De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e quedarán supeditadas á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.
Polo anterior e, logo de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido aos interesados que se sinalan no anexo, a seguir se publica este anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.
Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.
Asemade, infórmanse os interesados de que os expedientes están á súa disposición, para coñecer o contido íntegro do acto, nas dependencias do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria na Coruña, Edificio Administrativo de Monelos, 1º andar (Servizo de Industria), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
A Coruña, 5 de febreiro de 2026
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: PI2021_P1_IN622B_51.
NIF: H15265937.
Acto de notificación: segunda multa coercitiva.
Concello: Ferrol.
