Conforme o previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas interesadas que se relacionan no anexo os acordos de inicio ditados pola persoa titular do Servizo de Mobilidade do Departamento Territorial de Ourense no expediente sancionador número OU-00625-O-2025, por infracción da normativa sobre transporte terrestre, ao resultar infrutuosa a súa notificación postal. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
O texto íntegro do acordo que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, está á disposición das persoas interesadas no Servizo de Mobilidade do Departamento Territorial de Ourense.
Outórgaselles un prazo quince (15) días hábiles, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, para alegar o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que consideren oportunas.
No suposto que decidan voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta (30) días contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 %, na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.
Ourense, 2 de febreiro de 2026
Hipólito Casas Conde
Xefe do Servizo de Mobilidade de Ourense
