DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 26 de febreiro de 2026 Páx. 15278

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 2026, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas, pola que se outorgan as autorizacións administrativas previa e de construción da infraestrutura de distribución de enerxía eléctrica consistente no recuamento da LAT 132 kV San Cibrao-Saceda, entre os seus apoios número 17 e 20, no concello de Ourense, e que promove UFD Distribución Electricidad, S.A. (expediente IN407A 2025/016-3).

Feitos.

1. O 6.3.2025 UFD Distribución Electricidad, S.A. (en diante, UFD) presentou, ante o Departamento Territorial de Ourense da Consellería de Economía e Industria (en adiante, departamento territorial), a solicitude de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción para a infraestrutura de distribución de enerxía eléctrica consiste no recuamento da LAT 132 kV San Cibrao-Saceda, entre os seus apoios nº 17 e 19, no termo municipal de Ourense, á cal se lle asignou o número de expediente IN407A 2025/016-3.

Esta solicitude acompañouse (ou completouse posteriormente) da seguinte documentación técnica:

• Proxecto de execución denominado LAT 132 kV San Cibrao-Saceda. Recuamento ADIF, asinado pola enxeñeira industrial María Isabel López Ferrer (colexiada nº 17.566 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Madrid –COIIM–) e visado por este colexio, con nº 202400644 e data 15.2.2024; e no que figura un orzamento total de 88.101,59 euros e un prazo de execución de 14 meses.

• Declaración responsable asinada polo técnico proxectista con data 14.2.2024, exixida no artigo 53.1.b) da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

• Separatas técnicas para as catro entidades que figuran como afectadas no proxecto: Concello de Ourense, Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF), Telefónica de España, S.A. e Telefónica Móviles España, S.A. (Movistar).

• Certificado de dispoñibilidade dos terreos para a execución do proxecto, asinado por ADIF.

Segundo consta no proxecto de execución, na actualidade a liña eléctrica aérea de 132 kV San Cibrao-Saceda, propiedade de UFD, crúzase coa liña de ferrocarril Zamora-Ourense no punto quilométrico 240+588 e, neste mesmo lugar, ADIF está desenvolvendo as obras necesarias para a construción dunha nova liña férrea paralela á anteriormente mencionada, polo que solicitou a UFD o recuamento da mencionada LAT co fin de aumentar a súa altura sobre as catenarias proxectadas. Realizaranse as seguintes actuacións no tramo afectado da LAT (entre os seus apoios 17 e 20 e localizado no concello de Ourense):

• Substitución do apoio 19 existente, por un novo de maior altura e tipo celosía, localizándoo a 5,67 m en sentido cara ao apoio 18.

• Substitución do apoio 18 por un do mesmo tipo e maior altura, localizándoo a 110 m do apoio 18 existente cara ao apoio 19. Isto requirirá un cambio de traza da LAT.

• Instalación dun novo apoio 17NBIS, localizado a 123 m do apoio 17 existente cara ao apoio 18.

• Como consecuencia da instalación dos novos apoios, deberase regular o condutor e o cable de fibra óptica existentes nos vanos 17-17NBIS e 19N-20. Por outro lado, deberase tender novo condutor LA-180 en todo o novo tramo entre os apoios 17NBIS e 19N.

2. O 2.4.2025 o departamento territorial trasladou as separatas técnicas do proxecto de execución, para os efectos de obter os seus informes ao respecto, ás seguintes entidades afectadas pola referida infraestrutura de distribución de enerxía eléctrica: Concello de Ourense, ADIF, Telefónica e Movistar. A este respecto:

• O Concello de Ourense e Movistar non contestaron á petición de informe, polo que, sen prexuízo da autorización que lles corresponda outorgar, enténdese a súa conformidade co proxecto, de acordo co disposto no artigo 47.3 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

• ADIF emitiu informe con data 24.4.2025, no que mostra a súa conformidade co proxecto consultado, por atoparse recollido no seu proxecto de construción Plataforma de integración urbana e acondicionamento da rede ferroviaria. Tramo: túnel de Rante-conexión Seixalbo. Deste informe deuse traslado a UFD, quen presentou a súa conformidade.

• Telefónica de España, S.A. emitiu informe co seu condicionado en data 3.4.2025, do que se deu traslado a UFD, quen presentou a súa conformidade.

3. O 18.7.2025 o departamento territorial, logo de rematada a instrución do referido expediente (IN407A 2025/016-3), deu traslado do mesmo á Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas (en diante, DXPEM) para os efectos de ditar a oportuna resolución, e incorporando ao expediente o informe e proposta seguintes:

• Informe emitido o 18.6.2025 polos servizos técnicos do departamento territorial, de carácter favorable, para os efectos do disposto no artigo 47.5 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro.

• Proposta ditada o 17.7.2025 pola directora territorial, na que se informa de xeito favorable a petición formulada por UFD, no relativo á tramitación das autorizacións administrativas previa e de construción do referido proxecto, para a súa resolución pola DXPEM.

Consideracións legais e técnicas.

1. No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites de procedemento establecidos na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas vixentes de aplicación.

2. A respecto da tramitación do referido expediente, cómpre salientar que está exenta do trámite de información pública, de conformidade coa excepción recollida no artigo 50.b) da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, para as solicitudes de autorización administrativa de modificacións de instalacións de distribución de calquera tensión, sempre que non se solicite a declaración de utilidade pública nin sexa preceptiva a avaliación ambiental ordinaria.

3. En canto á avaliación de impacto ambiental dos proxectos, no artigo 7 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, defínense os proxectos que terán que someterse a unha avaliación de impacto ambiental, ordinaria ou simplificada. A este respecto, no proxecto de execución da referida infraestrutura de distribución de enerxía eléctrica, na epígrafe 10 da súa memoria, recóllese que, segundo a lexislación vixente, o presente proxecto non se atopa sometido ao procedemento de avaliación de impacto ambiental.

4. A competencia para resolver este expediente correspóndelle á DXPEM, de conformidade co disposto no artigo único (punto 1.b.3º para as autorizacións administrativas previa e de construción) do Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), así como no Decreto 42/2024, do 14 de abril, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia (DOG núm. 73, do 14 de abril), no Decreto 49/2024, do 22 de abril, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia (DOG núm. 81, do 24 de abril), e no Decreto 140/2024, de 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de mayo).

De acordo con todo o anterior,

RESOLVO:

1. Outorgar a autorización administrativa previa para a infraestrutura de distribución de enerxía eléctrica consistente no recuamento da LAT 132 kV San Cibrao-Saceda, entre os seus apoios nº 17 e 20, no termo municipal de Ourense, e que promove UFD Distribución Electricidad, S.A.

Outorgar a autorización administrativa de construción para o proxecto de execución da citada infraestrutura de distribución de enerxía eléctrica, denominado LAT 132 kV San Cibrao-Saceda. Recuamento ADIF.

Todo isto de acordo coas condicións seguintes:

1. As instalacións que se autorizan terán que realizarse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto de execución denominado LAT 132 kV San Cibrao-Saceda. Recuamento ADIF, asinado pola enxeñeira industrial María Isabel López Ferrer (colexiada nº 17.566 do COIIM) e visado por este colexio, con nº 202400644 e data 15.2.2024.

2. A empresa promotora (UFD) asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manteñan as condicións regulamentarias de seguridade. En todo momento deberanse cumprir as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular, canto establece o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, aprobados polo Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, e o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade nas instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23, aprobados polo Real decreto 337/2014, do 9 de maio.

3. Para introducir modificacións nas instalacións que afecten a datos básicos do proxecto será necesaria a autorización previa da DXPEM; non obstante, o departamento territorial poderá autorizar as modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes, debendo comunicar á dita dirección xeral todas as resolucións que se diten en aplicación da citada facultade.

4. O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de catorce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución. Unha vez construídas estas instalacións, a empresa promotora deberá presentar a solicitude de autorización de explotación ante o departamento territorial, quen deberá estendela tras as comprobacións técnicas que considere oportunas.

5. En canto aos bens e dereitos afectados pola referida infraestrutura eléctrica e adscritos ás distintas administracións, organismos ou empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral, a empresa promotora procederá a realizar os correspondentes cruzamentos e afeccións de acordo cos condicionados e informes emitidos por estes.

6. O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución ou a variación substancial dos orzamentos que determinaron a súa adopción poderán dar lugar á súa revogación, previa audiencia ao promotor, de conformidade co disposto no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro.

7. Estas autorizacións adóptanse sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da referida infraestrutura eléctrica, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente, tal e como dispón o título VII do Real decreto 955/2000, do 1 de decembro.

Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia, de acordo co establecido no artigo 48.2 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Santiago de Compostela, 3 de febreiro de 2026

Pablo Fernández Vila
Director xeral de Planificación Enerxética e Minas