Mediante a Resolución do 2 de febreiro de 2026 (DOG núm. 24, do 5 de febreiro), o tribunal nomeado pola Resolución do 29 de maio de 2024 (DOG núm. 108, do 5 de xuño) para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, nas categorías 7, 20, 21, 24, 25, 31, 32, 33, 34, 37 e 39 do grupo IV de persoal laboral da Xunta de Galicia (DOG núm. 244, do 26 de decembro), convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro), modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e pola Resolución do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro) (corrección de erros no DOG núm. 64, do 31 de marzo), acordou a publicación dunha relación de novas persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo na categoría 33, bombeiro/a forestal condutor/a de motobomba, do grupo IV de persoal laboral da Xunta de Galicia.
Na dita resolución faise mención a que o aspirante Víctor Gantes Pazos, con DNI ***9027**, está pendente de realizar a proba física establecida na base II.7.2 da convocatoria e que, de superar esta proba, figurará no número de orde 216. Por isto, na sesión que tivo lugar o 20 de febreiro de 2026, este tribunal
ACORDOU:
Convocar a citada persoa aspirante Víctor Gantes Pazos, con DNI ***9027**, o día 27 de febreiro de 2026, ás 13.00 horas, no estadio municipal Verónica Boquete de San Lázaro, situado na avenida de Fernando de Casas Novoa, núm. 20, 15703 Santiago de Compostela (A Coruña), para realizar proba física, de conformidade co disposto na base II.7.2 da Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro), que modifica a Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro) pola que se convoca o proceso selectivo.
A convocatoria realizarase en chamamento único. A persoa aspirante deberán acudir á realización da proba provista dun certificado médico oficial ou informe sobre o seu estado de saúde, asinado por un médico colexiado en exercicio, en que se faga constar que non presenta enfermidade ou discapacidade que impida o correcto desenvolvemento dunha proba de esforzo físico. O dito certificado deberá ter unha antigüidade máxima de 3 meses con respecto á data de realización da proba. A non presentación do dito documento suporá a exclusión da persoa aspirante do proceso selectivo.
Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2026
Javier Fraga Vázquez
Presidente do tribunal
