DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 25 de febreiro de 2026 Páx. 15058

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 5 de febreiro de 2026, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se comunica a convocatoria para o pagamento dos prezos xustos acordados polo Xurado de Expropiación de Galicia para os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Modificación treito final LAT 132 kV Irixo Lalín, no concello de Dozón.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar …», mediante este anuncio comunícase a todas as persoas interesadas nos pagamentos dos prezos xustos polos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Modificación treito final LAT 132 kV Irixo Lalín, que se realizarán na Casa do Concello de Dozón, segundo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si mesmas ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, e amosarán o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

Vigo, 5 de febreiro de 2026

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: 2007/169-3 AT.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: Modificación treito final LAT 132 kV Irixo Lalín.

Concello: Dozón.

Predio

Referencia catastral

Lugar

Titular

Data

Hora

601

36016A35402526

A Costa

Alcira Varela Rodríguez

17 de marzo de 2026

13.00

607

36016A35400951

Val do Silva

María Alsira Rodríguez Rodríguez

17 de marzo de 2026

13.00

608

36016A35400941

Val do Silva

Hros. Manuel Rodríguez Rodríguez

17 de marzo de 2026

13.00

928

36016A05300029

Prado do Lavadoiro

Hros. de María López Fernández

17 de marzo de 2026

13.00

930

36016A05300031

Campo do Muíño

Hros. de María López Fernández

17 de marzo de 2026

13.00