DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 26 de febreiro de 2026 Páx. 15306

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 6 de febreiro de 2026, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se notifican a resolución do expediente sancionador e carta de pagamento en materia de minas (expediente IN635C SANC-MIN OU 2025/2-3).

De conformidade co establecido no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por medio do presente anuncio notifícaselle á entidade relacionada no anexo o acto que se indica, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar.

En cumprimento do disposto no artigo 46 da citada lei, as persoas interesadas poderán comparecer nun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), para examinar estes actos nas dependencias da Área Xurídica do Departamento Territorial de Ourense da Consellería de Economía e Industria, situadas na rúa Curros Enríquez, 1, 4º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. O acto adoptouno quen se indica no anexo.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida para todos os efectos legais desde o día seguinte ao vencemento do prazo indicado. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Ourense, 6 de febreiro de 2026

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Núm. de expediente

Acto notificado

NIF interesado/a

Acto adoptado

Data do acto

IN635C SANC-MIN OU 2025/2-3

Resolución e carta de pagamento

B32283210

Polo director xeral de Planificación Enerxética e Minas

21 de xaneiro de 2026