DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 26 de febreiro de 2026 Páx. 15254

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 6 de febreiro de 2026, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se emprazan varias persoas para ser notificadas por comparecencia (expediente 2024-IPPC-I-99).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia no procedemento de autorización ambiental integrada para a planta de pretatamento de fundición de chatarra de aluminio de Aluminios Cortizo, S.A.U., no concello de Coirós, A Coruña.

A comparecencia para coñecer o contido integro de dito acto deberá efectuarse no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas oficinas da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, situadas no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2026

María José Echeverría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade

ANEXO

Expediente

Persoa interesada

Acto notificado

2024-IPPC-I-99

Carmen Villar Fernández

Resolución de desestimación da solicitude de persoa interesada no procedemento

2024-IPPC-I-99

Martina Ferreño Fraga

Resolución de desestimación da solicitude de persoa interesada no procedemento

2024-IPPC-I-99

Jesús García Jove

Resolución de desestimación da solicitude de persoa interesada no procedemento

2024-IPPC-I-99

Alicia López Pardo

Resolución de desestimación da solicitude de persoa interesada no procedemento

2024-IPPC-I-99

Hernán Agustín Rodríguez Carballo

Resolución de desestimación da solicitude de persoa interesada no procedemento

2024-IPPC-I-99

Mónica Aránzazu Malvar Rodríguez

Resolución de desestimación da solicitude de persoa interesada no procedemento

2024-IPPC-I-99

Juan Antonio Ruiz Pérez

Resolución de desestimación da solicitude de persoa interesada no procedemento