En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:
Solicitante: Comunidade de Usuarios de Balarés.
DNI: G24757056.
Expediente: DH.A15.111081.
Volume total anual: 1.424,88 m3/ano.
Caudal máximo instantáneo: 0,14 l/s.
Destino: doméstico.
Orixe: x= 505466,668; y= 4787927,716; (ETRS89).
Lugar: Balarés.
Parroquia: Cospindo (San Tirso).
Concello: Ponteceso.
Descrición do aproveitamento:
A captación do manancial realízase nun leito de grava que se conduce cara a unha arqueta; logo diríxese cara a outra arqueta de decantación e, finalmente, almacénase nun depósito de 15 m3. Todas estas instalacións se sitúan na parcela de referencia catastral 15069A07601148. Desde o depósito disponse un tubo subterráneo cara ao núcleo das catro vivendas no lugar de Cospindo.
A documentación pode consultarse na sección Participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa Vicente Ferrer, 2, 9º andar, 15008 da Coruña (A Coruña); para facilitar esta consulta poderá solicitar cita previa no teléfono 981 18 25 30.
As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
A Coruña, 28 de xaneiro de 2026
Néstor Rodríguez Arias
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Norte
