Mediante a Orde do 21 de xaneiro de 2014 (DOG do 6 de febreiro) autorízase a inclusión no Rexistro de Escolas de Música e Danza desta comunidade autónoma da Escola de Música Municipal de Lousame, de conformidade coa Orde do 11 de marzo de 1993 (DOG do 22 de abril) que regula as condicións de creación e funcionamento das escolas de música e danza da Comunidade Autónoma de Galicia.
A entidade titular da Escola comunica o cesamento da actividade do centro e solicita a súa baixa no Rexistro de Escolas de Música e Danza da Comunidade Autónoma de Galicia, polo que, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,
DISPOÑO:
Artigo único. Baixa no Rexistro
Dar de baixa no Rexistro de Escolas de Música e Danza da Comunidade Autónoma de Galicia a Escola de Música Municipal de Lousame, código do centro 15032844.
Disposición derradeira primeira. Recursos
Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición, ante esta consellería, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2026
Román Rodríguez González
Conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
