Expediente: IN407A 2025/014-1.
Solicitante/promotor: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación: Regulamentación LMTA POT806 substitución de apoios 969Q31QI//28.
Concello: Cee.
1. Características técnicas:
Substitución de condutor existente en tramo LMTA a 20 kV, de 111 m (actuación 1), condutor tipo LA-110 Al, con orixe no apoio nº 969Q31QI//28-33 existente que se vai substituír, da LMT POT806 (Agreiras 6), procedente da subestación Pontella, e remate no apoio nº 968I68WH//28-34 existente que se vai substituír. Retensado dos vans adxacentes.
Substitución dos apoios nº 28-33 tipo HV-550/12-Cr. bóveda frecuentado por tipo C-1000/16 (800-1500)-H-35, con substitución do seccionador XS e nº 28-34 tipo HV-400/11-Cr. bóveda por tipo C-1000/16 (800-1500)-H-35.
Substitución de condutor existente en tramo LMTA a 20 kV, de 36 m (actuación 2), condutor tipo LA-56 Al, con orixe no apoio nº 28-33 existente que se vai substituír e remate no apoio nº 96AEIBB3//28-33-1 CT (CTI San Xosé (15X986) existente.
2. Lexislación de aplicación:
• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
• Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
• Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).
• Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).
• Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).
• Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).
A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.
A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do Concello. Ademais, poderá consultarse no Portal de transparencia e Goberno aberto desta consellería:
https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte
Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán examinar a documentación técnica e, se é o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de trinta (30) días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.
A Coruña, 3 de febreiro de 2026
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados. Concello de Cee
|
Nº parcela |
Lugar Referencia catastral |
Cultivo |
Titular |
Afectación de solo en pleno dominio |
Afectación de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica |
||||
|
Apoio nº |
m2 |
ml aér. |
ml sot. |
m2 aér. |
m2 sot. |
||||
|
1 |
San Xosé, A Pereiriña 2614228MH8621S0001PM |
Urbana |
José Manuel Lema Lado |
Apoio 1 |
2.0 |
||||
|
2 |
San Xosé, A Pereiriña, 2416703MH8621N0001MG |
Urbana |
Descoñecido |
Apoio 2 |
2.0 |
||||
Abreviacións:
ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais.
ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.
m2 aér.: superficie de servidume aérea en m2.
m2 sot.: superficie de servidume soterrada.
