Por unanimidade dos membros do Pleno do Concello, en sesión ordinaria do 29 de xaneiro de 2026, adoptouse o seguinte
ACORDO:
PRIMEIRO. Aprobar definitivamente o proxecto de expropiación por procedemento de taxación conxunta que se está tramitando neste concello redactado polo enxeñeiro técnico forestal José Carlos Domínguez Reifschneider a 24.7.2024.
SEGUNDO. Notificar este acordo aos interesados propietarios e titulares de bens e dereitos que figuran no expediente, conferíndolles un termo de vinte días durante o cal poderán manifestar por escrito a súa desconformidade coa valoración establecida no expediente aprobado.
Se os interesados non formulasen oposición á valoración no citado prazo de vinte días, entenderase aceptada a que se fixou no acto aprobatorio do expediente, entendéndose determinado o xusto prezo definitivamente e de conformidade.
TERCEIRO. Trasladar o expediente ao Xurado de Expropiación de Galicia para a fixación do xusto prezo no caso de que os interesados manifesten a súa desconformidade coa valoración contida na folla de valoración.
CUARTO. O acordo de aprobación definitiva implicará a declaración de urxencia da ocupación dos bens e dereitos afectados. A ocupación requirirá o levantamento dunha acta nos termos da lexislación estatal.
QUINTO. Proceder á inscrición rexistral das parcelas nos termos contidos na lexislación estatal e a instar do Catastro a actualización da súa configuración e titularidade.
RELACIÓN DE BENS AFECTADOS:
Situación: lugar A Igrexa, parroquia San Xurxo de Sacos
Nº de parcela catastral: 2373.
Polígono catastral: 3.
Concello catastral: Cerdedo-Cotobade.
Referencia catastral: 36012A003023730000ZY.
Titular: herdeiros de Dolores Pintos.
Superficie a expropiar 178 m2.
Valor unitario 3,593 €/m2.
Total: 639,72.
Cerdedo-Cotobade, 2 de febreiro de 2026
Jorge Cubela López
Alcalde
