DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 25 de febreiro de 2026 Páx. 15076

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Escola Galega de Administración Pública

ANUNCIO do 6 de febreiro de 2026 polo que se fai pública a resolución do Premio Manuel Colmeiro na súa vixésimo oitava edición.

Mediante a Orde da Consellería de Facenda e Administración Pública do 26 de marzo de 2025 (DOG núm. 69, do 9 de abril) aprobáronse as bases reguladoras e convocouse a XXVIII edición do Premio Manuel Colmeiro para traballos de investigación que teñan como obxecto a Administración pública de Galicia.

En cumprimento do establecido na base décimo primeira da dita Orde do 26 de marzo de 2025, a competencia para ditar a resolución sobre a adxudicación do premio correspóndelle á Dirección da Escola Galega de Administración Pública.

De acordo co exposto, faise pública a Resolución do 5 de febreiro de 2026 da concesión do Premio Manuel Colmeiro na súa vixésimo oitava edición, que foi adoptada de acordo coa proposta do xurado e seguindo o procedemento regulado na referida Orde do 26 de marzo de 2025, e que literalmente di:

«En vista de todo o exposto,

RESOLVO:

Que se adxudique o Premio Manuel Colmeiro, na súa XXVIII edición, a Lucía Díaz Cameselle (NIF ***2090**), polo traballo titulado A protección medioambiental en Galicia: competencias, políticas e instrumentos do sector público autonómico.

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderán interporse os seguintes recursos, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición, ante a persoa titular da Dirección da EGAP, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación nos termos dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

b) Recurso contencioso-administrativo, ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, ou ben de seis meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, de conformidade co establecido nos artigos 8.2.a), 14 e 46, respectivamente, da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa».

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2026

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública