No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 032, do 9 de febreiro de 2026, publicáronse integramente as bases do proceso selectivo para a cobertura, como persoal laboral fixo, dunha praza de peón/peoa de parques e xardíns, mediante o sistema de concurso-oposición por quenda libre incluída na oferta de emprego público do Concello de Cervo do ano 2025.
De conformidade co disposto nas citadas bases, o prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios realizaranse conforme o estipulado nas bases do proceso selectivo.
Cervo, 9 de febreiro de 2026
María Dolores García Caramés
Alcaldesa
