DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 24 de febreiro de 2026 Páx. 14910

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 30 de xaneiro de 2026, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica da Mariña, polo que se somete a información pública unha solicitude de autorización de obras no concello de Viveiro (expediente DH.W27.96653).

En cumprimento do previsto no artigo 78.ter.2.a) do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de autorización de obras:

Solicitante: Juan José Pena Candia.

NIF: ***9569**.

Expediente: DH.W27.96653.

Lugar: As Nogueiras.

Parroquia: Santa María do Campo.

Concello: Viveiro.

Descrición das actuacións:

As obras solicitadas consisten na reconstrución dun muro de contención, acondicionamento e peche parcial de parcela, construción dunha rampla, pavimentación de soleira, demolición parcial dunha edificación e actuacións na fachada na parcela con referencia catastral 3859403PJ1335N0002PW, na zona de dominio público hidráulico, servidume e policía do río das Nogueiras.

A documentación presentada pode consultarse na sección Participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rolda da Muralla, 70, 2º, 27071 Lugo, solicitando cita previa no teléfono 982 29 44 14.

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lugo, 30 de xaneiro de 2026

Rocío Carreira Carral
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica da Mariña