DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 26 de febreiro de 2026 Páx. 15236

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2026, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, na escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de traballos técnicos de mergullo do corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, pola que se fai pública a relación dunha nova persoa aspirante que superou o proceso selectivo.

Na sesión que tivo lugar o 13 de febreiro de 2026, o tribunal nomeado pola Resolución do 7 de maio de 2024 (DOG núm. 97, do 21 de maio) (corrección de erros no DOG núm. 99, do 23 de maio), modificada pola Resolución do 27 de maio de 2024 (DOG núm. 107, do 4 de xuño) e do 28 de xaneiro de 2025 (DOG núm. 21, do 31 de xaneiro), para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2,

ACORDOU:

Primeiro. Mediante a Resolución do 21 de outubro de 2024 (DOG núm. 206, do 24 de outubro), este tribunal acordou elevar á titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal a listaxe das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, para o ingreso mediante o sistema de concurso no corpo facultativo de grao medio, escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimos-pesqueiros, especialidade de traballos técnicos de mergullo.

O 9 de febreiro de 2026, a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal requírelle a este tribunal que propoña unha nova persoa aspirante, xa que mediante a Resolución do 27 de xuño de 2025 (DOG núm. 128, do 7 de xullo) admitiu a renuncia do aspirante proposto co número un, Enrique González Figueroa (***8151**).

A base III.4 da convocatoria sinala que a orde de prelación das persoas aspirantes virá dada pola suma da puntuación na fase de concurso. Non poderá superar o proceso selectivo un número superior de persoas ao de prazas convocadas. Para poder superar o proceso selectivo, será necesario acadar unha puntuación mínima de trinta (30) puntos.

Non obstante, para asegurar a cobertura das vacantes, de se produciren renuncias das persoas seleccionadas antes do seu nomeamento ou toma de posesión, o órgano convocante poderá requirir unha relación complementaria das persoas que sigan por puntuación as propostas. Para estes efectos, terán a mesma consideración que as renuncias os supostos das persoas aspirantes que dentro do prazo fixado, agás os casos de forza maior, non tomen posesión efectiva ou non presenten a documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos ou do seu exame se deducise que carecen dalgún deles e que, en consecuencia, non poidan ser nomeadas persoal funcionario de carreira ou, se é o caso, persoal laboral fixo.

Por todo isto, este tribunal acorda propoñer unha relación complementaria de aspirantes que superaron o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, para o ingreso mediante o sistema de concurso no corpo facultativo de grao medio, escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimos-pesqueiros, especialidade de traballos técnicos de mergullo, do subgrupo A2 do persoal funcionario da Xunta de Galicia, atendendo á orde das puntuacións obtidas no concurso e con indicación do seu documento nacional de identidade (coas limitacións previstas na normativa en materia de protección de datos de carácter persoal).

Segundo. De conformidade co disposto na base V.2 da convocatoria e de acordo co informe do 9 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, sobre a aplicación aos procesos selectivos de estabilización da Lei 20/2021, da tramitación de urxencia, conforme o artigo 33.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e a disposición adicional sétima da Lei 5/2022, do 21 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia, as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentar os documentos previstos na devandita base, no caso de que non fosen presentados ou validados previamente.

Terceiro. Este tribunal acorda facer pública como anexo a esta resolución a proposta complementaria unha persoa aspirante que superou o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio, escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimos-pesqueiros, especialidade de traballos técnicos de mergullo.

Cuarto. Este tribunal acorda elevar a devandita proposta complementaria da persoa aspirante que supera o proceso selectivo á persoa titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal para que a persoa afectada sexa proposta para o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.

Quinto. Contra este acordo poderase interpor recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2026

Víctor Gallego Víncent
Presidente do tribunal

ANEXO

Relación complementaria de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para a escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de traballos técnicos de mergullo

Convocatoria: A2 (concurso).

Corpo/categoría: corpo facultativo de grao medio, mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de traballos técnicos de mergullo (20B5).

Nº de orde

DNI/NIE

Apelidos e nome

Quenda

Puntuación

1

***2301**

Castiñeiras Míguez, Begoña

Libre

30