Mediante a Resolución reitoral do 20 de xuño de 2024 (DOG do 1 de xullo e BOE do 1 de outubro) convócanse probas selectivas para cubrir vinte e cinco (25) prazas vacantes da escala auxiliar da USC, subgrupo C2, pola quenda de acceso libre. Con data do 20 de xaneiro de 2026, o tribunal publica a relación definitiva de persoas aspirantes que superaron as probas selectivas.
Coa finalidade de dar cumprimento ao establecido no punto 8 da convocatoria, para que as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo soliciten destino,
RESOLVO:
Primeiro. Publicar como anexo I a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo que, segundo a base 8.3, son convocadas á elección de destino, segundo a orde que, en aplicación das bases da convocatoria, se deberá seguir para os efectos da adxudicación de destino.
Segundo. Os postos ofertados e os requisitos exixidos para a súa ocupación figuran como anexo II desta resolución.
Terceiro. No prazo máximo de cinco (5) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, as persoas aspirantes que constan no anexo I desta resolución seleccionarán por orde de prelación os destinos ofertados, empregando o formulario dispoñible na sede electrónica da USC https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/RHHH_eleccionDestinos.htm, para o cal empregarán os medios de identificación que se establecen na base 3.2 da Resolución do 20 de xuño de 2024 pola que se convocaba o procedemento selectivo.
Cuarto. Para a selección de destinos, as persoas aspirantes deberán acceder ao sistema e proceder da seguinte forma:
Unha vez que acceda ao formulario electrónico, a persoa aspirante deberá, en primeiro lugar, elixir entre as opcións «Escoller posto», «Renuncia» ou «Solicitude de excedencia».
1º. Na opción «Escoller posto», a persoa aspirante seleccionará, por orde de preferencia, os destinos que se ofertan, que se relacionan no anexo II desta resolución. Deberán indicar, como mínimo, un número de prazas ordenadas segundo preferencia que sexa igual ao número de orde obtido no proceso selectivo.
2º. De elixir a opción «Renuncia», a persoa aspirante que exerza esta opción quedará excluída do proceso e decaerá no seu dereito a ser nomeada persoal funcionario de carreira nesta escala.
3º. Poderá elixir a «Solicitude de excedencia», sempre que cumpra os requisitos exixidos no artigo 174 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.
Quinto. En caso de non presentar solicitude de elección en prazo, quedar sen destino por seleccionar menos prazas das indicadas ou solicitar unha excedencia sen cumprir os requisitos, asignaráselle á persoa aspirante un posto de oficio entre os que queden sen adxudicar, para o cal se terán en conta a orde de publicación dos postos e o número obtido no proceso selectivo.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante o órgano que a ditou. Neste caso, non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo anteriormente mencionado mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro do artigo 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2026
Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela
ANEXO I
Relación de persoas aspirantes que superaron o procedemento
selectivo na escala auxiliar, convocadas á elección de destino
|
Núm. de orde |
NIF |
Apelidos e nome |
|
1 |
***0941** |
García García, Laura María |
|
2 |
***0585** |
Vázquez Fidalgo, Ana Belén |
|
3 |
***4447** |
Castro Lama, Marina |
|
4 |
***7206** |
Pazos Ríos, Isabel |
|
5 |
***4972** |
Grande Ramos, María Lourdes |
|
6 |
***5840** |
Prieto Collazo, Ruth |
|
7 |
***5734** |
Fernández Suárez, Claudia |
|
8 |
***2277** |
López Fernández, María Blanca |
|
9 |
***3760** |
Eiras Redondo, Montserrat |
|
10 |
***2382** |
Martínez Rico, Romina |
|
11 |
***9744** |
Carpente Leira, Antonio |
|
12 |
***9165** |
Taboada Couselo, Eva María |
|
13 |
***8575** |
Domínguez González, Elvira |
|
14 |
***9098** |
Larrán Gil, María del Carmen |
|
15 |
***5489** |
Laya Reboredo, María del Carmen |
|
16 |
***9236** |
Rocha Citoula, José |
|
17 |
***9893** |
Pérez Doce, Javier |
|
18 |
***5445** |
Pato Fernández, Purificación |
|
19 |
***0641** |
Santos Caballero, Sebastián Carlos |
|
20 |
***3661** |
López Bastos, Patricia Belén |
|
21 |
***6881** |
Torres Blanco, José Manuel |
|
22 |
***9024** |
Mayo Vieito, Beatriz |
|
23 |
***7070** |
Paderne González, Ángel |
|
24 |
***4213** |
Carreiras Pérez, Juan |
|
25 |
***8092** |
García López, Irene |
