DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 26 de febreiro de 2026 Páx. 15324

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 5 de febreiro de 2026 polo que se notifica o apercibimento acordado no expediente de reposición da legalidade urbanística PON 154 2018.

Tras se realizar visita de inspección ao lugar das obras obxecto do expediente de reposición da legalidade urbanística PON 154 2018 e ao constatarse que non se completou a demolición total das ditas obras, apercíbese a persoa interesada con DNI 35238513Y para que complete a dita demolición e remita reportaxe fotográfica á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística.

Ao non poderse realizar a notificación persoal do apercibimento, mediante este anuncio e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento adiministrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa interesada o dito apercibimento por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle á persoa interesada que o texto íntegro do apercibimento que se notifica se encontra á súa disposición nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, situadas no Edificio Witland, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase efectuada.

Para que conste e lle sirva de notificación á citada persoa interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2026

Victoria Núñez López
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística