de administrativo/a (escala da Administración xeral, subescala administrativo, do grupo de clasificación profesional C, subgrupo C-1).
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.
Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra. Así mesmo, publicaranse na sede electrónica deste concello [http://soutomaior.sedelectronica.es].
Soutomaior, 2 de febreiro de 2026
Manuel Antonio Lourenzo Sobral
Alcalde
