DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 26 de febreiro de 2026 Páx. 15325

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego do Consumo e da Competencia

ANUNCIO do 6 de febreiro de 2026, do Servizo de Consumo de Pontevedra, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no expediente 36S001/21/2026.

De conformidade co disposto no artigo 44 en relación co artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, d procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), e no artigo 114 da Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias, logo de intentada a notificación persoal de acordo co artigo 40 da citada Lei 39/2015 sen que esta se puidese efectuar, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe do Servizo de Consumo de Pontevedra.

A comparecencia deberá efectuarse, con cita previa, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, ante a Unidade de Consumo de Pontevedra, con enderezo na avenida Mª Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 6 de febreiro de 2026

Alfonso Diéguez García
Xefe do Servizo de Consumo de Pontevedra

ANEXO

Expediente: 36S001/21/2026.

Interesada: Multiservicios Gran Vía, S.L.

CIF/NIF: B56593288.

Acto notificado: acordo de inicio de expediente sancionador.