DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 25 de febreiro de 2026 Páx. 15061

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 6 de febreiro de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, de convocatoria para o levantamento das actas previas á ocupación correspondentes aos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación IN407A 2023/187-1, no concello de Laxe.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando as persoas interesadas nun procedemento sexan descoñecidas, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio convócanse a todas as persoas interesadas no acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Pechamento Villas e repotenciación CT Laxe II (15XDA4), no concello de Laxe (expediente IN407A 2023/187-1), acto que se realizará en primeiro lugar sobre o terreo para a toma de datos e posterior redacción definitiva das actas nas dependencias da casa do referido concello, segundo o calendario e o horario aproximado que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados por si ou representadas por persoa debidamente autorizada, e amosarán o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

A Coruña, 6 de febreiro de 2026

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2023/187-1.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: Pechamento Villas e repotenciación CT Laxe II (15XDA4).

Concello: Laxe.

Predio

Lugar

Referencia catastral

Titularidade proposta

Data

Hora

1

Rúa Campo, 12

9457801MH9895N0001GK

Nieves Sacedón Cabanas, Gumersindo Sacedón Cabanas e Manuel Sacedón Suárez

25.3.2026

11.35