No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 035, do 12 de febreiro de 2026, publicáronse integramente as bases do proceso selectivo para a cobertura, como persoal funcionario de carreira, dunha praza de auxiliar administrativo/a, mediante o sistema de oposición por quenda libre incluída na oferta de emprego público do Concello de Cervo do ano 2023.
De conformidade co disposto nas citadas bases, o prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios realizaranse conforme o estipulado nas bases do proceso selectivo.
Cervo, 12 de febreiro de 2026
María Dolores García Caramés
Alcaldesa
