A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal recibiu un oficio do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 3 da Coruña polo que se solicita o emprazamento de cantas persoas aparezan como interesadas no recurso contencioso-administrativo PA 235/2025 en relación co concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos e escalas de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escalas de enxeñeiros, enxeñeiros técnicos, arquitectos, arquitectos técnicos e ciencias, convocado pola Resolución do 27 de febreiro de 2024 (DOG núm. 50, do 11 de marzo).
En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a achega dos correspondentes expedientes administrativos ao referido xulgado. O anterior notifícase para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos no referido xulgado no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2026
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
