DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 26 de febreiro de 2026 Páx. 15313

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 2026 pola que se autoriza a transmisión mortis causa das concesións administrativas das bateas A.A. V, A.A. IV, A.A. III, Acuña II, Acuña VI, Acuña V e Acuña III.

Antecedentes

1. O día 30 de xaneiro de 2026, Antonio Acuña Paredes solicitou autorización para a transmisión mortis causa das concesións administrativas das bateas A.A. V, A.A. IV, A.A. III, Acuña II, Acuña VI, Acuña V e Acuña III.

2. O día 3 de febreiro de 2026, a persoa titular do Departamento Territorial de Vigo da Consellería do Mar acordou, de oficio, a acumulación dos expedientes mencionados.

3. A persoa interesada achegou a documentación requirida para a súa tramitación.

Consideracións legais e técnicas:

1. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG núm. 243, do 16 de decembro), e coa Orde do 21 de febreiro de 2022 sobre delegación de competencias en diversos órganos de dirección da Consellería do Mar e na Presidencia da entidade pública empresarial Portos de Galicia (DOG núm. 41, do 1 de marzo).

2. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG núm. 228, do 21 de novembro), e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG núm. 126, do 2 de xullo).

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

Autorizar a transmisión mortis causa das concesións administrativas dos seguintes viveiros:

Tipo: batea.

Nome: A.A. IV.

Situación:

Cuadrícula nº: 62.

Polígono: B.

Distrito: Redondela (Pontevedra).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 20.4.1976.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Tipo: batea.

Nome: A.A. V.

Situación:

Cuadrícula nº: 74.

Polígono: B.

Distrito: Redondela (Pontevedra).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 16.7.1975.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Tipo: batea.

Nome: A.A. III.

Situación:

Cuadrícula nº: 20.

Polígono: B.

Distrito: Redondela (Pontevedra).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 16.6.1975.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Tipo: batea.

Nome: Acuña II.

Situación:

Cuadrícula nº: 22.

Polígono: B.

Distrito: Redondela (Pontevedra).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 30.9.1975.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Tipo: batea.

Nome: Acuña VI.

Situación:

Cuadrícula nº: 73.

Polígono: B.

Distrito: Redondela (Pontevedra).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 15.4.1975.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Tipo: batea.

Nome: Acuña V.

Situación:

Cuadrícula nº: 67.

Polígono: B.

Distrito: Redondela (Pontevedra).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 15.4.1975.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Tipo: batea.

Nome: Acuña III.

Situación:

Cuadrícula nº: 23.

Polígono: B.

Distrito: Redondela (Pontevedra).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 30.9.1976.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actual titular: Celia Paredes Pequeño (***9021**).

Novo titular: Antonio Acuña Paredes (***9049**).

O novo titular das concesións queda subrogado nos dereitos e nas obrigas da anterior desde o momento da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a persoa titular da Consellería do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), e no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE núm. 167, do 14 de xullo).

Vigo, 3 de febreiro de 2026

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 21.2.2022)
María Elena Suárez Sarmiento
Directora territorial de Vigo