DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 26 de febreiro de 2026 Páx. 15154

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 2026, da Secretaría Xeral Técnica e do Tesouro da Consellería de Facenda e Administración Pública, pola que se dá publicidade da Resolución do 18 de febreiro de 2026, de encomenda patrimonial á Fundación Semana Verde de Galicia para o desenvolvemento das probas de acceso a distintos corpos e categorías da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia durante o ano 2026.

De conformidade co disposto no artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáselle publicidade da encomenda da Consellería de Facenda e Administración Pública á Fundación Semana Verde de Galicia, que ten as seguintes características:

Actividade: a Fundación Semana Verde de Galicia prestaralle á Consellería de Facenda e Administración Pública o apoio ao desenvolvemento das probas dos seguintes procesos selectivos:

Pavillón

Subgrupo

Escala/especialidade

DOG

Pavillón 1

C1

Técnica de cociña

Resolución do 24.6.2025 DOG nº 123 – 30.6.2025

Pavillón 1

C2

Auxiliar de cociña

Resolución do 24.6.2025 DOG nº 123 – 30.6.2025

Pavillón 1

C2

Auxiliar de coidadores

Resolución do 24.6.2025 DOG nº 123 – 30.6.2025

Pavillón 1

AP

Persoal subalterno

Resolución do 24.6.2025 DOG nº 123 – 30.6.2025

Pavillón 1

C1

Corpo administrativo (PI)

Resolución do 22.10.2025 DOG nº 208 – 28.10.2025

Pavillón 1

C2

Auxiliares de clínica

Resolución do 22.10.2025 DOG nº 208 – 28.10.2025

Pavillón 1

A1

Corpo superior xeral

Resolución do 22.10.2025 DOG nº 208 – 28.10.2025

Pavillón 1

A2

Corpo de xestión xeral

Resolución do 22.10.2025 DOG nº 208 – 28.10.2025

Pavillón 1

C1

Corpo administrativo xeral

Resolución do 22.10.2025 DOG nº 208 – 28.10.2025

Pavillón 1

C2

Corpo auxiliar xeral

Resolución do 22.10.2025 DOG nº 208 – 28.10.2025

Pavillón 1

C1

Bombeiro/a forestal-xefe/a de brigada

Resolución do 27.1.2026

Pavillón1

C2

Bombeiro/a forestal

Resolución do 27.1.2026

Natureza e alcance da xestión da encarga: encarga a medios propios en cumprimento do recollido na disposición adicional décima, encomenda patrimonial da Lei 6/2023, do 2 de novembro, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, por ter a Fundación Semana Verde de Galicia a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma, en función do disposto no artigo 45 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

Orzamento: o orzamento é de 463.916,26 €. O gasto derivado desta encarga imputarase á aplicación orzamentaria 23.04.124A.226.13 (código de proxecto 2015/00187) dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o 2026, na cal existe crédito adecuado e suficiente.

Esta operación non está suxeita a IVE segundo o establecido no artigo 7.8 da Lei 37/1992, do 28 de decembro, do imposto sobre o valor engadido.

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2026

David Cabañó Fernández
Secretario xeral técnico e do Tesouro
da Consellería de Facenda e Administración Pública