En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; e no artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coas instalacións do parque eólico AMR 7 PE Arnoia e as súas infraestruturas de evacuación.
Antecedentes:
• Por Acordo do 27.11.2024, deste Departamento Territorial de Ourense, someteuse a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e o estudo de impacto ambiental do proxecto do parque eólico AMR 7 PE Arnoia e as súas infraestruturas de evacuación, situadas nos concellos de Cartelle e Castrelo de Miño, na provincia de Ourense (DOG núm. 231, do 29 de novembro). Durante o trámite de información pública este departamento territorial recibiu alegacións relativas ao expediente de referencia.
• O 17.11.2025 e o 23.1.2026 tivo entrada neste departamento territorial documentación actualizada relativa ao proxecto das instalacións de referencia.
Con motivo da nova documentación actualizada, sométese de novo a información pública, por un prazo de 30 días, a solicitude relacionada coas instalacións do parque eólico AMR 7 PE Arnoia e as súas infraestruturas de evacuación, que se describen a seguir:
• Solicitante: AMR 7 Energías Renovables, S.L.; CIF: B06868780.
• Domicilio social: rúa Cardenal Marcelo Espinola, nº 14, 1º dta., 28016 Madrid.
• Denominación do proxecto: parque eólico AMR 7 PE Arnoia e as súas infraestruturas de evacuación.
1. Parque eólico AMR 7 PE Arnoia.
2. Subestación SET PE Arnoia 30/220 kV.
3. LAAT 220 kV SET PE Arnoia-apoio PAS 12.
4. LSAT 220 kV apoio PAS 12-SET Castrelo 220 kV.
5. Ampliación SET Castrelo 220 kV.
• Situación: concellos de Cartelle, A Arnoia, Castrelo de Miño e Gomesende (Ourense).
• Potencia que se vai instalar: 28,8 MW.
• Número de aeroxeradores: 4 x 7,2 MW de potencia nominal unitaria.
• Produción neta estimada: 82,447 GWh/ano.
• Prazo de execución:
1. Parque eólico AMR 7 PE Arnoia: 9 meses.
2. Subestación SET PE Arnoia 30/220 kV: 5 meses.
3. LAAT 220 kV SET PE Arnoia-apoio PAS 12: 3 meses.
4. LSAT 220 kV apoio PAS 12-SET Castrelo 220 kV: 7 semanas.
5. Ampliación SET Castrelo 220 kV: 7 meses.
• Orzamento:
1. Parque eólico AMR 7 PE Arnoia: 19.408.455,19 €.
2. Subestación SET PE Arnoia 30/220 kV: 1.672.230,67 €.
3. LAAT 220 kV SET PE Arnoia-apoio PAS 12: 417.870,90 €.
4. LSAT 220 kV apoio PAS 12-SET Castrelo 220 kV: 968.228,90 €.
5. Ampliación SET Castrelo 220 kV: 885.547,79 €.
• Características técnicas recollidas no proxecto:
1. Parque eólico AMR 7 PE Arnoia.
Situado nos concellos de Cartelle e A Arnoia. As coordenadas UTM (fuso 29 ETRS89) que definen a poligonal do parque son:
|
Vértice |
X |
Y |
|
V01 |
570.875 |
4.680.785 |
|
V02 |
572.875 |
4.680.785 |
|
V03 |
574.875 |
4.678.785 |
|
V04 |
574.875 |
4.675.785 |
|
V05 |
572.875 |
4.675.785 |
|
V06 |
572.875 |
4.679.785 |
|
V07 |
570.875 |
4.679.785 |
A área que define a poligonal anterior ten unha superficie de 1.000 ha e afecta os concellos de Cartelle, A Arnoia, Castrelo de Miño e Gomesende.
O parque eólico está formado por:
▪ 4 aeroxeradores modelo V 172 de 7,2 MW de potencia unitaria, cunha altura de buxe de 114 metros, diámetro de rotor de 172 metros e tres pas cun ángulo de 120º entre elas, cos seus correspondentes centros de transformación, situados na propia nacelle dos aeroxeradores, con potencia unitaria de 8.400 kVA e relación de transformación de 0,69/30 kV.
As coordenadas UTM (fuso 29 ETRS89) previstas en proxecto para os aeroxeradores son:
|
X |
Y |
|
|
ARN 01 |
573.980 |
4.677.661 |
|
ARN 02 |
573.872 |
4.677.090 |
|
ARN 03 |
573.908 |
4.676.735 |
|
ARN 04 |
573.934 |
4.676.320 |
• Rede colectora de alta tensión, soterrada a 30 kV, de interconexión en serie entre os centros de transformación dos aeroxeradores e a subestación receptora do parque eólico, SET PE Arnoia 30/220 kV, composta por dous circuítos con condutores tipo RHZ1-OL 18/30 kV Al Voltalene de sección 150 e 400 mm2 en función do tramo, o circuíto 1 para a interconexión dos aeroxeradores ARN 04 e ARN 03 coa SET, o circuíto 2 para os ARN 02 e ARN 01.
• Torre anemométrica para a observación atmosférica no parque, que se localiza nas seguintes coordenadas UTM (fuso 29 ETRS89):
|
X |
Y |
|
|
Torre |
573.901 |
4.676.486 |
2. Subestación SET PE Arnoia 30/220 kV.
Situada no concello de Cartelle. As coordenadas UTM (fuso 29 ETRS89) de localización dos vértices da SET son:
|
Vértice |
X |
Y |
|
1 |
573.918,14 |
4.679.224,26 |
|
2 |
573.894,26 |
4.679.195,35 |
|
3 |
573.864,89 |
4.679.219,62 |
|
4 |
573.888,77 |
4.679.248,53 |
Constituída por un parque de interior a 30 kV e un parque exterior ou intemperie a 220 kV, cunha configuración dunha única posición de liña-transformador.
• Parque de interior colector a 30 kV (receptor de cada unha das liñas colectoras procedentes da interconexión dos centros de transformación dos aeroxeradores). Composto por celas de manobra e protección para liñas de alta tensión e para o transformador de servizos auxiliares, cela para a protección do transformador de potencia, transformador para servizos auxiliares, cadros de proteccións, control, medida, servizos auxiliares de corrente alterna e corrente continua, telemando e comunicacións, cables de potencia, control e manobra, e instalación de posta a terra.
• Parque de intemperie a 220 kV, con función elevadora ao nivel de 220 kV da enerxía eléctrica xerada polo parque eólico. Conexión coa liña de alta tensión en 220 kV mediante transformador de potencia (220/30 kV) e posición de liña. Composto por unha posición de liña-transformador 220/30 kV para evacuación do parque eólico, cos equipos necesarios de protección e medida.
3. LAAT 220 kV SET PE Arnoia-apoio PAS 12.
Liña eléctrica de alta tensión a 220 kV que discorre polos concellos de Cartelle e Castrelo de Miño, con orixe na SET PE Arnoia e fin no apoio nº 12, onde realiza unha conversión aéreo-subterránea. Constará dun simple circuíto en condutor LA-380 tendido sobre 12 apoios metálicos de celosía. A súa lonxitude aproximada será de 2.970 metros.
Coordenadas UTM de localización dos apoios da LAT (fuso 29 ETRS89):
|
X |
Y |
|
|
01 |
573.870,00 |
4.679.262,00 |
|
02 |
573.746,10 |
4.679.479,12 |
|
03 |
573.612,78 |
4.679.712,75 |
|
04 |
573.397,19 |
4.680.090,55 |
|
05 |
573.345,00 |
4.680.182,00 |
|
06 |
573.346,86 |
4.680.582,00 |
|
07 |
573.348,71 |
4.680.981,69 |
|
08 |
573.350,00 |
4.681.260,00 |
|
09 |
573.333,49 |
4.681.480,07 |
|
10 |
573.319,88 |
4.681.661,56 |
|
11 |
573.304,96 |
4.681.860,56 |
|
12 |
573.290,00 |
4.682.060,00 |
4. LSAT 220 kV apoio PAS 12-SET Castrelo 220 kV.
Liña eléctrica subterránea de alta tensión a 220 kV, con orixe no apoio nº 12 (PAS) da LAAT Arnoia e fin na rúa 7, grupo 1 da SET existente Castrelo 220 kV, constará dun simple circuíto en condutor RHE-RA+2OL 127/220 kV 1x2000 M + T375 AL. Ten unha lonxitude aproximada de 794,83 metros en subterráneo. Consta de dous tramos:
• O primeiro tramo (GI), con orixe no apoio nº 12 PAS e fin nos novos terminais proxectados na SET Castrelo 220 kV. Ten unha lonxitude aproximada de 696,4 metros.
• O segundo tramo (GII), con orixe nos novos terminais proxectados da SET Castrelo 220 kV, a partir dos que se evacúa a potencia de GI en conxunto coa potencia do transformador existente da rúa 7 (grupo 1), e fin nos terminais á saída do transformador da rúa 7 na SET Castrelo 220 kV. Ten unha lonxitude aproximada de 98,43 metros.
5. Ampliación SET Castrelo 220 kV.
A SET Castrelo 220 kV está situada no concello de Castrelo de Miño. A ampliación consiste na construción dun novo parque á intemperie de 220 kV en configuración de simple barra, con aparamenta exterior convencional e HIS, cunha posición de liña soterrada, cunha posición de transformador e cunha posición de enlace co parque de 220 kV existente (rúa 7), cos equipos necesarios de protección, control e medida.
O obxecto da información pública será a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e o estudo de impacto ambiental das instalacións de referencia.
Documentación que se expón:
1. Proxecto técnico modificado do parque eólico AMR 7 PE Arnoia asinado o 25.7.2025.
2. Proxecto técnico modificado da subestación SET PE Arnoia 30/220 kV asinado o 28.5.2025.
3. Proxecto técnico modificado da liña de alta tensión LAAT 220 kV SET PE Arnoia-apoio PAS 12 asinado o 23.7.2025.
4. Proxecto técnico modificado da liña de alta tensión LSAT 220 kV apoio PAS 12- subestación SET Castrelo 220 kV asinado o 3.10.2025.
5. Proxecto técnico modificado da ampliación da subestación SET Castrelo 220 kV asinado o 22.1.2026.
6. Estudo de impacto ambiental do 30.5.2025.
O que se fai público, de conformidade co artigo 33.10 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, para o coñecemento xeral e, se for o caso, presentar as alegacións ou observacións que coiden oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.
De acordo co artigo 51 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, consérvase a validez de todas as alegacións xa presentadas que constan no expediente de referencia.
Órgano competente: o órgano competente para autorizar o proxecto da referida instalación eléctrica é a Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático.
Procedemento de avaliación ambiental: o proxecto da referida instalación eléctrica está suxeito a avaliación de impacto ambiental ordinaria, segundo o establecido no artigo 7.1.a) da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.
Toda a documentación poderase examinar no Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático (rúa Curros Enríquez, nº 1, 3ª planta, 32003 Ourense), nos concellos afectados, e na seguinte ligazón web da Consellería:
https://medioambiente.xunta.gal/enerxias-renovables/documentos-exposicion-publica
Ourense, 30 de xaneiro de 2026
Mª José Fernández Laso
Directora territorial de Ourense
