DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 26 de febreiro de 2026 Páx. 15274

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 29 de xaneiro de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Mazaricos (expediente IN407A 2025/177-1).

Expediente: IN407A 2025/177-1.

Promotora: Piensos Alborés, S. Coop Galega.

Proxecto: liña de media tensión subterránea, centro de seccionamento e centro de transformación de 800 kVA a 20 kV.

Concello: Mazaricos.

Feitos:

1. O día 29.9.2025, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación de distribución eléctrica mencionada. Co obxecto de aumentar a potencia de subministración dunha planta de elaboración de pensos sita no lugar de Agrís, s/n, parroquia de Alborés, concello de Mazaricos, proxéctase un centro de seccionamento e unha liña de media tensión soterrada que o conectará coa liña de distribución de media tensión POT803, procedente da Subestación Pontella.

Achegan o proxecto, que inclúe memoria, planos e orzamento, ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000, e que abrangue os seguintes documentos:

1º. Proxecto de execución nomeado Liña de media tensión subterránea centro de seccionamento e centro de transformación de 800 kVA a 20 kV para subministración eléctrica a fábrica de pensos asinado o día 28.1.2025 por Martín Lema Pose, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, nº colexiado 2.343 da Coruña, con nº de visado 353/25-CO do 28.1.2025.

2º. Anexo, asinado o día 4.11.2025 por Martín Lema Pose, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, nº colexiado 2.343 da Coruña, con nº de visado 353/25-CO do 4.11.2025.

2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

3. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo ás distintas entidades afectadas: Concello de Mazaricos.

No día desta resolución, non consta no expediente resposta do concello de Mazaricos á solicitude de informe.

4. O día 17.11.2025 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas.

Primeira. O director territorial é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio).

Segunda. Lexislación de aplicación:

• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

• Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

• Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

• Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

• Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

Terceira. Características técnicas:

As instalacións obxecto deste expediente están situadas no lugar de Agrís, parroquia de Alborés, concello de Mazaricos, e as súas características técnicas son as seguintes:

– LMTS a 20 kV, de 2×4 m (E/S), condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240) mm2 Al, con orixe e remate no punto de entronque no tramo soterrado da LMT POT803, procedente da Subestación Pontella, en arqueta existente situada nun punto entre o apoio nº 9KD5TW3S//97-59 e o CT 15CLHL, facendo E/S no CS proxectado.

– CS compacto prefabricado, en configuración 3L (telemandadas)+SS.AA.

Cuarta. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.

De acordo con todo o exposto,

RESOLVO:

A) Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción para a dita instalación de distribución eléctrica.

B) A instalación executarase no prazo de dous anos, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

C) Para a posta en explotación da instalación autorizada, deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:

• No seu caso, acreditación ou declaración de que o proxecto se atopa dentro dalgunha das excepcións de aplicación do Regulamento (UE) 2024/573 do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de febreiro de 2024, ou das indicadas na Guía técnica de interpretación do Regulamento (UE) 2024/573 nos puntos relativos á aparamenta électrica.

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

D) Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á súa revogación, logo de audiencia ao interesado, segundo o establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Mediante este documento notifícaselles ás persoas interesadas esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da dita Lei 39/2015.

A Coruña, 29 de xaneiro de 2026

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña