Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo o requirimento de documentación acordado pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta ao non ser posible a súa notificación persoal. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
O texto íntegro do requirimento que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, encóntrase á disposición das persoas interesadas na sede da Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo (rolda da Muralla, 70, 1º, Lugo), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
O requirimento suspende o prazo para ditar a resolución sobre o dereito á asistencia xurídica gratuíta durante o tempo que medie entre aquel e o seu efectivo cumprimento por parte das persoas destinatarias ou, de non cumprilo, polo transcurso do prazo recollido no requirimento para cumprilo.
O prazo de que dispón as persoas solicitantes do dereito para achegar a documentación requirida é de dez (10) días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado. Unha vez transcorrido o dito prazo, a Comisión ditará unha resolución, que poderá ser de denegación do recoñecemento do dereito por non xustificar as persoas solicitantes, como é a súa obriga, que reúnen os requisitos previstos na lei.
Lugo, 6 de febreiro de 2026
Francisco Javier Vázquez Nodal
Director territorial de Lugo
ANEXO
|
Expediente |
DNI/NIE/pasaporte |
|
PR204A 2025/6359-2 |
54685451F |
|
PR204A 2026/211-2 |
Y1603085E |
