Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo o requirimento de documentación, acordado pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta, ao non ser posible a súa notificación persoal. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
O texto íntegro do requirimento que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, está á disposición das persoas interesadas na sede da Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Ourense (avenida de La Habana, núm. 79, 1º, 32004 Ourense).
O requirimento suspende o prazo para ditar a resolución sobre o dereito á asistencia xurídica gratuíta polo tempo que medie entre aquel e o seu efectivo cumprimento por parte da persoa destinataria ou, de non o cumprir, polo transcurso do prazo recollido no requirimento para cumprilo.
O prazo do que dispón a persoa solicitante do dereito para achegar a documentación requirida é de dez (10) días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a Comisión ditará a resolución, que poderá ser de denegación do recoñecemento do dereito por non xustificar o solicitante, como é a súa obriga, que reúne os requisitos previsto na lei.
Ourense, 4 de febreiro de 2026
Beatriz Fernández Fernández
Directora territorial de Ourense
ANEXO
|
Nº expediente |
DNI/Equivalente |
|
PR204A 2025/3112-3 |
45148809Q |
|
PR204A 2025/3202-3 |
48623063M |
|
PR204A 2025/4429-3 |
44485089F |
|
PR204A 2025/5096-3 |
76726170X |
|
PR204A 2025/5137-3 |
X9827820N |
|
PR204A 2026/195-3 |
09289854Q |
