DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 25 de febreiro de 2026 Páx. 15062

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 6 de febreiro de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, de comunicación da data de ocupación e requirimento das follas de valoración no expediente de expropiación IN407A 2023/363-1, no concello de Aranga.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración ás persoas que figuran como expropiadas no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMT, CT e RBT Negrelle II, no concello de Aranga (expediente IN407A 2023/363-1), correspondente aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

A Coruña, 6 de febreiro de 2026

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2023/363-1.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: LMT, CT e RBT Negrelle II.

Concello: Aranga.

Predio

Referencia catastral

Titularidade proposta

Data de ocupación

1

15003A501021180000QE

Jesús Ángel Roca Díaz

23.2.2026